• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Boiro despediu por todo o alto o seu entroido esta fin de semana

Mar 06 Escrito por 
O concello de Boiro vivíu este sábado unha xornada máxica ó celebrar o seu tradicional concursos de disfraces e carrozas, aprazado o martes pasado. O tempo acompañou case todo o desfile polas rúas da vila, e os boirenses e visitantes puideron gozar da creatividade e a diversión das distintas comparsas.
Unha montaña rusa desatada...os monstros do bosque...africanos de troula no continente veciño...e por suposto os bombeiros...máis vale previr que lamentar. Todo estaba pensado á perfección a tarde deste sábado en Boiro para a celebración do seu día grande. Tralo aprazamento por causas meteorolóxicas o pasado martes do seu concurso de disfraces e carrozas, o sábado o tempo acompañou case todo o desfile no seu percorrido animando as rúas da vila. Cos últimos pasos da cabalgata carnavaleira comezou a chuvia, pero iso non acabou coa festa. Quedaba o máis importante, coñecer ós vencedores despois de tanto traballo na elaboración dos disfraces e carrozas. Cos premios entregados, tanto na categoría individual, como en grupos e carrozas, os participantes comezaban xa a traballar no disfrace do próximo entroido. Pero ó deste ano en Boiro aínda lle agardaba o broche final. Foi onte domingo coa celebración dos enterros, do Felipiño na parroquia de Escarabote, do Óso en Abanqueiro, e da Sardiña en Boiro. Un final de festa, con choreira incluida, a todo lume, e que deixou boa mostra de que unha das mellores formas de gozar do Entroido, é vivilo en Boiro.
Etiquetado como Barbanza    Boiro    Entroido    concurso de disfraces    carrozas    comparsas    desfile de carnaval   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP denuncia o peche prolongado do Museo Valle-Inclán
    POBRA> O PP da Pobra denuncia que o museo Valle Inclán leva pechado dende comezos de mes. Instan ó goberno local a cubrir a baixa do director e cubrir a praza de auxiliar que xa se convocou no verán.
  • O BNG pide a retirada das especies invasoras na praia do Castro
    RIBEIRA> O BNG de Ribeira presentou unha moción solicitando a retirada das especies invasoras na praia do Castro, en Castiñeiras. Trátase dun ecosistema de gran valor pola súa biodiversidade, onde aniña a píllara papuda. A presenza de especies alóctonas vai en aumento no sistema dunar da praia do Castro en Castiñeiras. Chama a atención a proliferación de plantas invarosas como a unlla de gato ou o plumacho da pampa nunha contorna especialmente sensible onde aniña unha especie protexida como a píllara papuda. Os nacionalistas instan á concellería de Medio Ambiente a promover a retirada destas especies favorencendo ademais a implicación da cidadanía a través de campañas de sensibilización e actividades de voluntariado. Dende o BNG critican que se leven a cabo estas accións tan só na illa de Sálvora e no parque natural de Corrubedo polo que piden que se estendan ó resto do termo municipal.
  • A carpintería de ribeira avanza cara a declaración de BIC
    RIANXO> A Conselleira do Mar participou no acto de clausura da xornada de construción naval en madeira celebrada en Rianxo.
  • Boiro Novo demanda melloras na parroquia de Bealo
    BOIRO> Boiro Novo vén de presentar unha moción solicitando melloras na parroquia de Bealo. Ademais do acondicionamento da contorna da escola unitaria e a dotación de espazos de lecer, esixen a mellora da sinalización viaria en varios puntos.
  • Pouco percebe na apertura da campaña en Aguiño
    RIBEIRA> Mal arranque da campaña do percebe en Aguiño. Os mariscadores regresaban á lonxa con malas impresións ó constatar a escaseza de recurso na zona de Sagres e Sálvora.
  • A Pobra reivindica o papel da muller na ciencia
    POBRA> A Pobra acolle esta fin de semana a terceira edición do Congreso ‘Muller e Ciencia’. Catro destacadas profesionais participarán neste encontro que busca poñer en valor o traballo realizado por numerosas científicas e investigadoras, en ocasións pouco recoñecido.
HomeBARBANZA - NOIABoiro despediu por todo o alto o seu entroido esta fin de semana Top of Page

Síguenos en facebook