• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O novo goberno da Pobra modifica as bases de contratación de persoal

Xun 16 Escrito por 
POBRA> Na Pobra tamén se procedeu ó reparto das concellerías entre os catro edís que forman o goberno. O alcalde, que asumirá as competencias en materia de Urbanismo e Obras , xa comezou a traballar co distinto persoal do concello. Entre as primeiras medidas destaca o cambio das bases para a contratación de persoal de limpeza de espazos naturais.
Xosé Lois Piñeiro e o seu equipo afrontan estes días xornadas maratonianas para poñerse ó día e garantir o bo funcionamento da actividade municipal. O novo rexedor mantivo unha xuntanza co persoal do concello así como unha reunión de traballo co interventor e o tesoureiro para analizar os asuntos máis urxentes. Entre as primeiras medidas figura a modificación das bases para a contratación de persoal temporal para a limpeza de espazos naturais para o verán. Primará a situación socioeconómica sobre a experiencia laboral. Outra das primeiras accións do novo executivo foi a emisión dun bando autorizando ós locais hostaleiros a instalar grellas durante a noite de San Xoan. Unha iniciativa, saída da xuntanza de Nós Pobra co sector antes das eleccións, e que busca recuperar a tradición ó tempo que favorece economicamente á vila. Pouco a pouco seguirán dando a coñecer as accións promovidas polo novo goberno no que o alcalde asume as competencias en Urbanismo, Obras e Seguridade Cidadá. A tenente alcalde, Charo Varela, será concelleira de Participación Veciñal, Igualdade, Facenda e Dinamización económica. Miguel Alamancos será o responsable de Persoal, Servizos Sociais, Sanidade e Mocidade mentres que Genoveva Hermo asumirá Educación, Cultura, Deporte e Servizos Municipais.
Etiquetado como Pobra do Caramiñal    Barbanza    goberno    Eleccións municipais 2015   
Modificado por última vez no Martes, 16 Xuño 2015 19:17

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAO novo goberno da Pobra modifica as bases de contratación de persoal Top of Page

Síguenos en facebook