• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Mar centra as súas liñas de traballo na colaboración directa co sector

Mar 21 Escrito por 
BARBANZA> A Consellería do Mar seguirá a apostar pola colaboración directa co sector no seu plano de actuación ata o 2020. Rosa Quintana comprometeuse á elaboración dun informe anual coas inquedanzas dos profesionais para o seu debate parlamentario.
A Conselleira do Mar comparecía no Parlamento para dar conta das liñas xerais de traballo do seu departamento de aquí a 2020. O denominador común de tódalas actuacións será o diálogo e a cooperación co sector establecendo un modelo de cogobernanza para axilizar a relación entre a administración e os profesionais. Unha das principais medidas para favorecer esta colaboración será a elaboración dun informe anual do Consello Galego de Pesca onde se reflictan as principais inquedanzas do sector. Inquedanzas entre as que destacan a consecución dunha maior competitividade da flota pesqueira. De aí, a necesidade de seguir vixilantes ante a negociacións das cotas pesqueiras en Europa, o regulamento de medidas técnicas e de control ou a normativa sobre a eliminación dos descartes. Nesta mesma liña, Rosa Quintana destacou o seu compromiso coa pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura a través de medidas que doten de maior seguridade a estes subsectores e favorezan un incremento da súa produción. As melloras na comercialización dos produtos, a garantía da seguridade no mar, o investimento nas infraestruturas portuarias ou a loita contra a contaminación mariña son outros dos eixos fundamentais que marcarán a folla de ruta de Mar, de aquí ó final da lexislatura.
Etiquetado como Marítima Pesca Marisqueo    consellería do mar    Rosa Quintana   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Mar mellora o seu equipo ante puntuais episodios de contaminación mariña
    VILAGARCÍA> A conselleira do Mar estivo en Vilagarcía. Alí participou na xornada formativa para o emprego dos traxes de protección nuclear, biolóxica e química para episodios de contaminación mariña.
  • A escaseza de polbo dispara os prezos no mes de maior demanda
    A escaseza de capturas de polbo no mercado galego provocou unha escalada dos prezos deste cefalópodo que chegou a alcanzar os quince euros. A pesar destas contías non aptas para moitos petos, o produto segue tendo moita saída neste mes de agosto cando se incrementa notablemente a demanda. Off A pesar do bo arranque nas dúas primeira semanas trala veda, a campaña do polbo está a atravesar peores momento dada a escaseza do recurso. Tanto é asi, que algunhas embarcacións optaron por cambiar de arte. Inserto Escasean as capturas nun mes no que aumenta a demanda, especialmente por parte do sector hostaleiro. Estes dous factores inflúen no prezo que nas últimas semana acadou unha media de quince euros. Aínda así, os profesionais agardan a que a situación mellore da cara ós próximos meses, ó igal que acontecera o pasado ano cando a aparición de abundante cefalópodo a partir do mes de outubro fixo que se pechara a campaña cun dos mellores resultados dos últimos anos.
  • Feijóo apela ó traballo conxunto para afrontar os retos de futuro da pesca galega
    BARBANZA> O presidente da Xunta mantivo unha xuntanza co Consello Galego de Pesca para analizar os retos de futuro do sector. Alberto Núñez Feijóo apelou ó traballo conxunto para afrontar temas trascendentais como o Brexit, a negociación das cotas ou a flexibilidade nos descartes.
  • A lonxa de Ribeira pecha o primeiro semestre do ano con récord de facturación
    RIBEIRA> O primeiro semestre do ano deixa un balance máis que positivo na lonxa de Ribeira. Máis de catorce millóns de quilos descargados que se traduciron nunha facturación superior ós dezanove millóns de euros.
  • Os Cruceiros Costeiros de Galicia amplían a súa oferta
    SANXENXO> Este mércores presentáronse en Sanxenxo as novas ofertas dos "Minicruceiros costeiros polas Rías de Galicia" para esta campaña 2017-2018. Un acto ao que asistiron numerosas personalidades políticas e empresariais.
  • Galicia representará á España ante a UE en materia de Pesca
    GALICIA> Galicia volverá representar ás comunidades españolas ante a Unión Europea en materia de Pesca. Así o acordou o Consello Consultivo de Política Pesqueira despois de que Castela León, a quen lle correspondía a representación neste semestre, cedera o seu posto a Galicia.
HomeBARBANZA - NOIAMar centra as súas liñas de traballo na colaboración directa co sector Top of Page

Síguenos en facebook