• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Ruíz asume que gobernará en minoría e inicia a organización do executivo

Xun 18 Escrito por 
RIBEIRA> Á espera de resposta por parte dalgúns grupos da oposición ante o ofrecemento do PP de conformar un executivo estable, Manuel Ruíz xa asume que gobernará en minoría todo o mandato. Na actualidade, traballa na distribución das áreas de gobernos e nas asignacións de persoal. Previsiblemente manteranse tres dedicacións e dous cargos de confianza.
O alcalde de Ribeira expresou, na súa toma de posesión, a súa vontade de formar un goberno estable ó longo do mandato. Este ofrecemento xa foi rexeitado por algúns grupos da oposición mentres que outros nin sequera contestaron, o que fai pensar que Manuel Ruíz liderará un executivo en minoría ó longo dos próximos catro anos. O novo equipo traballa agora na redistribución das responsabilidades xa que as áreas de goberno repartiranse agora entre nove concelleiros fronte ós trece da anterior lexislatura. O alcalde asumirá as competencias directas en varias materias. Na proposta do executivo figura a redución do gasto pero mantendo tres dedicacións, a do alcalde e dous concelleiros, así como dous cargos de confianza: a secretaria e o responsable de comunicación. Polo momento, a composición do futuro goberno está a perfilarse. Unha vez teñan unha proposta en firme, o alcalde trasladaralle os detalles ó resto dos grupos antes do seu debate no pleno de organización.
Etiquetado como Ribeira    Barbanza    goberno    Eleccións municipais 2015   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O proxecto de remodelación do mirador da Pedra da Rá opta a outro premio
    RIBEIRA> A obra de remodelación do mirador da Pedra da Rá en Ribeira volve a optar a un novo galardón, despois de facerse cos Premios FAD de Arquitectura e COAG do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Esta vez opta ós VII Premios de Arquitectura Ascensores Enor. A obra deseñada por Carlos Seoane atópase entre as 21 obras finalistas a este certame cuxo fallo darase a coñecer no mes de novembro. Xunto ó miradoiro de Pedra da Rá, optan ó galardón o Museo das Coleccións Reais de Madrid, a Escola de Arquitectura do Antigo Hospital Militar de Granada ou o Auditorio de Lugo, entre outras.
  • Rianxo en Común critica o retraso na presentación dos orzamentos municipais
    RIANXO> Dende a formación acusan ó executivo de estar a incumprir a legalidade que obriga a telos presentados antes do 31 de decembro do ano anterior.
  • Os cativos de Ribeira descobren a súa vocación na Semana dos Oficios
    RIBEIRA> A escola infantil municipal ‘Cativos’ de Ribeira celebra a Semana dos Oficios. Os pequenos reciben a visita dalgúns pais de alumnos que lles desvelan os segredos das súas respectivas profesións.
  • O PP da Pobra demanda unha nova ampliación do polígono da Tomada
    POBRA> O PP da Pobra levará ó pleno deste xoves unha moción solicitando que se inicien os trámites para a ampliación do polígono industrial da Tomada. Na actualidade, xa están ocupadas o noventa por cento das parcelas que habilitaron na segunda fase.
  • Deteñen a un mariñeiro polaco por causar destrozos na residencia de Ribeira
    RIBEIRA> Susto na residencia do maior de Ribeira que esta fin de semana foi vítima dun acto vandálico.
  • Comezan as obras do novo vial no Hospital da Barbanza
    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do inicio das obras de rectificación do vial situado a carón da área de Urxencias do Hospital da Barbanza. A actuación, cun orzamento de máis de 45 mil euros, permitirá unha vez concluída poder iniciar as obras de ampliación do complexo hospitalario, ó incorporarse nela a zona cuberta pola que actualmente entraban as ambulancias. As obras Terán un prazo de execución dun mes e a seu custe será asumido polas propias arcas municipais.
HomeBARBANZA - NOIARuíz asume que gobernará en minoría e inicia a organización do executivo Top of Page

Síguenos en facebook