• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Mª Xosé Alfonso estréase como alcaldesa trala súa inesperada investidura

Xun 15 Escrito por 
MUROS> María Xosé Alfonso estreouse como alcaldesa de Muros despois do repentino cambio de rumbo propiciado pola votación favorable do PSOE no pleno de investidura. Contra todo pronóstico, os socialistas renunciaron a presentar candidatura propia e votaron á cabeza de lista de Compromiso por Galicia.
Aínda aterrando no concello e repoñéndose da sorpresa que supuxo a súa inesperada investidura como alcaldesa, María Xosé Alfonso asume as súas novas funcións como rexedora. Entre as primeiras tarefas, recadar información dos distintos departamentos municipais e abordar os asuntos de maior urxencia. Alfonso lidera un goberno en minoría con tan só tres concelleiros, posto que son a terceira forza en votos, que lle obrigará a buscar puntos comúns co resto dos grupos na procura de acordos puntuais. Esta insólita situación vén despois de que os catro edís socialistas votaran a favor da súa investidura a pesar do público desencontro entre ambas candidaturas que non conseguiron nin chegar a sentarse a falar dun posible pacto de goberno. As condicións que no seu día Compromiso por Galicia impoñía ó PSOE ou a calquera outra forza para entrar a formar goberno serán agora asumidas polo partido de goberno. Transparencia, participación e austeridade sentarán as bases do novo executivo muradán que buscan un cambio de rumbo na forma de facer política. Polo momento, aínda non teñen deseñado o reparto de concellerías dado o inesperado da súa elección, Os tres representantes repartiranse as distintas áreas en función da súa formación e a alcaldesa asumirá as competencias do seu departamento. Non descarta tampouco continuar co seu traballo como docente sempre que as súas obrigas como rexedora llo permitan.
Etiquetado como Muros    MurosNoia    Política Municipal    Eleccións municipais 2015    Alcaldes   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • As rúas noiesas vibraran outro verán ós ritmos do NoiaJazz
    NOIA> O festival desenvolverase os días 17 e 18 de agosto na Praza do Cantón a partir das dez da noite. En caso de chuvia será trasladada ó interior do Coliseo Noela. Trátase dunha das actividades consolidadas dentro da programación deseñada pola concellería de Cultura para o verán, que chega este ano á súa oitava edición. O festival NoiaJazz desenvolverase os próximos 17 e 18 de agosto na Praza do Cantón. O primeiro día tocarán Tato Vázquez Trío e Alfonso calvo Sextet e o segundo día actuarán Ejazz Grupo Vocal, Raynald Colom e Kin García Trío. O director do festival, Kin García, destacou o seu alto nivel musical con figuras consagradas deste tipo de ritmos a nivel internacional como é o caso de Raynald Colom. Dende a organización quixeron agradecer tamén ó artista local, o pintor Veiras Manteiga a súa colaboración unha vez máis desinteresada co festival, ó ser el o creador do debuxo do cartel.
  • A carreira popular nocturna de Noia terá lugar o próximo 2 de setembro
    NOIA> A proba, organizada polo Club Atletismo Noia, prevé mellorar a participación das edicións anteriores. Todo preparado en Noia para acoller a vinte e unha edición da carreira popular pedestre. A cita terá lugar o próximo domingo 2 de setembro. Como vén sendo habitual estará organizada polo Club Atletismo Noia, que contará coa colaboración do Concello e de varias casas comerciais. O trazado deste ano será idéntico ó da edición anterior, non demasiado esixente cunha lonxitude total duns nove quilómetros. A característica máis singular é que discorrerá de noite. O que sen dúbida a fará máis atractiva. Dende o Concello destacaron a importancia deste tipo de citas deportivas, que congregan a un gran número de persoas, e serven, ademais do aspecto puramente deportivo, para dar a coñecer a localidade. A organización márcase como reto este ano chegar ós oitocentos participantes sumando tódalas categorías dende os chupetes ata os senior e veteráns. O prazo de inscrición xa está aberto ata o día 1 de setembro a través da páxina web www.emesports.es.
  • O executivo muradán levará a cabo a ampliación do cemiterio municipal da Atalaia
    MUROS> A actuación está incluída nas obras do POS Plus da Deputación da Coruña. Esta mañá a xunta de goberno local aprobaba dúas actuacións incluídas no POS + da Deputación da Coruña para este ano e cuxa execución será inminente. A primeira delas consistirá no arranxo dos actuais nichos no cemiterio municipal da Atalaia e a súa ampliación, cun novo módulo de nichos, así como tamén a mellora da accesibilidade ó recinto. Segundo a propia alcaldesa, María Xosé Alfonso tratábase dun vella demanda por parte dos veciños. A outra das actuación aprobadas hoxe prevé a mellora dos accesos ó núcleo de Torea.
  • Lousame celebrou hoxe a festividade de San Lourenzo
    LOUSAME> Como é tradición, numerosos veciños achegáronse ata a capela onde se venera a este santo, na parroquia de Tallara, para participar nos actos litúrxicos e disfrutar dun xantar campestre. Dende primeiras horas da mañá numerosos veciños deste Concello, así como tamén de municipios lindeiros, achegáronse ata o entorno da capela de San Lourenzo en Tallara para asistir, como é tradición, ós actos na honra de San Lorenzo. Aínda así non foi ata a unha do mediodía, cando tivo lugar o acto principal da xornada, coa celebración da misa solemne e posterior procesión na que o santo estivo tamén acompañado de San Mamede, a quen xa se lle rendera culto na xornada anterior. Moitas das persoas que asistiron ós actos litúrxicos aproveitaron tamén a xornada para disfrutar dun xantar campestre en familia. O bo tempo e a beleza do enclave axudaron tamén a prolongar esta data festiva con tanto arraigo no municipio, na que tampouco faltou a música, da man da charanga Tíralle do Aire e o grupo de gaiteiros O Son do Pote.
  • A aparición de novos restos arqueolóxicos obriga a reformular o proxecto do Museo do Mar
    NOIA> O proxecto de construción do novo museo do mar de Noia permanece paralizado á espera de remitir un informe a Patrimonio sobre os novos restos arqueolóxicos aparecidos trala demolición do antigo inmoble. Ademais de parte da muralla medieval, vestixio co que xa contaban os técnicos, apareceu o peirao de acceso e un treito de calzada.
  • Noia, Muros e Rianxo benefícianse de máis de trescentos mil euros para a promoción das ARI
    BARBANZA> Os concellos de Muros, Noia e Rianxo recibirán as achegas correspondentes ó Programa das Áreas de Rehabilitación Integral, cofinanciado polo Ministerio de Fomento e a Consellería de Infraestruturas e vivendas. En total, os tres municipios barbanzáns beneficiaranse dunha axuda total de trescentos trinta e seis mil euros.
HomeBARBANZA - NOIAMª Xosé Alfonso estréase como alcaldesa trala súa inesperada investidura Top of Page

Síguenos en facebook