• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O executivo murarán levará a pleno mañá a rebaixa do IBI

Out 26 Escrito por 
MUROS> O gravame fixado prevé unha rebaixa do do 0'6% ó 0'5% na urbana e do 0'6% ó 0'3% na rústica.
Tal e como se comprometeran cos veciños no seu día, o executivo muradán levará mañá xoves a pleno proposta da baixada do Imposto de Bens Inmobles. Así a rebaixa estipulada sitúase do 0'6% ó 0'5% na urbana e do 0'6% ó 0'3% na rústica. Segundo afirmou a propia alcaldesa, Mª Xosé Alfonso,báixase todo o que nestos momentos permite a lei debido á situación económica na que se atopa actualmente o concello, comprometéndose a baixala ó 0,4%, en canto se remate de dar cumprimento ó Plan de Axuste imposto polo Goberno Central na anterior lexislatura. No pleno de mañá tratarase tamén a modificación da ordenanza fiscal da taxa polo servizo de extinción de incendios e outras actuacións municipais de emerxencia. Esta modificación permite recoller a posibilidade da exención no pago nos casos de mala situación económica e que non haxa seguro, tal e como propoñía o actual grupo de goberno cando estaba na.Levarase tamén a modificación da ordenanza reguladora do imposto de vehículos de tracción mecánica. O imposto sube lixeiramente e inclúese a modificación necesaria para a exención do imposto por parte das persoas con minusvalía. Con todo, dende o Concello sinalan que esta taxa en Muros, xunto co de Carnota, segue a ser a máis baixa da comarca.
Etiquetado como MurosNoia    Muros    Pleno    rebaixa    ibi    Maria Xosé Alfonso   
Modificado por última vez no Mércores, 26 Outubro 2016 20:58

