• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Barbanza e Muros-Noia moi presentes nos premios COAG

Mar 01 Escrito por 
BARBANZA> Construcións de Outes, Porto do Son, Ribeira ou Noia están entre as obras preseleccionadas para os premios que outorga o Colexio de Arquitectos de Galicia.
O Colexio de Arquitectos de Galicia deu a coñecer as obras finalistas dos Premios COAG de Arquitectura, que na súa décimo sétima edición contou coa candidatura de 158 propostas. O requisito, ser executadas e finalizadas no ámbito territorial da entidade colexial entre o 31 de xullo do 2014 e o 31 de xullo do 2016. O xurado profesional seleccionou un total de 34 obras entre as oito categorías existentes. A comarca do Barbanza acolle varias destas construcións. No apartado de Deseño Urbano Espazos Abertas atopamos tres exemplos: O aparcadoiro na rua Xuíz Falcone de Noia, proxecto de Salgado e Liñares. O acondicionamento da praza pública no Campo da Atalia en Porto do Son, tamén de Salgado e Liñares; e xa no concello de Ribeira, o Miradoiro de Pedra da Rá, deseño de Carlos Seoane. Na categoría de Baixo Custo, aparecen como finalistas o proxecto Chic&cheap de Vivenda Social, en Barro, Noia, de Martín Insua e José Barreiro. E tamén os Apartamentos de Turismo Rural Cabañas de Broña, en Tavilo, Outes, de Salgado e Liñares. O concello de Outes está presente tamén entre os finalistas na categoría de Equipamentos, coa construcción do centro de Actividades mariñeiras e Cabanas do barranxo de Ousesende. Obra tamén, de Salgado e Liñares. Con esta gran representación barbanzá os gañadores daranse a coñecer na gala de entrega dos premios, que se celebrará o 17 de marzo no Teatro Principal de Ourense, ás oito da tarde.
Etiquetado como Barbanza    MurosNoia    Ribeira    Outes    Noia    Porto do Son    Premios    arqueitectura    premios coag    colexio oficial de arquitectos de galicia   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIABarbanza e Muros-Noia moi presentes nos premios COAG Top of Page

Síguenos en facebook