• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Escolares de toda Ribeira participan na apertura da II Feira da Educación

Abr 22 Escrito por 
RIBEIRA> Escolares dos centros educativos de todo o municipio realizaron diversas actividades no edificio do futuro mercado municipal como pistoletazo de saída da Segunda Feira da Educación.
A apertura da feira é tan só o aperitivo do amplo programa de actividades que se desenvolverán no marco desta feira ata o domingo. O concello elixiu o edificio do futuro mercado municipal para dar a coñecer as novas instalacións ó alumnado así como aproveitar as súas potencialidades para acoller todo tipo de actos. Teatro, danza, música, exposicións e todo tipo de expresións artísticas encherán estes días de vida o inmoble. O alcalde puxo a esta feira como un exemplo máis do dinamismo da educación en Ribeira que nos últimos anos experimentou un pulo importante coa ampliación da oferta formativa con catro novos ciclos a través do centro integrado de Coroso.
Etiquetado como Ribeira    Barbanza    Educación   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP denuncia o peche prolongado do Museo Valle-Inclán
    POBRA> O PP da Pobra denuncia que o museo Valle Inclán leva pechado dende comezos de mes. Instan ó goberno local a cubrir a baixa do director e cubrir a praza de auxiliar que xa se convocou no verán.
  • O BNG pide a retirada das especies invasoras na praia do Castro
    RIBEIRA> O BNG de Ribeira presentou unha moción solicitando a retirada das especies invasoras na praia do Castro, en Castiñeiras. Trátase dun ecosistema de gran valor pola súa biodiversidade, onde aniña a píllara papuda. A presenza de especies alóctonas vai en aumento no sistema dunar da praia do Castro en Castiñeiras. Chama a atención a proliferación de plantas invarosas como a unlla de gato ou o plumacho da pampa nunha contorna especialmente sensible onde aniña unha especie protexida como a píllara papuda. Os nacionalistas instan á concellería de Medio Ambiente a promover a retirada destas especies favorencendo ademais a implicación da cidadanía a través de campañas de sensibilización e actividades de voluntariado. Dende o BNG critican que se leven a cabo estas accións tan só na illa de Sálvora e no parque natural de Corrubedo polo que piden que se estendan ó resto do termo municipal.
  • A carpintería de ribeira avanza cara a declaración de BIC
    RIANXO> A Conselleira do Mar participou no acto de clausura da xornada de construción naval en madeira celebrada en Rianxo.
  • Boiro Novo demanda melloras na parroquia de Bealo
    BOIRO> Boiro Novo vén de presentar unha moción solicitando melloras na parroquia de Bealo. Ademais do acondicionamento da contorna da escola unitaria e a dotación de espazos de lecer, esixen a mellora da sinalización viaria en varios puntos.
  • Pouco percebe na apertura da campaña en Aguiño
    RIBEIRA> Mal arranque da campaña do percebe en Aguiño. Os mariscadores regresaban á lonxa con malas impresións ó constatar a escaseza de recurso na zona de Sagres e Sálvora.
  • A Pobra reivindica o papel da muller na ciencia
    POBRA> A Pobra acolle esta fin de semana a terceira edición do Congreso ‘Muller e Ciencia’. Catro destacadas profesionais participarán neste encontro que busca poñer en valor o traballo realizado por numerosas científicas e investigadoras, en ocasións pouco recoñecido.
HomeBARBANZA - NOIAEscolares de toda Ribeira participan na apertura da II Feira da Educación Top of Page

Síguenos en facebook