09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Veciños de Araño denuncian que pasan meses sen auga nos seus fogares

Mar 15 Escrito por 
RIANXO> Uns sesenta veciños do lugar de Pousada, na parroquia rianxeira de Araño, denuncian a falta da auga nos seus fogares, sobre todo, nas épocas de seca. Un enfrontamento coa Comunidade de Montes impídelles realizar as obras que garantan o subministro de auga, aínda que contan xa co permiso de Augas de Galicia.
Manuel é o presidente da Comunidade de Veciños de Pousada, aldea da parroquia rianxeira de Araño. Creouse no ano 2006, precisamente a época á que se remonta esta demanda veciñal. A traída de augas desta zona ten enfrontados ós veciños coa comunidade de montes, que se nega a que estes realicen as obras necesarias nestes terreos, coñecidos como Fonte das Barreias, para facer a captación de augas. Algo imprescindible para este grupo de veciños, xa que o manancial non subministra auga suficientes para os 16 fogares do lugar, preto de 60 persoas. Os veciños e veciñas de Pousada aseguran que non poden seguir vivindo así. O caso foi levado a Augas de Galiica, que tras analizar a situación e escoitar a ambas partes, desestimou as alegacións presentadas polos comuneiros de Araño, e impuxo unha servidume forzosa. Aínda así. Tendo a obriga legal de deixar realizar as obras, os comuneiros están retrasando o proceso facendo constantes alegacións que sempre son desestimadas. O último ó que se opuxeron, é á contía cifrada da indemnización pola expropiación forzosa dos terreos. Un equipo desta canle falou co presidente da Comunidade de Montes en Man Común do Araño, pero este preferiu non facer declaracións e así dar a coñecer a súa versión do conflito. Para os veciños, as explicacións que dan desde a comunidade para a negativa, non son.suficientes. Mentres a situación non se aclara, e aínda coa legalidade do seu lado, estes veciños levan máis de dez anos reclamando un dereito que todos temos, poder contar con auga nos seus fogares tódolos días do ano.
Etiquetado como Barbanza    Rianxo    arano    vecino    Polémica   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O paso de 'Ana' deixa un regueiro de incidencias menores no Barbanza
    BOIRO> O temporal tamén deixou esta pasada noite un regueiro de incidencias no Barbanza, aínda que a maioría delas sen consideración. As rachas de vento, que nalgún caso chegaron a superar os cen quilómetros por hora, provocaron a caídas de árbores en numerosos puntos da comarca.
  • Medio Ambiente avanza en Ribeira o contido do PRUX das Illas Atlánticas
    RIBEIRA> O concello de Ribeira acolleu unha nova xuntanza sobre o Plan de Xestión e Usos do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A directora xeral de Patrimonio avanzou ós axentes implicados as principais liñas desta proposta que busca compatibilizar as actividades económicas coa conservación do parque.
  • Juan Antonio Gude e Rocío Alvite vencedores da Carreira Popular 'Mar de Boiro'
    BOIRO> Na proba celebrada este domingo participaron uns setecentos corredores, sumando tódalas categorías. Onte domingo disputouse a décimo terceira edición da carreira popular Mar de Boiro, undécimo memorial Pepe Buceta. A organización da proba, que correu a cargo do Departamento de Deportes boirense, destacou a alta participación, con máis de 700 inscritos, sumando tanto a categoría de adultos como as de escolares e mini. A saída producíase ás once da mañá coa presenza das distintas autoridades locais, entre as que se atopaban o alcalde, Xoán Xosé Dieste, quen destacou a importancia da carreira, que co paso dos anos está a adquirir un maior protagonismo. O bo tempo existente durante toda a mañá axudou ó bo desenvolvemento da mesma, sendo numerosos os afeccionados que seguiron a proba ó longo de todo o seu percorrido, que estivo dividida ademais en varios trazados segundo as idades e categorías. O vencedor da proba na categoría absoluta masculina foi Juan Antonio Gude do Club Montepenarubia que completou o percorrido cun tempo de 32 minutos e 5 segundos. En segundo lugar quedou Amador Pena do Club Atletismo O Pino cun tempo de 32 minutos y 53 segundos. E catro segundos máis tarde entraba o terceiro clasificado, José Lojo do san Miguel de Marín. En canto á categoría feminina absoluta a vencedora foi a esteirana Rocío Alvite do Atletismo Sar-Petroni cun tempo de 38 minutos e 41 segudos. En segundo lugar quedou Elena matalobos da Sociedade deportiva Barbantia Roda cun tempo de 41:42 e o terceiro posto foi para Teresa Carneiro do Club Atletismo Santiago cun tempo de 42:15. Ademais do seu aspecto puramente deportivo, a carreira converteuse nunha gran festa do deporte.
  • O BNG de Boiro demanda melloras no núcleo de Esteiro
    BOIRO> O BNG de Boiro levará a pleno tres mocións encamiñadas a melloras os servizos do lugar de Esteiro. Reclaman a construción do paseo marítimo, a dotación de beirarrúas ata o lugar de Cariño e a eliminación das molestias ocasionadas polo pozo de bombeo.
  • O BNG propón excluír á flota do xeito do reparto de cotas
    RIANXO> O BNG propón excluír ó xeito das restricións da política de cotas. Así o manifestou a voceira nacional, Ana Pontón, na xuntanza mantida cos responsables da confraría de Rianxo.
  • O presidente da Deputación anuncia novas melloras da seguridade viaria en Rianxo
    RIANXO> O presidente da Deputación da Coruña visitou o concello de Rianxo para anunciar dúas obras de seguridade viaria que veñen de ser aprobadas no último pleno da corporación provincial. Trátase dun treito de medio quilómetro no vial entre Rianxo e Bexo e o remate da senda peonil en Burés.
HomeBARBANZA - NOIAVeciños de Araño denuncian que pasan meses sen auga nos seus fogares Top of Page

Síguenos en facebook