• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O executivo muradán foi quen de reducir a súa débeda en case 1’2 millóns de euros

Nov 21 Escrito por 
MUROS> A débeda con provedores reduciuse a máis de 748 mil euros e a débeda cos bancos en preto dos 447 mil.
Analizados os actuais datos económicos, e en datos comparativos entre o peche do terceiro trimestre de 2015 e o de 2016, observamos que o concello de Muros ten reducido a súa débeda en preto de 1,2 millóns de euros, sumando a redución da débeda con provedores coa redución da débeda derivada de operacións financeiras. No primeiro dos casos a débeda sitúase agora ó redor dos 340 mil euros, mentres que cos bancos rolda o 1’6 millóns de euros. A alcaldesa, María Xosé Alfonso,destacouque se puido chegar a estas cifras grazas á boa xestión realizada ó fronte do concello nestes meses, coa premisa de mellorar a calidade de vida dos veciños, ó posibilitar que Muros deixe de estar suxeito ó plan de axuste, algo que, segundo ela, xa podía ser unha realidade a día de hoxe se no pasado non se tivera feito unha ineficiente xestión económica.
Etiquetado como MurosNoia    Muros    concello    redcuion    debeda    provedores   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Noia converterase en Agosto na sede internacional da Arpa
    NOIA> Noia acollerá entre o dous e o catro de agosto o Festival Internacional de Arpa. Nesta cuarta edición destaca a alta participación de artistas locais que compartirán escenario coas máis grandes figuras internacionais nesta disciplina.
  • Oposición ó peche do CEIP Emilio de Navasqüés de Outes
    OUTES> A comunidade educativa anuncia que non parará ata conseguir a anulación da medida por parte de Educación. Con berros coma este....a comunidade educativa do CEIP Emilio de Navasqüés de Outes oponse á decisión da consellería de Educación de pechar o centro para o vindeiro curso escolar. Unha decisión que ninguén agardaba e que mesmo os colleu por sorpresa, na véspera do inicio das vacacións. Visiblemente emocionada a directora do colexio, Mercedes Cereijo, relatáballe ó resto de profesores, pais, familiares e veciños en xeral, que esta mañá acudiron en masa ó colexio atendendo a chamada realizada pola ANPA, como foi o anuncio desa drástica decisión da Xefatura Territorial, abrindo as portas á fusión co outro colexio do Concello, o CEIP da Serra de Outes. Dende a ANPA non entenden as razóns que levan a Consellería a tomar esta decisión sen previo aviso, máxime cando hai prevista unha matricula duns 72 nenos para o curso que vén. Tampouco entenden que dende o Concello se mire para outro lado e non se respalden as súas reivindicacións. A súa idea é seguir mobilizándose ata conseguir que se anule esta medida que consideran inxusta. Ademais dos escritos remitidos á Consellería demandando un cambio de postura na súa decisión, unha das primeiras accións a realizar foi a recollida de sinaturas de xeito presencial e tamén a través da plataforma change.org.
  • A Garda Civil intervén preto dos mil litros de Coca-Cola en Noia
    NOIA> A Patrulla Fiscal da Garda Civil de Noia procedeu á realización de varias inspeccións administrativas en distintos establecementos de Porto do Son e Noia. Netes locais interviron máis de 2.600 botellas de vidro e máis de 1.300 botes de Coca Cola por carecer da correspondente información ó consumidor en lingua oficial, sendo a súa posible orixe danesa ou francesa. Durante as inspeccións os axentes tamén se fixeron con 192 paquetes de tabaco de contrabando. Todo o material incautado foi precintado nos propios establecementos quedando a disposición da propia autoridade sancionadora.
  • O programa Lidera pretende mellorar a empregabilidade e fomentar o emprendemento xuvenil
    NOIA> A proposta, que se enmarca no programa de cooperación interterritorial Galicia-Norte de Portugal, foi presentada esta mañá en Noia pola directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe en Noia na presentación do proxecto de cooperación internacional Lidera, impulsado pola Xunta de Galicia e no que participan ademais outras entidades galegas e portuguesas. O obxectivo desta iniciativa non é outro que poñer en valor as capacidades laborais e de emprendemento da xente nova que reside, tanto en Galicia coma no norte de Portugal. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado actúa como actor principal desta proposta na que ten como socios galegos a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio de Santiago e a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia, Ascega. Na parte portuguesa, as institucións que participan son o Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude, a Federación Nacional de Asociacións Xuvenís e a Comunidade Intermunicipal do Ave. O proxecto ten de prazo de execución ata o ano 2019 e levarase a cabo en tres fases principais denominadas Crece, Cataliza e Emprende. Entre outras sedes, na zona, ademais da de Noia, a Dirección Xeral de Xuventude porá a disposición do programa tamén o espazo xoven de Vilagarcía.
  • Porto do Son converterase en sede dos Encontros Universitarios sobre Odontoloxía
    PORTO DO SON> Porto do Son acollerá entre o 29 de xuño e o 1de xullo as primeiras xornadas universitarias de odontoloxía. Acudirán ó redor dun cento de participantes de diversas universidades de España e Portugal.
  • A xoiaría Fernando Gallego intégrase na rede de excelencia de 'Galicia Calidade'
    OUTES> A xoiaría Fernando Gallego de Outes vén de obter o certificado Galicia Calidade. A directora xeral de comercio entregou este mediodía a distinción ó seu propietario. Esta marca de garantía aplicarase a dúas coleccións exclusivas deste innovador xoieiro.
HomeBARBANZA - NOIAO executivo muradán foi quen de reducir a súa débeda en case 1’2 millóns de euros Top of Page

Síguenos en facebook