• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

BARBANZA - MUROS - NOIA (8060)

Novas de Barbanza, Muros e Noia.

Boiro foi o epicentro esta fin de semana dos afeccionados ás motos
BOIRO> Durante toda a fin de semana celebrouse a décima edición da concentración moteira organizada polo club Boiromotos. A actividade conseguiu congregar a máis de mil moteiros que se achegaron ata este municipio dende diferentes puntos da xeografía galega, así como tamén de outras comunidades e mesmo Portugal. Unha cifra que nin os membros máis…
Rianxo celebra por todo o alto a Festa da Xouba
RIANXO> En total repartíronse máis de mil racións deste prezado peixe, acompañado de cachelos, pementos de Padrón e pan. Coa onte, xa son vinte e cinco as edicións celebradas ata o de agora da festa da xouba. Aínda así a deste ano presentou importantes novidades. Unha delas foi o cambio de emprazamento, dende a alameda,…
Novo éxito do deporte barbanzán nos Campionatos de España Absoluto ó Aire Libre
BARBANZA> A ribeirense Ana Peleteiro proclamouse campioa de España de triple salto mentres que a pobrense Lidia Parada facíase co mesmo título na modalidade de lanzamento de xavelina. Bos resultados os acadados por estas dúas atletas barbanzáns nos campionatos de España en categoría absoluta ó aire libre celebrados esta pasada fin de semana en Barcelona.…
A ameixa escasea nos bancos de Ribeira
RIBEIRA> A escaseza de marisco está a condicionar a campaña de verán en varias confrarías arousás. Falamos co presidente dos mariscadores de Ribeira, onde se está a capturar unha media de seis quilos de ameixa, moi por debaixo dos quince que establece o tope.
O colexio de Bergondo contará cun novo pavillón a finais de ano
NOIA> Máis de vinte e tres empresas concorreron ó proceso de licitación das obras do pavillón do colexio Felipe de Castro, en Noia. Está instalación dará servizo tamén a outros clubs e entidades da zona fóra do horario lectivo.
Outes homenaxea a San Cristovo cunha multitudinaria procesión a motor
OUTES> O concello de Outes celebrou esta fin de semana a festividade de San Cristovo. Á tradicional procesión de coches entre A Serra e O Freixo seguiulle unha multitudinaria sardiñada na que se repartiron máis de mil quilos de peixe.
Satisfacción no executivo rianxeiro tralo anuncio da Xunta de acometer a ampliación da EDAR
RIANXO> A actuación ascenderá a máis de catorce millóns de euros, xa que ás obras de mellora na depuradora haberá que engadirlle a construción dun novo tanque de tormentas. Tratábase dunha vella demanda, incluída xa no Plan de Saneamento da Ría que debería estar xa rematada no 2015. Aínda así o executivo rianxeiro mostrou a…
Continúa a loita dos maiores de Rianxo polo centro de día
RIANXO> O colectivo da terceira idade de Rianxo segue en pé de guerra. Continuarán co encerro no concello ata que a Consellería de Política Sociail dote dun centro de día á localidade. Nesta loita, xa ganaron unha pequena batalla xa que a Defensora do Pobo admitiu a trámite a súa queixa.
Éxito de público e vendas nas primeiras xornadas da Feira do Libro de Rianxo
RIANXO> A actividade, impulsada pola Federación de Librarías de Galicia. en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o propio Concello, estará aberta ata o domingo na praza Castelao. A praza Castelao volve a ser o escenario elixido para acoller unha nova edición da Feira do Libro de Rianxo organizada pola Federación…
Máis dun centro de nadadores participarán na travesía de Sálvora a Vilagarcía
RIBEIRA> A ría de Arousa será escenario da terceira das probas que compoñen a Triple Coroa Illas Atlánticas. Máis dun cento de deportistas percorrerán a nado os vinte e oito quilómetros que separan a illa de Sálvora de Vilagarcía.
Veciños de Palmeira opóñense á instalación dunha antena de telefonía preto das súas vivendas
RIBEIRA> O BNG de Ribeira faise eco das inquedanzas dun grupo de veciños de Palmeira ante a inminente instalación dunha nova antena de telefonía móbil. Solicitan que a infraestrutura se desprace, alomenos, douscentos metros para afastala das vivendas.
Boiro e El Ciego promoven un encontro gastronómico en favor de AMICOS
BOIRO> Boiro acollerá esta fin de semana o terceiro encontro cultural e gastronómico El Ciego. Trátase da visita dunha delegación deste municipio da Rioja Alavesa que organizarán unha degustación dos productos típicos da súa terra. Os fondos recadados irán destiandos íntegramente á asociación AMICOS.
Páxina 1 de 336
HomeBARBANZA - NOIA Top of Page

Síguenos en facebook