• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O PSOE sonense denuncia cobros irregulares por parte de membros do executivo

Mar 06 Escrito por 
PSOE> A voceira do grupo socialista, Josefa Hermo, acusa ó executivo de pagar dez mil euros no que vai de lexislatura a dous edís do equipo de goberno.
O PSOE sonense levará ó pleno deste xoves unha nova solicitude de información referida ós presuntos cobros irregulares de dous edís do PP, no equipo de goberno, que ó parecer cobraron máis de dez mil euros no que vai de lexislatura pos aistir a Xuntas de Concelleiros Delegados das que non hai constancia que se celebraran. A voceira desta formación política, Josefa Hermo, sinala que estes dous concelleiros, que non teñen dedicación exclusiva nin parcial, cobran 150 € por asistir a estas xuntas semanais. A socialista afirma que levan dende o comezo da lexislatura solicitando as actas desas xuntas a través de peticións no rexistro do Concello e rogos nos plenos sen obter resposta. Dende o PSOE sonense non descartan acudir ó Valedor do Pobo. Para os socialistas estes pagos por asistencia a Xuntas a estes dous edís, súmanse tamén as cinco dedicacións exclusivas coas que conta actualmente o equipo de goberno o que supón un gasto anual de máis de 200 mil euros. Unha cantidade que consideran totalmente desproporcionada para un Concello coma o de Porto do Son que non supera os dez mil habitantes.
Etiquetado como MurosNoia    Porto do Son    PSOE    josefa hermo   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • As rúas noiesas vibraran outro verán ós ritmos do NoiaJazz
    NOIA> O festival desenvolverase os días 17 e 18 de agosto na Praza do Cantón a partir das dez da noite. En caso de chuvia será trasladada ó interior do Coliseo Noela. Trátase dunha das actividades consolidadas dentro da programación deseñada pola concellería de Cultura para o verán, que chega este ano á súa oitava edición. O festival NoiaJazz desenvolverase os próximos 17 e 18 de agosto na Praza do Cantón. O primeiro día tocarán Tato Vázquez Trío e Alfonso calvo Sextet e o segundo día actuarán Ejazz Grupo Vocal, Raynald Colom e Kin García Trío. O director do festival, Kin García, destacou o seu alto nivel musical con figuras consagradas deste tipo de ritmos a nivel internacional como é o caso de Raynald Colom. Dende a organización quixeron agradecer tamén ó artista local, o pintor Veiras Manteiga a súa colaboración unha vez máis desinteresada co festival, ó ser el o creador do debuxo do cartel.
  • A carreira popular nocturna de Noia terá lugar o próximo 2 de setembro
    NOIA> A proba, organizada polo Club Atletismo Noia, prevé mellorar a participación das edicións anteriores. Todo preparado en Noia para acoller a vinte e unha edición da carreira popular pedestre. A cita terá lugar o próximo domingo 2 de setembro. Como vén sendo habitual estará organizada polo Club Atletismo Noia, que contará coa colaboración do Concello e de varias casas comerciais. O trazado deste ano será idéntico ó da edición anterior, non demasiado esixente cunha lonxitude total duns nove quilómetros. A característica máis singular é que discorrerá de noite. O que sen dúbida a fará máis atractiva. Dende o Concello destacaron a importancia deste tipo de citas deportivas, que congregan a un gran número de persoas, e serven, ademais do aspecto puramente deportivo, para dar a coñecer a localidade. A organización márcase como reto este ano chegar ós oitocentos participantes sumando tódalas categorías dende os chupetes ata os senior e veteráns. O prazo de inscrición xa está aberto ata o día 1 de setembro a través da páxina web www.emesports.es.
  • O executivo muradán levará a cabo a ampliación do cemiterio municipal da Atalaia
    MUROS> A actuación está incluída nas obras do POS Plus da Deputación da Coruña. Esta mañá a xunta de goberno local aprobaba dúas actuacións incluídas no POS + da Deputación da Coruña para este ano e cuxa execución será inminente. A primeira delas consistirá no arranxo dos actuais nichos no cemiterio municipal da Atalaia e a súa ampliación, cun novo módulo de nichos, así como tamén a mellora da accesibilidade ó recinto. Segundo a propia alcaldesa, María Xosé Alfonso tratábase dun vella demanda por parte dos veciños. A outra das actuación aprobadas hoxe prevé a mellora dos accesos ó núcleo de Torea.
  • Lousame celebrou hoxe a festividade de San Lourenzo
    LOUSAME> Como é tradición, numerosos veciños achegáronse ata a capela onde se venera a este santo, na parroquia de Tallara, para participar nos actos litúrxicos e disfrutar dun xantar campestre. Dende primeiras horas da mañá numerosos veciños deste Concello, así como tamén de municipios lindeiros, achegáronse ata o entorno da capela de San Lourenzo en Tallara para asistir, como é tradición, ós actos na honra de San Lorenzo. Aínda así non foi ata a unha do mediodía, cando tivo lugar o acto principal da xornada, coa celebración da misa solemne e posterior procesión na que o santo estivo tamén acompañado de San Mamede, a quen xa se lle rendera culto na xornada anterior. Moitas das persoas que asistiron ós actos litúrxicos aproveitaron tamén a xornada para disfrutar dun xantar campestre en familia. O bo tempo e a beleza do enclave axudaron tamén a prolongar esta data festiva con tanto arraigo no municipio, na que tampouco faltou a música, da man da charanga Tíralle do Aire e o grupo de gaiteiros O Son do Pote.
  • A aparición de novos restos arqueolóxicos obriga a reformular o proxecto do Museo do Mar
    NOIA> O proxecto de construción do novo museo do mar de Noia permanece paralizado á espera de remitir un informe a Patrimonio sobre os novos restos arqueolóxicos aparecidos trala demolición do antigo inmoble. Ademais de parte da muralla medieval, vestixio co que xa contaban os técnicos, apareceu o peirao de acceso e un treito de calzada.
  • Turismo e ARD Muros-Noia renovan a súa colaboración para promocionar o xeodestino
    NOIA> A Axencia Galega de Turismo e a Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría Muros Noia asinaron un convenio de colaboración para a promoción do xeodestino. Establece unha achega de preto de cincuenta mil euros para a potenciación conxunta dos cinco concellos que componen esta bisbarra.
HomeBARBANZA - NOIAO PSOE sonense denuncia cobros irregulares por parte de membros do executivo Top of Page

Síguenos en facebook