• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Detidas seis persoas por diversos roubos en Barbanza

Mar 09 Escrito por 
BARBANZA> Con estas seis detencións a Garda Civil da resposta o repunte de actos delictivos na comarca.
nas últimas semanas. A Garda Civil de Boiro detivo a dúas parellas acusadas de cometer diversos roubos na comarca do Barbanza. En concreto o Instituto Armado impútanlle os prendidos alomenos dous, nunha vivenda de Cespón e nun estanco da Pobra. Lugar este último no que foron sorprendidos polos axentes. No momento da detención a Garda Civil localizou tamén no interior do vehículo que empregaban na fuxida varios obxectos substraídos na vivenda de Boiro, así como unha televisión de plasma. Os catro xa pasaron a disposición xudicial nos Xulgado de Instrucción de Garda de Ribeira, que decretou a súa posta en liberdade con cargos. Por outra banda a Garda Civil tamén detivo a outros dous homes como presuntos autores de tres delitos cometidos durante o pasado mes de febrero no casco urbano de Boiro nos que ó parecer substraeran diferentes obxectos e unha cantidade de diñeiro en metálico próxima ós doce mil euros. Trátase de dous veciños da localidade de 42 e 31 anos respectivamente. Ous dous prendidos están á espera de pasar a disposición xudicial ante o Xulgado de Instrución nº 3 de Ribeira. A Garda Civil de Boiro non descarta novas detenciones ante o último incremento de actos delictivos na localidade, realizando ademais unha chamada á colaboración vecinal, xa que a súa aportación é de vital importancia á hora de esclarecer este tipo de delitos.
Etiquetado como Barbanza    Boiro    pobra    sucesos    Roubos    Garda Civil   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIADetidas seis persoas por diversos roubos en Barbanza Top of Page

Síguenos en facebook