09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Morre un matrimonio sonense nun accidente de tráfico

Feb 13 Escrito por 
PORTO DO SON> O suceso tiña lugar ó redor das seis da tarde na estrada AC-550, no cruce existente a carón da igrexa parroquial. Consternación no Son polo falecemento dun matrimonioda localidade, María Manuela Ventoso Fernández, de 71 anos, e Manuel Martínez Martínez, de 89. O suceso producíase ó redor das seis da tarde na estrada AC-550, no cruce existente a carón da igrexa parroquial. Un camión de reparto de bombonas de butano, que circulaba en dirección a Noia, colidiu contra o vehículo no que viaxaba o matrimonio, que trataba de incorporarse á vía principal dende un ramal existente. O condutor do camión intentou, sen éxito, esquivar ó vehículo, e na manobra, acabou chocando tamén contra outro turismo que circulaba polo carril contrario. Xunto ó matrimonio falecido viaxaba tamén a súa neta, de dezasete anos, que resultou ferida de gravidade nun brazo, polo que tivo que ser trasladada a un centro hospitalario, aínda que a súa vida non corre perigo. Os outros ocupantes dos vehículos implicados na colisión, tanto o do camión coma o do outro turismo, non precisaron asistencia médica. Ata o lugar do suceso trasladáronse numerosos efectivos de emerxencias, entre eles do Parque Comarcal de Bombeiros, Protección Civil e Policía Local do Son, así como tamén Garda Civil de Tráfico e varias ambulancias do 061.      
Etiquetado como Barbanza    Porto do Son    Accidente    matrimonio    mortos    ac550   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O alto prezo da volandeira está a salvar a campaña do bou de vara
    RIANXO> Aínda así as máis de trinta embarcacións que se dedican a esta arte no porto rianxeiro auguran que será unha campaña curta, debido á escasa presenza deste produto. Como en todo, cúmprese coa lei da oferta e da demanda. Ou isto é o que deben pensar os mariñeiros de Rianxo que se dedican ó ou bou de vara. A campaña desta arte, iniciada hai varias semanas está a resultar regular, debido ás escasas capturas, especialmente de peixe. A unica especie que está a manter un pouco o tirón é a volandeira, que acada en rula unha cotización máxima duns dez euros. Un prezo maior ó de anos anteriores. En Rianxo son ó redor dunhas 40 as embarcacións con permiso para dedicarse a esta arte, aínda que non todas elas deciden traballar nesta pescaría que ten na volandeira a principal especie de captura, seguido do choco e da nécora. Trátase dunha arte complicada, moi condicionada tamén polo tempo no mar. A maior parte do peixe e do marisco capturado do bou vai para o consumo en fresco, mentres que a maioría da volandeira vai destinada á conserva.
  • Mar defende o protocolo de resposta da Xunta ante a contaminación mariña
  • O Poboado da Igualdade fomenta a corresponsabilidade entre os escolares de Ribeira
    RIBEIRA> Ribeira conmemorará o Día contra a Violencia de Xénero cunha serie de actividades que buscan fomentar a igualdade dende a base. A maior parte das iniciativas están dirixidas a nenos aínda que tamén se oferta un curso de autodefensa para adultos.
  • O PP denuncia o peche prolongado do Museo Valle-Inclán
    POBRA> O PP da Pobra denuncia que o museo Valle Inclán leva pechado dende comezos de mes. Instan ó goberno local a cubrir a baixa do director e cubrir a praza de auxiliar que xa se convocou no verán.
  • O BNG pide a retirada das especies invasoras na praia do Castro
    RIBEIRA> O BNG de Ribeira presentou unha moción solicitando a retirada das especies invasoras na praia do Castro, en Castiñeiras. Trátase dun ecosistema de gran valor pola súa biodiversidade, onde aniña a píllara papuda. A presenza de especies alóctonas vai en aumento no sistema dunar da praia do Castro en Castiñeiras. Chama a atención a proliferación de plantas invarosas como a unlla de gato ou o plumacho da pampa nunha contorna especialmente sensible onde aniña unha especie protexida como a píllara papuda. Os nacionalistas instan á concellería de Medio Ambiente a promover a retirada destas especies favorencendo ademais a implicación da cidadanía a través de campañas de sensibilización e actividades de voluntariado. Dende o BNG critican que se leven a cabo estas accións tan só na illa de Sálvora e no parque natural de Corrubedo polo que piden que se estendan ó resto do termo municipal.
  • A carpintería de ribeira avanza cara a declaración de BIC
    RIANXO> A Conselleira do Mar participou no acto de clausura da xornada de construción naval en madeira celebrada en Rianxo.
HomeBARBANZA - NOIAMorre un matrimonio sonense nun accidente de tráfico Top of Page

Síguenos en facebook