09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Melloras no alumeado público de Muros

Out 06 Escrito por 
MUROS> O executivo muradán vén de substituír un total de 131 puntos de luz do viario municipal. A actuación permitiralle ó Concello poder aforrar uns tres mil euros anuais.
  En total substituíronse uns 131 puntos de luz, 62 en Louro, 47 en Serres e 22 en Abelleira. As primeiras actuacións leváronse a cabo no alumeado público por seren os puntos de luz de maior potencia e, polo tanto, de maior gasto, cambiándose as luminarias de vapor de sodio por uns modernos leds. A medida permitiralle ó Concello poder aforrar uns tres mil euros anuais, ó que hai que engadir un aforro considerable no mantemento, xa que as luminarias led teñen máis vida útil e non supoñen tampouco unha baixa na calidade cromática, todo o contrario, xa que melloran a luminosidade e visibilidade das antigas lámpadas. A alcaldesa, María Xosé Alfonso, sinalou que a intención do Concello é continuar con este tipo de intervencións no resto do alumeado público do municipio así como tamén nos edificios públicos. Neste sentido aludiu a que xa  se fixo o cambio a focos led no muíño de marea Pozo do Cachón e se está facendo pouco a pouco nos centros de ensino do municipio.    
 
Etiquetado como Barbanza    Muros    alumeado publico    Luz    aforro    concello    leds    lampadas   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Muros súmase á campaña 'En Negro' contra a violencia de xénero
    MUROS> O concello de Muros acollerá este venres unha concentración en contra da violencia de xénero enmarcada no programa dos Concellos en Negro.
  • O PP denuncia o peche prolongado do Museo Valle-Inclán
    POBRA> O PP da Pobra denuncia que o museo Valle Inclán leva pechado dende comezos de mes. Instan ó goberno local a cubrir a baixa do director e cubrir a praza de auxiliar que xa se convocou no verán.
  • O BNG pide a retirada das especies invasoras na praia do Castro
    RIBEIRA> O BNG de Ribeira presentou unha moción solicitando a retirada das especies invasoras na praia do Castro, en Castiñeiras. Trátase dun ecosistema de gran valor pola súa biodiversidade, onde aniña a píllara papuda. A presenza de especies alóctonas vai en aumento no sistema dunar da praia do Castro en Castiñeiras. Chama a atención a proliferación de plantas invarosas como a unlla de gato ou o plumacho da pampa nunha contorna especialmente sensible onde aniña unha especie protexida como a píllara papuda. Os nacionalistas instan á concellería de Medio Ambiente a promover a retirada destas especies favorencendo ademais a implicación da cidadanía a través de campañas de sensibilización e actividades de voluntariado. Dende o BNG critican que se leven a cabo estas accións tan só na illa de Sálvora e no parque natural de Corrubedo polo que piden que se estendan ó resto do termo municipal.
  • A carpintería de ribeira avanza cara a declaración de BIC
    RIANXO> A Conselleira do Mar participou no acto de clausura da xornada de construción naval en madeira celebrada en Rianxo.
  • Serra do Barbanza penalizará a FCC polos incrupimentos na recollida do lixo
    MUROS> Os concellos da Mancomunidade da Serra do Barbanza contan cunha nova pá cargadora para a recollida de lixo. A adquisición deste vehículo, xunto ó alugueiro de tres camións, contribuirá a normalizar o servizos. Mentres tanto, a entidade acordou impoñer unha nova penalidade á empresa adxudicataria por unha serie de incumprimentos.
  • A mellora do paseo de Esteiro comezará esta semana
    MUROS> O Ministerio de Medio Ambiente iniciará esta semana as obras do paseo marítimo de Esteiro. A actuación, que supera os oitocentos mil euros, contempla a substitución de todo o pavimento e mobiliario urbano.
HomeBARBANZA - NOIAMelloras no alumeado público de Muros Top of Page

Síguenos en facebook