09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os bombeos de Esteiro e Tal de Abaixo supoñen un novo avance no saneamento de Muros

Xun 30 Escrito por 
MUROS> O concello de Muros está a desenvolver importantes actuacións en materia de saneamento. Para o executivo muradán trátase dunha das principais prioridades do seu programa de goberno.
O mal estado que presentaba a rede xeral do saneamento no municipio fixo que o goberno presidido por María Xosé Alfonso o puxera como unha das súas principais prioridades, ó supoñer un grave impacto medioambiental para a ría e tamén para o importante sector marisqueiro do concello. Neste sentido ó longo deste último ano á fronte da alcaldía realizáronse importantes actuacións nesta materia. Dúas das últimas foi a posta en funcionamento do pozo de bombeo da alameda de Esteiro e o de Tal de Abaixo. A intención do goberno local é que en breve prazo entre tamén en servizo o de Cabanas. Xa en meses anteriores levouse tamén a cabo o arranxo dos pozos nos lugares de Xantoque e a Formilla así como a revisión e posta a punto de todos os demais pozos do municipio. A alcaldesa confía tamén en poder iniciar nos vindeiros meses as obras de saneamento no lugar da Rocha, cun orzamento de máis de 283 mil euros e un prazo de execución de seis meses.
Etiquetado como Muros    MurosNoia    Saneamento   
Modificado por última vez no Xoves, 30 Xuño 2016 23:01

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAOs bombeos de Esteiro e Tal de Abaixo supoñen un novo avance no saneamento de Muros Top of Page

Síguenos en facebook