09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Caridad González tende a man ó PP para conformar un goberno alternativo

Xun 08 Escrito por 
MUROS> A voceira socialista de Muros amósase moi crítica coa xestión do actual goberno municipal. No seu paso polo programa de entrevistas Pleno Aberto,Caridad Gonzáleztendeu a man para a conformación dun goberno alternativo. Di, sen embargo, que esta decisión correspondería ó PP como líder da oposición.
A pesar de que o PSOE facilitou a investidura da alcaldesa de Compromiso por Galicia, a voceira socialista critica duramente a xestión ó longo deste primeiro ano de lexislatura. Considera que as prioridades do goberno non coinciden coas do pobo de Muros. E vai máis aló afirmando que o seu modo de gobernar está a crear conflitos con outras institucións como Portos ou Augas de Galicia e mesmo cos propios traballadores municipais. Deste xeito, Caridad González abre a porta ás negociacións co Partido Popular para conformar un goberno alternativo aínda que recoñece que, de momento, non se ten dado ningún paso. Por último, a portavoz socialista critica a falla de información por parte do goberno a pesar da súa insistencia sobre a transparencia cando estaban na oposición.
Etiquetado como Muros    MurosNoia    caridad gonzález   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A campaña marisqueira de Noia bate récords de facturación ás portas do Nadal
    NOIA> A campaña marisqueira de Noia preséntase como unha das melloras dos últimos anos. Polo momento, a facturación xa supera ó total do exercicio anterior. Todo iso, a pesar do peche pola toxina que se prolongou case un mes e á espera de contabilizar os beneficios que deixará a campaña de Nadal.
  • Cáritas axudará a máis dun cento de familias a pasar un bo Nadal
    NOIA> Cáritas de Noia atenderá a máis de trescentas persoas durante esta Nadal. A campaña de recadación de fondos e de recollida de alimentos destas datas supón un reforzo da actividade que desenvolven durante todo o ano. Neste 2017 levan repartidas trinta toneladas de alimentos e catro de roupa.
  • Os nenos serán os principais protagonistas das actividades de Nadal en Noia
    NOIA> O concello dará mañá venres o pistoletazo de saída ás actividades de Nadal co acendido do alumeado. A concellería de Cultura noiesa deseñou un amplo e variado programa de actividades para estas datas de Nadal. A maioría delas estarán dirixidas ós máis pequenos da casa, tratando de conciliar a vida familiar e laboral Obradoiros, teatro, cine ou música terán tamén o seu protagonismo, destacando o Festival Benéfico de Cáritas e Cruz Vermella previsto para o sábado 16, ou os concertos do Coro Infantil e Xuvenil ‘Cantabile’ da Coruña o domingo 17 e da Banda de Música Municipal acompañada do Coro IES Virxe do Mar do venres 22. Apartado especial terá tamén a Cabalgata que sairá este ano ás seis da tarde. Dende o Concello anímase ós veciños a participar na comitiva.
  • Patrimonio autoriza as obras de ampliación do Museo do Mar
    NOIA> Patrimonio vén de dar luz verde ó concello de Noia para que se retomen as obras do novo Museo do Mar. O alcalde, Santiago Freire, informou de que a Administración Autonómica resolveu de xeito favorable, polo que se poderá seguir coa construción. Iso si, na actuación deberá manterse un especial coidado cos restos arqueolóxicos atopados.
  • A aldea de Taramancos acolle un belén do máis especial
    NOIA> Desprazámonos agora ata a aldea de Taramancos, en Noia, onde os veciños veñen de montar un orixinal belén. Animais vivos e vistosas figuran compoñen este nacemento, instalada nun alpendre do lugar.
  • Noieses Independentes Agrupados fai balance destes dous anos de goberno
    NOIA> A formación celebrou esta pasada fin de semana unha cea á que asistiron militantes e simpatizantes da formación. Máis de 250 persoas, na súa maioría militantes e simpatizantes do NO.I.A., asistiron no restaurante o Trapeiro a unha cea-reunión, que serviu para facer balance destes algo máis de dous anos de goberno e recoller tamén de primeira man as principais demandas e necesidades do municipio. Durante o acto aludiuse a un feito que marcou, sen dúbida, o actual mandato, como foi a moción de censura que levou ó PP, co seu apoio, á fronte da alcaldía. Na xuntanza púxose de manisfesto tamén a súa intención de presentarse como forza independente ás vindeiras eleccións municipais, acalando así definitivamente os rumores que apuntaban a súa reintegración no Partido Popular. A protección do sector marisqueiro, o fomento do importante tecido comercial ou o recoñecemento de Noia coma Portus Apostoli dentro do Camiño de Santiago serán algunha das súas principais apostas de futuro da formación con vistas ós futuros comicios municipais.
HomeBARBANZA - NOIACaridad González tende a man ó PP para conformar un goberno alternativo Top of Page

Síguenos en facebook