09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Iniciado o procedemento para a ocupación da nova lonxa

Feb 16 Escrito por 
RIBEIRA> Na súa visita á comarca do Barbanza, o presidente de Portos referiuse ó inicio do proceso administrativo para o traslado á nova lonxa. Á espera de que se faga efectivo queda pendente a dotación dalgún servizo como a rede telefónica polo que, dende o departamento autonómico, prefiren non adiantar prazos para a posta en funcionamento das instalacións.
Unha vez recibida a obra da lonxa de Ribeira, Portos de Galicia iniciou o procedemento para o traslado dos usuarios. Trátase dun proceso complexo que implica a instalación de equipos procedente da rula vella e a dotación de servizos aínda pendentes polo que a ocupación realizarase de xeito paulatino. Por esta razón, dende Portos son cautos e non adiantan datas para a entrada en funcionamento da nova lonxa. Aínda así, o presidente de Portos considera que o traslado non se fará efectivo ata despois da Semana Santa co obxectivo de non afectar ás vendas nun período de moita actividade comercial.
Etiquetado como Ribeira    Barbanza    Lonxa    Marítima Pesca Marisqueo   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Galicia disporá dun catro por cento máis de posibilidades de pesca no 2018
    GALICIA> As cotas pesqueiras para o 2018 permitirán á flota galega pescar un catro por cento máis. Así o destacou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen representou ás comunidades autónomas no debate da comisión europea de Pesca.
  • A Pobra acollerá este sábado un espectáculo de homenaxe a Valle e a García Martí
    POBRA> A actividade, organizada pola Asociación Cultural Eiradela, mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional . ‘Un mar de historias de Valle-Inclán a García Martí’. Este é o novo espectáculo que nos ofrece a asociación Cultural Eiradela, que será presentado ó público este próximo sábado ás oito da tarde no teatro Elma. A proposta xurde ademais para homenaxear a dous dos escritores máis ilustres. O espectáculo mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional, así como fotografía, xa que se proxectarán imaxes antigas, moitas delas dos propios fondos do museo Valle-Inclán. O espectáculo dará comezo ás oito da noite. A entrada será de balde ata completar aforo.
  • O GALP Ría de Arousa promove a reciclaxe entre os máis pequenos
    RIBEIRA> O Barbanza volverá acoller este ano numerosas actividades de sensibilización medioambientel promovidas polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa. Os escolares serán os protagonistas destas xornadas que tratarán sobre a reciclaxe e a limpeza de praias.
  • Cinco colexios e unha asociación cultural colaboran no festival de Cáritas de Ribeira
  • Manuel ruíz recibe o broche dos bos e xenerosos
    RIBEIRA> A Asociación O Ferrado de Asados entregou o broche dos bos e xenerosos ó alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz. A entrega tivo lugar no acto de clausura da exposición ‘Primeira Década das Letras’ na biblioteca municipal.
  • A asociación Ondiñas Mainas reproduce Rianxo nun belén de ganchillo
    RIANXO> Este sábado inaugurábase en Rianxo o belén organizado pola asociación Ondiñas Mainas. Non se trata dun nacemento ó uso senón que está elaborado integramente con figuras de ganchillo e representa os personaxes e lugares máis senlleiros da vila.
HomeBARBANZA - NOIAIniciado o procedemento para a ocupación da nova lonxa Top of Page

Síguenos en facebook