• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Costas adxudicou a redacción do proxecto de mellora do paseo de Esteiro

Xun 14 Escrito por 
MUROS> A nova foi moi ben acollida polo executivo muradán que dende hai tempo viña demandando o arranxo da infraestutura.
As xestións realizadas nos últimos meses polo executivo muradán ante Costas para levar adiante unha reforma integral do paseo marítimo de Esteiro, parece que deron os seus froitos. O responsable do organismo en Galicia, Rafael Eimil, comunicoulle á propia alcaldesa, María Xosé Alfonso, a adxudicación a unha empresa da redacción do proxecto de acondicionamento desta infraestrutura, pechada dende hai tempo ó público debido ó seu mal estado de conservación. Dende o concello muradán mostraron a súa satisfacción por esta nova, xa que se trataba dunha vella demanda dos propios veciños da zona que non podían empregar o paseo debido á súa perigosidade. Sen descartarse a posibilidade de que a actuación se realice de xeito conxunto entre Costas e o propio Concello, o que si parece claro, segundo sinalou a propia rexedora, é que unha vez realizado o proxecto, poderanse investir fondos no seu arranxo sen temor a que sexan cartos tirados. O que aínda non está demasiado claso son os tempos. A actuación aínda podería demorarse xa que á redacción do proxecto habería que aprobar o investimento para a actuación e posteriormente a adxudicación das obras. Un proceso administrativo lento, pero que dende o concello muradán agardan a que poida estar rematado antes de finais de ano.

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Noia converterase en Agosto na sede internacional da Arpa
    NOIA> Noia acollerá entre o dous e o catro de agosto o Festival Internacional de Arpa. Nesta cuarta edición destaca a alta participación de artistas locais que compartirán escenario coas máis grandes figuras internacionais nesta disciplina.
  • Oposición ó peche do CEIP Emilio de Navasqüés de Outes
    OUTES> A comunidade educativa anuncia que non parará ata conseguir a anulación da medida por parte de Educación. Con berros coma este....a comunidade educativa do CEIP Emilio de Navasqüés de Outes oponse á decisión da consellería de Educación de pechar o centro para o vindeiro curso escolar. Unha decisión que ninguén agardaba e que mesmo os colleu por sorpresa, na véspera do inicio das vacacións. Visiblemente emocionada a directora do colexio, Mercedes Cereijo, relatáballe ó resto de profesores, pais, familiares e veciños en xeral, que esta mañá acudiron en masa ó colexio atendendo a chamada realizada pola ANPA, como foi o anuncio desa drástica decisión da Xefatura Territorial, abrindo as portas á fusión co outro colexio do Concello, o CEIP da Serra de Outes. Dende a ANPA non entenden as razóns que levan a Consellería a tomar esta decisión sen previo aviso, máxime cando hai prevista unha matricula duns 72 nenos para o curso que vén. Tampouco entenden que dende o Concello se mire para outro lado e non se respalden as súas reivindicacións. A súa idea é seguir mobilizándose ata conseguir que se anule esta medida que consideran inxusta. Ademais dos escritos remitidos á Consellería demandando un cambio de postura na súa decisión, unha das primeiras accións a realizar foi a recollida de sinaturas de xeito presencial e tamén a través da plataforma change.org.
  • A Garda Civil intervén preto dos mil litros de Coca-Cola en Noia
    NOIA> A Patrulla Fiscal da Garda Civil de Noia procedeu á realización de varias inspeccións administrativas en distintos establecementos de Porto do Son e Noia. Netes locais interviron máis de 2.600 botellas de vidro e máis de 1.300 botes de Coca Cola por carecer da correspondente información ó consumidor en lingua oficial, sendo a súa posible orixe danesa ou francesa. Durante as inspeccións os axentes tamén se fixeron con 192 paquetes de tabaco de contrabando. Todo o material incautado foi precintado nos propios establecementos quedando a disposición da propia autoridade sancionadora.
  • O programa Lidera pretende mellorar a empregabilidade e fomentar o emprendemento xuvenil
    NOIA> A proposta, que se enmarca no programa de cooperación interterritorial Galicia-Norte de Portugal, foi presentada esta mañá en Noia pola directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe en Noia na presentación do proxecto de cooperación internacional Lidera, impulsado pola Xunta de Galicia e no que participan ademais outras entidades galegas e portuguesas. O obxectivo desta iniciativa non é outro que poñer en valor as capacidades laborais e de emprendemento da xente nova que reside, tanto en Galicia coma no norte de Portugal. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado actúa como actor principal desta proposta na que ten como socios galegos a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio de Santiago e a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia, Ascega. Na parte portuguesa, as institucións que participan son o Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude, a Federación Nacional de Asociacións Xuvenís e a Comunidade Intermunicipal do Ave. O proxecto ten de prazo de execución ata o ano 2019 e levarase a cabo en tres fases principais denominadas Crece, Cataliza e Emprende. Entre outras sedes, na zona, ademais da de Noia, a Dirección Xeral de Xuventude porá a disposición do programa tamén o espazo xoven de Vilagarcía.
  • Porto do Son converterase en sede dos Encontros Universitarios sobre Odontoloxía
    PORTO DO SON> Porto do Son acollerá entre o 29 de xuño e o 1de xullo as primeiras xornadas universitarias de odontoloxía. Acudirán ó redor dun cento de participantes de diversas universidades de España e Portugal.
  • A xoiaría Fernando Gallego intégrase na rede de excelencia de 'Galicia Calidade'
    OUTES> A xoiaría Fernando Gallego de Outes vén de obter o certificado Galicia Calidade. A directora xeral de comercio entregou este mediodía a distinción ó seu propietario. Esta marca de garantía aplicarase a dúas coleccións exclusivas deste innovador xoieiro.
HomeBARBANZA - NOIACostas adxudicou a redacción do proxecto de mellora do paseo de Esteiro Top of Page

Síguenos en facebook