• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O BNG sonense defende a pbxectividade do Plan Único da Deputación da Coruña

Feb 21 Escrito por 
PORTO DO SON> O Concello de Porto do Son recibirá do Plan Único da Deputación preto de 866.000 euros. O BNG da localidade pediu hoxe que estes cartos se destinen a manter o mobiliario municipal que se atopa nun estado de precariedade. Ademáis, os nacionalistas criticaron o reparto inxusto que se facía das aportacións cando o Partido Popular estaba na Deputación.
O BNG de Porto do Son quixo defenderse esta mañá das críticas do Partido Popular ó Plan Ünico da Deputación provincial. Afirman que a repartición actual é moito máis obxectiva e xusta que a que realizaba o PP cando gobernaba a entidade provincial. A voceira do BNG e deputada provincial, Ánxela Franco, destacou tamén centrándose no concello de Porto do Son, que este municipio recibia da Deputación da Coruña cando a dirixía o PP 620.000 euros, e agora, vai recibir co Plan Único actual case 866.000 euros. Uns cartos que desde o BNG local piden ó concello que destinen ó mobiliario existente que o precise. Desde o BNG sonense aproveitaron tamén para pedir explicacións ó Partido Popular de por qué no pleno extraordinario deste xoves non se contempla unha moción presentada polos nacionalistas este venres. Nesta comparecencia o Bloque do Son solicitou tamén ó concello a necesidade de manter os niveis de limpeza do alcantarillado, para evitar así que se produzan inundacións como as que se viviron durante os últimos temporais.
Etiquetado como Barbanza    Porto do Son    bng porto do son    Bng    plan unico    Deputación da Coruña    Pleno   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAO BNG sonense defende a pbxectividade do Plan Único da Deputación da Coruña Top of Page

Síguenos en facebook