• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Caridad González non descarta unha moción de censura en Muros

Feb 02 Escrito por 
MUROS> A voceira socialista foi unha das convidadas do programa ‘Pleno Aberto’ desta semana, emitido por esta casa.
Dende hai tempo polas rúas de Muros escóitase un ruxe-ruxe dunha posible moción de censura que apartaría da alcaldía ó goberno en minoría de Compromiso por Galicia, formado por tres edís. Para darse esta circunstancia debería darse un entendemento entre os dous grupos que lideran a oposición neste concello, Partido Popular e Partido Socialista, ambos con catro concelleiros. Preguntada por este asunto a voceira socialista e exalcaldesa, Caridad González, sinala que os contactos entre as dúas formacións non se deu, aínda que segundo ela, razóns existen, criticando duramente a xestión realizada polo actual equipo de goberno no que vai de lexislatura. Caridad González arremeteu tamén contra os responsables do partido a nivel provincial que en algún medio de comunicación xa descartaron que se dera esta posibilidade. Segundo ela en Muros non se recibiu ningunha desautorización para abortar este posible acordo, e se a houbera tampouco significaría nada, xa que o seu deber a nivel local é atender ás solicitudes da militancia e mirar polos intereses dos veciños.
Etiquetado como MurosNoia    Muros    mocion de censura    PSOE    caridad gonzález    PP    Inés Monteagudo    CxG    Maria Xosé Alfonso   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Cincocentos cativos participarán no V PequeBasket de Porto do Son
    PORTO DO SON> A quinta edición do PequeBasket chega a Porto do Son a vindeira fin de semana. Entre o tres e o catro de xuño, máis de cincocentos deportistas en idade escolar participarán neste evento deportivo que vai camiño de converterse nun clásico.
  • Porto do Son ofrecerá o mellor da nosa gastronomía en pequeno formato
    PORTO DO SON> Sete locais hostaleiros participan esta fin de semana no concurso de tapas ‘Son para Comelo’ que acada este ano a súa quinta edición.
  • Noia sumarase á rede de mercados excelentes
    NOIA> A Directora Xeral de Comercio visitou a praza de abastos de Noia que se vén de sumar á campaña internacional ‘Quere o teu mercado’ que se celebrará ata finais de mes en máis trinta países. O obxectivo é potenciar o comercio de proximidade a través da posta en valor da súa profesionalidade.
  • O goberno de Noia levará a pleno a aprobación da Relación de Postos de Traballo
    NOIA> No ano 2015 quedou sobre a mesa a Relación de Postos de Traballo elaborada polo anterior goberno tripartito. O executivo volverá levalo a pleno a próxima semana co fin de mellorar o documento e regularizar a situación dos traballadores municipais.
  • Abel Barros e Tina Fernández, gañadores da III Carreira Popular de Lousame
    LOUSAME> A proba celebrada onte domingo reuniu a máis de catrocentos corredores sumando tódalas categorías.
  • Os ex socios de Gonzalo Pita sorprendidos ante o novo bipartito de Sanxenxo
    SANXENXO> Os representantes do BNG e do PSOE en Sanxenxo, ou os xa ex socios de Gonzalo Pita a fronte do concello, mostráronse sorprendidos da "boa sintonía" mostrada entre os integrantes da formación popular e Gonzalo Pita. David Otero e Coral González mantiveron esta mañá que a única deslealdade política que houbo foi a mostrada polo actual alcalde Gonzalo Pita, ao aceptar formar parte dun goberno xunto cos populares. David Otero e Coral González, ata hoxe socios de goberno de Gonzalo Pita, mostráronse sorprendidos coa decisión que tomou o alcalde saínte Gonzalo Pita, e admitiron que onte souberon polas redes sociais e pola da edil Vanesa Rodríguez, do que estaba acontecer. Para David Otero o que empezou sendo un rumor, rematou sendo unha realidade. Otero recoñeceu que a falta de lealdade reflíctese na forma de proceder de Gonzalo Pita Para os voceiros nacionalista e a socialista a situación de hoxe non ten que ver coa avenida Luis Rocafort, e admiten que non saben cal é o fondo da cuestión, pero ao seu entender non ten nada que ver, segundo as súas palabras, coa supresión de "vinte prazas de aparcamento".
HomeBARBANZA - NOIACaridad González non descarta unha moción de censura en Muros Top of Page

Síguenos en facebook