09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Desartellado un novo punto de venda de droga en Ribeira

Mar 20 Escrito por 
RIBEIRA> O operativo desenvolvido pola Policía Nacional en Aguiño saldouse con dous detidos e a intervención de preto de 160 gramos de cocaína e de 130 de heroína, así como diversos efectos e diñeiro en metálico.
Axentes da Policía Nacional de Ribeira procederon á detención de dous veciños da localidade, de 36 e 46 anos de idade respectivamente por un presunto delito de tráfico de drogas. As detencións foron realizadas en Aguiño, despois de varios meses de investigación. No momento do arresto , un dos dous prendidos portaba entre as súas roupas 19 gramos de cocaína en e 18 de heroína preparadas para a súa distribución e venda. Ademais nos rexistros levados a cabo en varias vivendas de Aguiño e Ribeira intervíronlles outros 143 gramos de cocaína, 120 de heroína, preto de dous quilos de marihuana e cinco gramos e medio de haxix. No operativo, os axentes tamén se fixeron con difersos efectos empregados na elaboración das drogas como substancia de corte, básculas de precisión, unha prensa hidráulica, varios teléfonos móviles, un vehículo e uns 8.400 euros en efectivo en billetes de diverso valor. Tamén localizaron unha plantación de marihuana con sistema de ventilación, rego, transformadores e iluminación, con unhas 311 plantas. Os dous detidos xa contan con antecedentes policiais por tráfico de drogas e delitos contra a propiedade.
Etiquetado como Barbanza    Ribeira    sucesos    droga    punto negro    trafico estupefacientes    Policía Nacional    Aguiño    Detencións   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Ribeira acollerá este sábado o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo
    RIBEIRA> Na proba tomarán parte os mellores taekwondistas galegos que agardan poder obter praza para o Nacional. O pavillón municipal da Fieiteira converterase este sábado pola mañá no centro de tódalas miradas para os afeccionados ó taekwondo coa disputa do Campionato Galego Absoluto. A cita está organizada polo club anfitrión, o Natural Sport e a Federación Galega de Taekwondo, e conta coa colaboración do propio Concello. No campionato tomarán parte un total de 25 clubs, ó redor de cento vinte loitadores, que competirán en distintos pesos e categorías. Del sairán ademais os representantes galegos que acudirán ó nacional. O club anfitrión participará neste torneo con varios loitadores, agardando facer un bo papel e repetir os éxitos acadados en anos anteriores, aínda que nesta ocasión non van de favoritos. Dende o executivo local destacaron a importancia que ten para a localidade o feito de poder acoller este tipo de probas, animando ós veciños a acudir ese día ó pavillón municipal. Aproveitarase este campionato para dedicalo tamén ó rexeitamento da violencia de xénero.
  • O PP pide explicacións sobre os usos da antiga escola do Camiño Ancho
    POBRA> Os populares denuncian que está a ser empregada coma vivenda social sen aprobarse aínda un regulamento municipal sobre os seus usos. Despois de presentar a correspondente denuncia na Policía Local, na que se constata a veracidade dos feitos. O PP decidiu presentar no Concello un escrito no que lle solicita ó goberno municipal a autorización outorgada a esa persoa para o uso desa dependencia municipal ou se as instalacións cumpren cos requisitos legais para o seu uso coma vivenda. Dende o Concello quixeron aclarar esta situación. O alcalde confirmou de que non é a primeira vez que se dá, e en anteriores ocasións xa se acolleu a outros veciños sen recursos ou que estaban pasando por dificultades.
  • Galicia disporá dun catro por cento máis de posibilidades de pesca no 2018
    GALICIA> As cotas pesqueiras para o 2018 permitirán á flota galega pescar un catro por cento máis. Así o destacou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen representou ás comunidades autónomas no debate da comisión europea de Pesca.
  • A Pobra acollerá este sábado un espectáculo de homenaxe a Valle e a García Martí
    POBRA> A actividade, organizada pola Asociación Cultural Eiradela, mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional . ‘Un mar de historias de Valle-Inclán a García Martí’. Este é o novo espectáculo que nos ofrece a asociación Cultural Eiradela, que será presentado ó público este próximo sábado ás oito da tarde no teatro Elma. A proposta xurde ademais para homenaxear a dous dos escritores máis ilustres. O espectáculo mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional, así como fotografía, xa que se proxectarán imaxes antigas, moitas delas dos propios fondos do museo Valle-Inclán. O espectáculo dará comezo ás oito da noite. A entrada será de balde ata completar aforo.
  • O GALP Ría de Arousa promove a reciclaxe entre os máis pequenos
    RIBEIRA> O Barbanza volverá acoller este ano numerosas actividades de sensibilización medioambientel promovidas polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa. Os escolares serán os protagonistas destas xornadas que tratarán sobre a reciclaxe e a limpeza de praias.
  • Cinco colexios e unha asociación cultural colaboran no festival de Cáritas de Ribeira
HomeBARBANZA - NOIADesartellado un novo punto de venda de droga en Ribeira Top of Page

Síguenos en facebook