• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os "12 meses, 12 punchis" da Compañía do Ruido

Mar 16 Escrito por 
RIBEIRA> “12 meses, 12 punchis” é o proxecto musical que está a desenvolver neste 2017 o grupo ribeirense “A Compañía do Ruido”. A formación levou a súa música ós alumnos do IES Número 1 de Ribeira dentro da programación da Semana Cultural do centro educativo.
Achegar a música de distintos artistas da comarca ó alumnado do IES Número 1, é parte da programación da Semana Cultural que está a celebrar este instituto ribeirense. E o grupo local A Compañía do Ruido non podía faltar. Aproveitamos para falar con Suso Bello, líder da banda, sobre o seu último e orixinal proxecto. "12 meses, doce punchis”. Os temas, os que a eles lles da a gana, pero todos , de momento, cunha mensaxe clara e contundente, que ben podería servir de lección para este alumnado. Agora, para a semana, entran a grabar o tema de marzo, que ten como inspiración unha das nosas figuras literarias máis carismática. E así os temas van xurdindo mes a mes, un traballo máis arduo que o dunha grabación dun disco normal, xa que cada vez comeza o proceso desde o comezo. Un xeito diferente de presentar a súa música, pero coa esencia da compañía como selo de identidade. Neste instituto ribeirense ya puidemos gozar dun adianto desde directo, pero moi pronto poderemos ver á Compañía do Ruido presentando sobre os escenarios Doce Meses, Doce Punchis, será a partir do mes de abril.
Etiquetado como Barbanza    Ribeira    ies numero 1    compania do ruido    Concerto    12 meses 12 punchis    Música    Cultura    suso bello   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O proxecto de remodelación do mirador da Pedra da Rá opta a outro premio
    RIBEIRA> A obra de remodelación do mirador da Pedra da Rá en Ribeira volve a optar a un novo galardón, despois de facerse cos Premios FAD de Arquitectura e COAG do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Esta vez opta ós VII Premios de Arquitectura Ascensores Enor. A obra deseñada por Carlos Seoane atópase entre as 21 obras finalistas a este certame cuxo fallo darase a coñecer no mes de novembro. Xunto ó miradoiro de Pedra da Rá, optan ó galardón o Museo das Coleccións Reais de Madrid, a Escola de Arquitectura do Antigo Hospital Militar de Granada ou o Auditorio de Lugo, entre outras.
  • Rianxo en Común critica o retraso na presentación dos orzamentos municipais
    RIANXO> Dende a formación acusan ó executivo de estar a incumprir a legalidade que obriga a telos presentados antes do 31 de decembro do ano anterior.
  • Os cativos de Ribeira descobren a súa vocación na Semana dos Oficios
    RIBEIRA> A escola infantil municipal ‘Cativos’ de Ribeira celebra a Semana dos Oficios. Os pequenos reciben a visita dalgúns pais de alumnos que lles desvelan os segredos das súas respectivas profesións.
  • O PP da Pobra demanda unha nova ampliación do polígono da Tomada
    POBRA> O PP da Pobra levará ó pleno deste xoves unha moción solicitando que se inicien os trámites para a ampliación do polígono industrial da Tomada. Na actualidade, xa están ocupadas o noventa por cento das parcelas que habilitaron na segunda fase.
  • Deteñen a un mariñeiro polaco por causar destrozos na residencia de Ribeira
    RIBEIRA> Susto na residencia do maior de Ribeira que esta fin de semana foi vítima dun acto vandálico.
  • Comezan as obras do novo vial no Hospital da Barbanza
    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do inicio das obras de rectificación do vial situado a carón da área de Urxencias do Hospital da Barbanza. A actuación, cun orzamento de máis de 45 mil euros, permitirá unha vez concluída poder iniciar as obras de ampliación do complexo hospitalario, ó incorporarse nela a zona cuberta pola que actualmente entraban as ambulancias. As obras Terán un prazo de execución dun mes e a seu custe será asumido polas propias arcas municipais.
HomeBARBANZA - NOIAOs "12 meses, 12 punchis" da Compañía do Ruido Top of Page

Síguenos en facebook