• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Rosa Quintana reúnese co novo Secretario Xeral de Pesca

Feb 14 Escrito por 
GALICIA> Alberto López-Asenjo comprométese a traballar na mellora da xestións das cotas.
  A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, reuniuse co Secretario Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Alberto López-Asenjo. A xuntanza, ademais de presentación, serviu para analizar diversas melloras na xestión das cotas no marco do plan de xestión do Cantábrico-Noroeste e acadar o seu aproveitamento óptimo, a través de posibles acordos con outras comunidades autoónomas. Un aspecto que aplauden dende a Xunta.  A xestión do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca foi outro dos asuntos tratados na xuntanza co obxectivo de aproveitar este financiamento de xeito eficaz e na procura dunha actividade sustentable e exitosa.    Tamén se abordou o problema do Brexit e as posibles consecuencias para a flota galega e española da marcha de Reino Unido da Unión Europea.
 
Etiquetado como Galicia    Barbanza    Reunión    secretario xeral de pesca    antonio lopezasenjo    Rosa Quintana    brexit    Xestión    cotas   
Modificado por última vez no Mércores, 15 Febreiro 2017 13:02

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP Local reúnese co Comité de Empresa de Elnosa
    Pontevedra> O PP de Pontevedra mantivo unha reunión co delegado do comité de Empresa de Elnosa. O fin de este encontro é o de escoitar en primeira persoa a situación dos traballadores desta empresa, e pedir aos políticos a continuidade desta cloreira, sempre e cando cumpra coa normativa europea.
  • Presentada a XX Carreira Popular de Ribeira
    RIBEIRA> Entre as novidades da proba, que terá lugar o próximo sábado 30 de setembro, figura o seu cambio de percorrido. Varias serán as novidades este ano na carreira popular de Santa Uxía. Unha delas será o cambio de percorrido para evitar así que se produzan as problemáticas restricións de tráfico no casco urbano da cidade. A proba, que este ano chega a súa vinte edición, forma parte do Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña e do Circuíto de Carreiras Arousa Norte. Nela tomarán parte tódalas categorías, dende o máis pequenos ós veteranos, prevéndose unha participación próxima o milleiro de corredores. As inscricións poderán realizarse ata o xoves 28 de setembro a través da web municipal www.riveira.gal ou en www.emesports.es.
  • Concello e ARE promoven a campaña 'En Rianxo, ao noso xeito'
    RIANXO> A inicitiva busca a dinamización do comercio e a hostalería local, ó tempo que fomentar o uso do galego. Marchamo de calidade e promoción do galego. As áreas de Promoción Económica e o Servizo de Normalización Lingüística de Rianxo xunto coa Asociación Rianxeira de Empresarios son os promotores desta novidosa campaña baixo o lema ‘En Rianxo, ao noso xeito’. Trátase dunha iniciativa que ten unha dobre finalidade. Por unha banda a dinamización do comercio e a hostalería da vila, e por outra fomentar o uso do galego. A campaña terá varias fases ó longo do ano. A primeira delas levarase a cabo de inmediato e consistirá no reparto dunhas pegatinas identificativas co lema da campaña, así como tamén outros produtos. Na iniciativa tomarán parte non só aqueles locais hostaleiros e comercios integrados na ARE, senón que estará aberta a tódolos establecementos que o desexen.
  • Mar mellora o seu equipo ante puntuais episodios de contaminación mariña
    VILAGARCÍA> A conselleira do Mar estivo en Vilagarcía. Alí participou na xornada formativa para o emprego dos traxes de protección nuclear, biolóxica e química para episodios de contaminación mariña.
  • 72 traballos e un investimento de 41 millóns de euros conforman o mapa de obras do concello
    Pontevedra> O alcalde de Pontevedra e o concelleiro de Obras mantiveron esta tarde unha reunión coas tres Federacións das Asociacións de veciños do concello. O obxectivo deste encontro é o de informarlles sobre o plan de obras municipais que están en execución, en tramitación ou en redacción. Son un total de 72 traballos que suman un investimento de 41 millóns de euros.
  • Os fogos do Nazareno foron aprazados para o sábado por mor do tempo
    POBRA> A Pobra despediu onte pola noite as festas do Nazareno despois de catro días de celebracións. Polo día, como vén sendo tradición, a xornada estivo dedicada especialmente ós máis pequenos. Aínda así boa parte das actividades previstas no programa víronse condicionadas por mor do tempo. Xa pola noite a chuvia, que caeu por momentos a mesta néboa, obrigaron tamén á suspensión da gran tirada de fogos artificiais no paseo do Areal, que pon o broche final ós festexos. A comisión de festas do Divino Nazareno decidiu a última hora aprazar o espectáculo pirotécnico para a noite do sábado. Si se mantivo a verbena, a cargo da orquestra Olympus que reuniu na Praza Maior a multitude de persoas.
HomeBARBANZA - NOIARosa Quintana reúnese co novo Secretario Xeral de Pesca Top of Page

Síguenos en facebook