09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Rianxo esixe un maior control sobre o destino das capturas do furtivismo

Feb 26 Escrito por 
RIANXO> A confraría de Rianxo denuncia o incremento dos casos de furtivismo nas súas concesións. Esixen á Consellería a toma de medidas para controlar as canles de comercialización do marisco ilegal ante a imposibilidade de frear a actividade extractiva nas praias.
Non se trata dun problema novo senón que o furtivismo tornouse case endémico na marxe norte da ría de Arousa. As confrarías de Rianxo, Cabo de Cruz e Pobra son as máis afectadas por esta práctica que pon en xaque ós traballadores do mar, impedindo que novos profesionais poidan vivir do marisqueo. A pesar dos esforzos dos vixilantes, que rastrexan as concesións por mar e terra, apenas conseguiron reducir a actividade dos furtivos nas praias. En Rianxo, contan cun importante apoio da policía local e da garda civil pero, insisten, non é suficiente para disuadir ós mariscadores ilegais. Dende a confraría entenden que a Consellería debería incidir nas vías de comercialización do marisco extraído polos furtivos que, en moitas ocasións, acaba en depuradoras ou restaurantes. O control do destino das capturas ilegais é, segundo os mariscadores, a única maneira efectiva de reducir os niveis de furtivismo unha vez comprobada a ineficacia doutras medidas sancionadoras ou a tipificación desta práctica como delito, pola cal non existe a día de hoxe ningunha sentenza en firme.
Etiquetado como Rianxo    Barbanza    Marítima Pesca Marisqueo    Confrarías    furtivismo   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Galicia disporá dun catro por cento máis de posibilidades de pesca no 2018
    GALICIA> As cotas pesqueiras para o 2018 permitirán á flota galega pescar un catro por cento máis. Así o destacou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen representou ás comunidades autónomas no debate da comisión europea de Pesca.
  • A Pobra acollerá este sábado un espectáculo de homenaxe a Valle e a García Martí
    POBRA> A actividade, organizada pola Asociación Cultural Eiradela, mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional . ‘Un mar de historias de Valle-Inclán a García Martí’. Este é o novo espectáculo que nos ofrece a asociación Cultural Eiradela, que será presentado ó público este próximo sábado ás oito da tarde no teatro Elma. A proposta xurde ademais para homenaxear a dous dos escritores máis ilustres. O espectáculo mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional, así como fotografía, xa que se proxectarán imaxes antigas, moitas delas dos propios fondos do museo Valle-Inclán. O espectáculo dará comezo ás oito da noite. A entrada será de balde ata completar aforo.
  • O GALP Ría de Arousa promove a reciclaxe entre os máis pequenos
    RIBEIRA> O Barbanza volverá acoller este ano numerosas actividades de sensibilización medioambientel promovidas polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa. Os escolares serán os protagonistas destas xornadas que tratarán sobre a reciclaxe e a limpeza de praias.
  • Cinco colexios e unha asociación cultural colaboran no festival de Cáritas de Ribeira
  • Manuel ruíz recibe o broche dos bos e xenerosos
    RIBEIRA> A Asociación O Ferrado de Asados entregou o broche dos bos e xenerosos ó alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz. A entrega tivo lugar no acto de clausura da exposición ‘Primeira Década das Letras’ na biblioteca municipal.
  • A asociación Ondiñas Mainas reproduce Rianxo nun belén de ganchillo
    RIANXO> Este sábado inaugurábase en Rianxo o belén organizado pola asociación Ondiñas Mainas. Non se trata dun nacemento ó uso senón que está elaborado integramente con figuras de ganchillo e representa os personaxes e lugares máis senlleiros da vila.
HomeBARBANZA - NOIARianxo esixe un maior control sobre o destino das capturas do furtivismo Top of Page

Síguenos en facebook