• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O prezo das verduras polas nubes

Feb 13 Escrito por 
  POBRA> O temporal e as nevadas que sufriu a península, sobretodo o Levante, nas últimas semanas disparou os prezos dalgunhas hortalizas e legumes. Nas prazas de abastos da comarca atopamos que a cabaciña, por exemplo, pasou de 50 céntimos a 5 euros o quilo.
  Nas casas dos galegos durante as últimas semanas, se hai unha verdura que predomina, son os grelos. E non só porque esteamos en época de cocida, que tamén, pero a importante suba do prezo dalgunhas hortalizas está provocando que o noso grelo se convirta no rei dos pratos. Cabaciña, feixóns, pementos ou berenxenas...levan varias semanas con prezos prohibitivos por mor dos temporais que solaron toda a península desde finais do mes pasado. Así nolo explica esta vendedora do mercado da Pobra.Algunhas hortalizas subiron ata nun 400 por cento trala onda de frío. E iso, como non, vota atrás ós clientes.Para os que vende as hortalizas a mensaxe é de tranquilidade, porque aseguran que é algo temporal, nunca mellor dito.De feito, os prezos dalgunhas destas verduras xa comezan a estabilizarse polo menos no campo, aínda que paciencia, porque as baixadas de prezos, ó consumidor final, normalmente, chéganlle, un pouco máis tarde. De momento, estas son as verduras que a día de hoxe non son un luxo.Ou senón, quédanos agardar ata despois da Semana Santa…
Etiquetado como Barbanza    pobra    verduras    horatlizas    Prezos    Temporal    praza de abastos   
Modificado por última vez no Luns, 13 Febreiro 2017 11:05

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • AMICOS aposta pola contaminación cero
    RIBEIRA> A asociación AMICOS converterase na primeira entidade de España en medir a súa pegada de carbono. Ó longo deste ano medirán as súas emisións de CO2 que compensarán ambientalmente coa prantación de árbores.
  • O sorteo da Primitiva de onte deixou un premio de 82 mil euros en Rianxo
    RIANXO> O boleto premiado con cinco acertos máis o complementario foi selado na administración ‘O Mexillón de Ouro’. Durante toda a mañá, nada máis ter coñecemento da nova, foron moitos os clientes desta administración de lotarías ‘O Mexillón de Ouro’, situada na rúa de Arriba, os que se achegaron a comprobar se o seu boleto era o que resultara agraciado no sorteo de onte da Primitiva. En total 82 mil euros. Cinco números máis o complementario. Polo de agora descoñecese a identidade do afortunado ou afortunados, aínda que todo apunta a que se trate de alguén da vila.
  • A alta mortaldade do berberecho compromete a súa recuperación en Arousa
    POBRA> Malas novas para os mariscadores de Arousa que confiaban na recuperación do berberecho de cara á presente campaña. Sen embargo, nas últimas semanas detectouse unha alta mortaldade da especie que fai pensar novamente na marteilia.
  • O proxecto de remodelación do mirador da Pedra da Rá opta a outro premio
    RIBEIRA> A obra de remodelación do mirador da Pedra da Rá en Ribeira volve a optar a un novo galardón, despois de facerse cos Premios FAD de Arquitectura e COAG do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Esta vez opta ós VII Premios de Arquitectura Ascensores Enor. A obra deseñada por Carlos Seoane atópase entre as 21 obras finalistas a este certame cuxo fallo darase a coñecer no mes de novembro. Xunto ó miradoiro de Pedra da Rá, optan ó galardón o Museo das Coleccións Reais de Madrid, a Escola de Arquitectura do Antigo Hospital Militar de Granada ou o Auditorio de Lugo, entre outras.
  • Rianxo en Común critica o retraso na presentación dos orzamentos municipais
    RIANXO> Dende a formación acusan ó executivo de estar a incumprir a legalidade que obriga a telos presentados antes do 31 de decembro do ano anterior.
  • Os cativos de Ribeira descobren a súa vocación na Semana dos Oficios
    RIBEIRA> A escola infantil municipal ‘Cativos’ de Ribeira celebra a Semana dos Oficios. Os pequenos reciben a visita dalgúns pais de alumnos que lles desvelan os segredos das súas respectivas profesións.
HomeBARBANZA - NOIAO prezo das verduras polas nubes Top of Page

Síguenos en facebook