• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Pouco e caro: o prezo do peixe cotiza a alza

Mar 02 Escrito por 
BARBANZA> O temporal no mar, que mantén a boa parte da flota amarrada, pode ser unha das principais razóns dese lixeiro incremento.
Achegámonos á praza de abastos de Ribeira para coñecer as razóns desta suba de prezos no peixe e no marisco. Algo pouco habitual nesta época do ano. O temporal no mar, que mantén a boa parte da flota amarrada, pode ser unha das causas dese incremento. Precisamente, este desabastecemento deriva nun leve incremento dos prezos nalgunhas especies, aínda que non se trata de sumas desorbitadas posto que o consumidor non está para moito dispendio. A pesar de que a xente vai animándose a mercar, os vendedores non son moi optimistas dado que o mal tempo, ademais de encarecer o produto, non anima á xente a achegarse ata as prazas, nunhas datas como o entroido nas que tradicionalmente as vendas soen baixar debido ó consumo doutros productos típicos. Aínda así, as expectativas non só de todo malas e de cara ós próximos días agardan que haxa máis peixe para poder ofrecer ó consumidor maior variedade a mellor prezo.
Etiquetado como Barbanza    Ribeira    prezo    peixe    suba    Temporal   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O novo libro de X.V. Domínguez bate record de vendas na Feira do Libro de Ribeira
    RIBEIRA> Con doce libros ás costas, José Vicente Domínguez segue a afrontar cada nova publicación coa mesma ilusión. A súa última novela ‘Por mucho que ahora me quieran’ vén de presentarse na Feira do Libro de Ribeira con gran éxito de vendas.
  • Os pantaláns de Cabo de Cruz estarán rematados en setembro
    BOIRO> A Conselleira do Mar supervisou as obras dos pantaláns que se veñen de iniciar no porto de Cabo de Cruz. Esta actuación, na que se investirán aproximadamente setecentos mil euros, dará por satisfeita unha vella demanda dos profesionais do mar .
  • O BNG de Boiro defende a súa xestión na construción do aparcadoiro de Anegral
    BOIRO> O BNG de Boiro respostou ás críticas formuladas polo alcalde en relación ó mal estado en que deixou o anterior goberno a praza da Boqueira de ANegral. Acusan ademais ó actual goberno de querer darlle un uso privado a esta infraestrutura.
  • Sardiñas aptas para tódolos petos na véspera da noite de San Xoán
    BOIRO> Nas xornadas previas a San Xoán non se está a dar a escaseza de sardiña de anos anteriores. Esta mañá na praza de abastos de Boiro había peixe en abundancia e o prezo mantíñase ó redor dos cinco euros, tal e como se vende habitualmente.
  • Nove expositores achegan as últimas novidades literarias a Ribeira na III Feira do Libro
    RIBEIRA> Inaugurada oficialmente a Feira do Libro de Ribeira. Nesta terceira edición conta con nove expositores que permanecerán na praza do concello ata o domingo. Tódolos libreiros ofrecerán un descontó do dez por cento nas compras e haberá actividades de animación.
  • Leiceaga pide maior implicación da Xunta no deseño dun Plan de Xestión Marisqueira
    RIANXO> O voceiro do PSdeG-PSOE fixo esta mañá unha visita ós Lombos do Ulla, a onde acudiu en compaña de varios patróns maiores e representantes de Confrarías arousás para analizar a caída da produción nesta zona de libre marisqueo. No encontro mantido en Rianxo, Fernández Leiceaga aludiu tamén á necesidade de que se estremen os controis de contaminación na Ría e que se actualicen os estudos sobre a produtividade marisqueira na zona, xa que os últimos foron realizados hai xa quince anos. Máis duro se mostrou o patrón maior rianxeiro, Miguel Ángel Iglesias, quen xunto as patroas maiores de Vilanova e Cabo de Cruz, María José Vales e Raquel Soto, respectivamente, acompañou ó voceiro socialista na súa visita ós Lombos do Ulla. Iglesias reclamou actuacións urxentes para mellorar a produtividade dos Lombos e por extensión a de toda a Ría, da que viven moitas familias. O patrón maior rianxeiro lamentou tamén que a campaña do ano que vén vai estar condicionada pola escasa produtividade, polo que, segundo el, será novamente un ano perdido.
HomeBARBANZA - NOIAPouco e caro: o prezo do peixe cotiza a alza Top of Page

Síguenos en facebook