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PSOE sonense denuncia a obstrución ó seu labor de oposición
    PORTO DO SON> Os socialistas quéixanse de que, no que vai de ano, non se incluiron na orde do día dos plenos as súas iniciativas, a pesar de telas rexistradas en tempo e forma. Para o grupo municipal socialista esta situación é un exemplo máis da censura que está a levar a cabo o grupo de goberno cos grupos da oposición. Segundo eles no que vai de ano na orde do día dos plenos non se incluíu ningunha das súas mocións, presentadas en tempo e forma. Poñen como exemplo a situación vivida na última sesión plenaria na que faltaron as súas tres propostas, unha para dar viabilidade á piscina municipal, outra solicitando un plan municipal de educación e outra na que pedían mais medios materiais e formación para a loita contra a praga da vespa velutina. Despois de pedirlle as correspondentes explicacións ó equipo de goberno por esta situación, non descartan acudir ó Valedor, ante o que consideran un continuo entorpecemento ó seu labor coma concelleiros.
  • A mostra de curtas de 'Vila de Noia' recibe máis de 1.200 traballos
    NOIA> Esta pasada fin de semana remataba o prazo de presentación de traballos para a próxima edición do festival. Máis de 1.200 traballos. A maioría deles na sección de ficción. Unha cifra importante e que vén a demostrar o enorme interese que levanta este certame audiovisual. A súa procedencia do máis dispar. En total uns 42 países diferentes, entre os que se atopan a India, Hong Kong, Taiwan, Australia ou mesmo Canadá. Todos competirán por facerse coa estatuilla da Mostra de Curtas "Vila de Noia", que servirá como pasaporte para os próximos premios Goya, xa que este ano é festival volverá a ser colaborador. As curtametraxes seleccionadas serán anunciadas o próximo 9 de outubro e serán proxectadas durante a semana do festival, que terá lugar do 1 ó 11 de novembro.
  • Máis produtores arousáns traballarán este ano na campaña marisqueira de Noia
    NOIA> A razón que explica este éxodo é a merma de ingresos que padecen nas súas concesións. Algo chamativo pero totalmente legal. Nos últimos anos, e cada vez máis, as confrarías arousás están a notar unha baixa importante no número dos seus socios. Estas baixas coinciden ademais coa apertura da campaña extractiva en Noia prevista para este próximo luns. Os produtores arousáns alugan ou compran a armadores noieses a súa embarcación co permiso correspondente para poderen traballar nas súas concesións. O éxodo vén provocado fundamentalmente pola merma de ingresos no libre marisqueo. Algo totalmente legal. Trátase fundamentalmente de mariscadores de Rianxo, Cabo de Cruz, Cambados ou a Illa. As boas expectativas para o inicio da campaña en Noia provoca que cada vez sexan máis os que deciden cambiar de aires e buscarse a vida pagando importantes cantidades de diñeiro. E aínda así compénsalles.
  • Arousa Norte acudirá á Feira de Turismo Internacional de Xapón
    BOIRO> Outras das citas incluídas na programación da mancomunidade será aGrand Pavois de La Rochelle. Así o acordaron esta mañá en pleno os representantes dos catro concellos que integran a Mancomunidade. Un dos asuntos abordados na sesión foi precisamente aprobar a programación da entidade para os vindeiros meses. Por segundo ano consecutivo arousa Norte volverá a estar presente na Feira de Turismo Internacional de Xapón, JATA 2017, que se desenvolverá do 21 ó 24 deste mes de setembro. Alí os técnicos de Arousa Norte que se despracen ó país nipón manterán intensas reunións de traballo con touroperadores e axentes especializados no ámbito turístico interesados na oferta de ocio, paisaxística e de natureza desta comarca. Ademais, durante este mes de setembro, a Mancomunidade tamén participará en La Rochelle na feira náutica Grand Pavois. Precisamente, neste encontro no que se dan cita navegantes e amantes da náutica de toda Europa, Arousa Norte informará sobre o seu roteiro náutico e tamén presentará un novo material con información especifica sobre as características e servizos dos cinco portos náuticos emprazados nos catro concellos que integran a Mancomunidade. Na sesión tamén se acordou iniciar os traballos para o desbroce e acondicionamento do novo sendeiro polo litoral de Arousa Norte que percorrerá a fachada atlántica dos catro concellos e fíxose unha valoración do número de visitantes que se achegaron ata a comarca nesta datas. Á espera dos datos definitivos que acheguen as oficinas de turismo dos catro concellos, todo parece indicar que as estatísticas foron satisfactorias e se rexistrou un notable incremento de consultas turísticas en Arousa Norte durante este verán. Tamén valoraron moi positivamente eventos coma os Vermús Musicais ou o Circuíto de Carreiras Populares 4 Carreiras e 1 Meta que serviron de elementos de atracción e de ocio para os visitantes que optaron por esta zona.
  • O BNG aposta pola xestión directa da planta de compostaxe de Servia
    NOIA> Os nacionalistas fan esta solicitude a cinco anos vista para o remate da concesión que a Mancomunidade Serra do Barbanza mantén coa firma FCC. Para o BNG nestes anos da man de FCC vivíronse situacións esperpénticas, na que os máximos prexudicados polo servizo de recollida do lixo foron os propios veciños, queixándose do trato que a empresa dá ós concellos que integran Serra do Barbanza. Para os nacionalistas unha das mellores opcións sería a xestión directa do complexo. Ademais avogan por unha mellora do servizo que se presta a través da ampliación e renovación da planta de Servia, hoxe totalmente obsoleta, así como que se estude a viabilidade da entrada doutros concellos da zona á entidade como poden ser Rianxo, que xa mostrou interese, ou Outes.
  • O alcalde de Noia recibe a unha delegación do proxecto 'Climántica'
    NOIA> A delegación estaba conformada por 120 alumnos e profesores de distintos institutos europeos e tamén de México participantes no campus xuvenil de carácter internacional integrado no proxecto Climántica, liderado polo instituto Virxe do Mar da localidade. A recepción no Concello, era unha máis das citas da ampla axenda que a delegación de participantes no campus xuvenil de carácter internacional Educocean que pretende dar respostas educativas ó problema do cambio climático, no marco do proxecto europeo Climántica que lidera ende hai uns dez anos o IES Virxe do Mar. Son en total unhas 120 persoas, entre profesores e alumnos, de países tan dispares como México, Polonia ou Portugal, e no que participan tamén centros educativos de diversas comunidades españolas, incluíndo Galicia. A delegación acaba de chegar da localidade lusa de Aveiro, onde se desenvolveu a primeira fase do proxecto. O alcalde, Santiago Freire, destacou a importancia deste proxecto, ó tempo que agardou que que experiencia sexa proveitosa para todos. Esta tarde tiñan previsto realizar diversas actividades na zona de Testal, unha visita ó casco histórico da vila e coñecer tamén os traballos do marisqueo. A xornada rematará mañá coa proxección das curtas seleccionadas no marco do proxecto e unha festa final.
HomeBARBANZA - NOIAO executivo murarán levará a pleno mañá a rebaixa do IBI Top of Page

Síguenos en facebook