• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

PSOE e NOIA repártense as competencias en dezasete áreas de goberno

Xun 16 Escrito por 
NOIA> O bipartito integrado polo PSOE e Noieses Independentes Agrupados procedeu ó reparto de concellerías. Os seis edís que conforman o goberno, encabezado polo socialista Miguel Paz, repartiranse dezasete áreas de traballo.
Marisol Villar, Xosé Manuel Lage e José Pérez ocuparán as tres tenencias de alcaldía por ese orde. A xunta de goberno local respectará a paridade con dous edís do NOIA e outros dous PSOE. En canto ás concellerías, o alcalde asumirá directamente as responsabilidade en Urbanismo, Obras e Servizos e Policía Municipal. Marisol Villar repetirá como concelleira de Relacions Veciñas e Participación Cidadá asumindo ademais as competencias de Industria, Comercio, Turismo, Promoción Económica e Emprego. Xosé Manuel Lage, que exercerá como voceiro do executivo, encargarase das áreas de Economía, Facenda, Persoal, Cultura e Patrimonio e Relacións Institucionais. O outro edil do NOIA, Xosé Pérez, levará Medio Ambiente, Rural e Mariño, Parques e Xardíns, Festexos, Infraestruturas e Grandes Proxectos. Benestar Social e Igualdade, Educación, Sanidade e Consumo serán asumidas pola concelleira socialista, Sandra González, mentres que Agustín Mourís xestionará Deportes, Xuventude, Voluntariado, Seguridade Cidadá e Mobilidade. Trala constitución do goberno, os dous grupos que o integran iniciará unha rolda contactos coa oposición, especialmente co BNG e Marea Cidadá de Noia, na busca dun acordo programático. Con respecto ás dedicacións haberá que agardar ó pleno de organización que se celebrará antes do trece de xullo. A proposta inicia inclúe dúas dedicacións exclusivas, unha para cada un dos grupos que conforman o executivo.
Etiquetado como Noia    MurosNoia    pactos de goberno    Eleccións municipais 2015   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • As rúas noiesas vibraran outro verán ós ritmos do NoiaJazz
    NOIA> O festival desenvolverase os días 17 e 18 de agosto na Praza do Cantón a partir das dez da noite. En caso de chuvia será trasladada ó interior do Coliseo Noela. Trátase dunha das actividades consolidadas dentro da programación deseñada pola concellería de Cultura para o verán, que chega este ano á súa oitava edición. O festival NoiaJazz desenvolverase os próximos 17 e 18 de agosto na Praza do Cantón. O primeiro día tocarán Tato Vázquez Trío e Alfonso calvo Sextet e o segundo día actuarán Ejazz Grupo Vocal, Raynald Colom e Kin García Trío. O director do festival, Kin García, destacou o seu alto nivel musical con figuras consagradas deste tipo de ritmos a nivel internacional como é o caso de Raynald Colom. Dende a organización quixeron agradecer tamén ó artista local, o pintor Veiras Manteiga a súa colaboración unha vez máis desinteresada co festival, ó ser el o creador do debuxo do cartel.
  • A carreira popular nocturna de Noia terá lugar o próximo 2 de setembro
    NOIA> A proba, organizada polo Club Atletismo Noia, prevé mellorar a participación das edicións anteriores. Todo preparado en Noia para acoller a vinte e unha edición da carreira popular pedestre. A cita terá lugar o próximo domingo 2 de setembro. Como vén sendo habitual estará organizada polo Club Atletismo Noia, que contará coa colaboración do Concello e de varias casas comerciais. O trazado deste ano será idéntico ó da edición anterior, non demasiado esixente cunha lonxitude total duns nove quilómetros. A característica máis singular é que discorrerá de noite. O que sen dúbida a fará máis atractiva. Dende o Concello destacaron a importancia deste tipo de citas deportivas, que congregan a un gran número de persoas, e serven, ademais do aspecto puramente deportivo, para dar a coñecer a localidade. A organización márcase como reto este ano chegar ós oitocentos participantes sumando tódalas categorías dende os chupetes ata os senior e veteráns. O prazo de inscrición xa está aberto ata o día 1 de setembro a través da páxina web www.emesports.es.
  • O executivo muradán levará a cabo a ampliación do cemiterio municipal da Atalaia
    MUROS> A actuación está incluída nas obras do POS Plus da Deputación da Coruña. Esta mañá a xunta de goberno local aprobaba dúas actuacións incluídas no POS + da Deputación da Coruña para este ano e cuxa execución será inminente. A primeira delas consistirá no arranxo dos actuais nichos no cemiterio municipal da Atalaia e a súa ampliación, cun novo módulo de nichos, así como tamén a mellora da accesibilidade ó recinto. Segundo a propia alcaldesa, María Xosé Alfonso tratábase dun vella demanda por parte dos veciños. A outra das actuación aprobadas hoxe prevé a mellora dos accesos ó núcleo de Torea.
  • Lousame celebrou hoxe a festividade de San Lourenzo
    LOUSAME> Como é tradición, numerosos veciños achegáronse ata a capela onde se venera a este santo, na parroquia de Tallara, para participar nos actos litúrxicos e disfrutar dun xantar campestre. Dende primeiras horas da mañá numerosos veciños deste Concello, así como tamén de municipios lindeiros, achegáronse ata o entorno da capela de San Lourenzo en Tallara para asistir, como é tradición, ós actos na honra de San Lorenzo. Aínda así non foi ata a unha do mediodía, cando tivo lugar o acto principal da xornada, coa celebración da misa solemne e posterior procesión na que o santo estivo tamén acompañado de San Mamede, a quen xa se lle rendera culto na xornada anterior. Moitas das persoas que asistiron ós actos litúrxicos aproveitaron tamén a xornada para disfrutar dun xantar campestre en familia. O bo tempo e a beleza do enclave axudaron tamén a prolongar esta data festiva con tanto arraigo no municipio, na que tampouco faltou a música, da man da charanga Tíralle do Aire e o grupo de gaiteiros O Son do Pote.
  • A aparición de novos restos arqueolóxicos obriga a reformular o proxecto do Museo do Mar
    NOIA> O proxecto de construción do novo museo do mar de Noia permanece paralizado á espera de remitir un informe a Patrimonio sobre os novos restos arqueolóxicos aparecidos trala demolición do antigo inmoble. Ademais de parte da muralla medieval, vestixio co que xa contaban os técnicos, apareceu o peirao de acceso e un treito de calzada.
  • Noia, Muros e Rianxo benefícianse de máis de trescentos mil euros para a promoción das ARI
    BARBANZA> Os concellos de Muros, Noia e Rianxo recibirán as achegas correspondentes ó Programa das Áreas de Rehabilitación Integral, cofinanciado polo Ministerio de Fomento e a Consellería de Infraestruturas e vivendas. En total, os tres municipios barbanzáns beneficiaranse dunha axuda total de trescentos trinta e seis mil euros.
HomeBARBANZA - NOIAPSOE e NOIA repártense as competencias en dezasete áreas de goberno Top of Page

Síguenos en facebook