• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O IES Pobra faise co premio á innovación educativa en normalización lingüística

Abr 22 Escrito por 
POBRA> A Consellería de Cultura outorgou ó IES da Pobra o premio de innovación educativa en normalización lingüística polo seu proxecto ’21 días do Galego’. Esta distinción supón, para o centro, un recoñecemento ó traballo diario que se vén desenvolvendo dende hai anos para promover o uso da lingua en tódolos ámbitos.
O esforzo e a dedicación da comunidade educativa do IES da Pobra viuse recompensado co recoñecemento que lle vén de outorgar a Consellería de Educación. O seu proxecto ‘21 días co galego’ fíxolle merecedor do premio á innovación educativa en normalización lingüística. Este proxecto, nacido xa en 2013, ten por obxectivo implicar a todo o persoal do centro e mesmo a colectivos e asociacións externas nunha serie de actividades que fomentan o uso da lingua tanto fóra como dentro das aulas. Este premio, dotado con dous mil euros, permitirá o desenvolvemento de novas actividades ademais de supoñer un incentivo para seguir a traballar nesta liña. De feito, non é o único premio recibido polo centro neste curso no que tamén recibiu unha distinción da fundación Barrié pola iniciativa ‘Unha lingua chea de palabras’, desenvolvido en colaboración co instituto de Bandaseca. O proxecto contou ademais con numerosas colaboracións de persoeiros do mundo da cultura e cidadáns anónimos que a título individual quixeron sumarse á iniciativa. Unha mostra do traballo realizado pode consultarse no blog 21díascogalego.blogspot.com
Etiquetado como Pobra do Caramiñal    Barbanza    Educación    normalizacion linguistica    galego   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O sorteo da Lotaría Nacional deixa trescentos mil euros en Ribeira
    RIBEIRA> A administración Número de Ribeira entregou o primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional deste xoves. A totalidade da serie, premiada con trescentos mil euros, vendeuse no restaurante Praia do Vilar moi frecuentado por turistas.
  • A escaseza de polbo dispara os prezos no mes de maior demanda
    A escaseza de capturas de polbo no mercado galego provocou unha escalada dos prezos deste cefalópodo que chegou a alcanzar os quince euros. A pesar destas contías non aptas para moitos petos, o produto segue tendo moita saída neste mes de agosto cando se incrementa notablemente a demanda. Off A pesar do bo arranque nas dúas primeira semanas trala veda, a campaña do polbo está a atravesar peores momento dada a escaseza do recurso. Tanto é asi, que algunhas embarcacións optaron por cambiar de arte. Inserto Escasean as capturas nun mes no que aumenta a demanda, especialmente por parte do sector hostaleiro. Estes dous factores inflúen no prezo que nas últimas semana acadou unha media de quince euros. Aínda así, os profesionais agardan a que a situación mellore da cara ós próximos meses, ó igal que acontecera o pasado ano cando a aparición de abundante cefalópodo a partir do mes de outubro fixo que se pechara a campaña cun dos mellores resultados dos últimos anos.
  • Entrebateas contará cun día máis de festival na súa segunda edición
    POBRA> Por segundo ano, a Pobra acollerá o festival Entre Bateas, promovido pola asociación cultural Xente ás Leiras. Desenvolverase a última fin de semana de agosto e contará cun día máis que na primeira edición.
  • Os praceiros de Ribeira opóñense á suba da taxa por ocupación de postos
    RIBEIRA> Malestar no seo da asociación de praceiros de Ribeira ante a suba das taxas por posto en máis dun trinta por cento. O presidente da entidade mantivo este mediodía unha xuntanza con responsables do concello para solicitar que se manteñan os prezos, que xa experimentaran un incremento co traslado ó novo mercado.
  • Os vándalos volven causar danos nos Muíños de Amendo
    RIBEIRA> Novos actos vandálicos na contorna dos muíños do río Amendo, na parroquia ribeirense de Carreira. Ademais de arrancar unha porta, os autores destes feitos destrozaron diverso mobiliario urbano así como ferramentas e maquinaria dos muíños.
  • IC Boiro súmase ás críticas polo proxecto de saneamento no río Breiro
    BOIRO> Ó igual que fixeran outros grupos da oposición, Iniciativa Cidadá de Boiro oponse ó proxecto de saneamento que se está a levar a cabo no río Breiro. Cualifícano de despilfarro e de atentado ecolóxico posto que supuxo a tala de numerosas árbores autóctonas.
HomeBARBANZA - NOIAO IES Pobra faise co premio á innovación educativa en normalización lingüística Top of Page

Síguenos en facebook