• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os grabados de Facal viaxan temporalmente de Artes ó Son

Feb 21 Escrito por 
PORTO DO SON> A Casa da Cultura de Porto do Son alberga unha serie de creacións do artista carballés Manuel Facal cedida polo Museo do Grabado de Artes en Ribeira. Esta mañá os mandatarios dos dous concellos visitaron a exposición do célebre grabador.
23 grabados e 15 planchas que reflexan o estilo deste grabador recoñecido a nivel mundial. Manuel Facal, aínda que nacido en Carballo, estivo sempre moi vinculado á comarca do Barbanza. De feito unha ampla colección da súa obra exhíbese no Museo do Grabado de Artes en Ribeira. Parte dela, foi cedida temporalmente ó concello veciño de Porto do Son. O alcalde sonense e o mandatario ribeirense e presidente do Museo do Grabado, puideron gozar hoxe da exposición acompañados polo concelleiro de Cultura de Porto do Son e o vicepresidente do Museo do Grabado. Manuel Ruiz Rivas lembrou o seu primeiro contacto con este célebre artista. Trátase da primeira cesión do Museo do Grabado a esta sala da Casa da Cultura do Son. E o vicepresidente do museo destacou a relevancia das obras expostas. Tanto sonenses como visitantes poderán visitar a colección ata o próximo 12 de marzo, en horario de mañá e tarde de luns a venres, e os sábados de seis a sete e media da tarde.
Etiquetado como Barbanza    Porto do Son    Exposición    arte    grabados    manuel facal    museo grabado artes    casa cultura porto do son   
Modificado por última vez no Martes, 21 Febreiro 2017 19:08

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAOs grabados de Facal viaxan temporalmente de Artes ó Son Top of Page

Síguenos en facebook