• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Un espectacular incendio destrúe case por completo un cámping en Boiro

Mar 28 Escrito por 
BOIRO> O suceso producíase esta pasada noite. Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais, aínda que as perdas materiais si foron cuantiosas.
Os bombeiros de Boiro comprobaban esta mañá o estado no que quedaron as instalacións do camping, asentado á beira da praia de Mañóns, despois do incendio. A simple vista numerosos danos materiais o que evidencia a virulencia coa que actuaron as lapas. Arderon varias carabanas e o bar existente no seu interior. O lume orixinábase onte pola noite ó redor das dez. As lapas foron avanzando con gran rapidez e voracidade…e minutos despois…un forte estoupido provocado ó parecer por unha das bombonas de gas existente no interior das instalacións causaba unha gran alarma entre os numerosos curiosos que se achegaron ata a zona… Ata o lugar do suceso achegáronse rápidamente efectivos do parque de bombeiros de Boiro e Ribeira que estiveron traballando para tratar de controlar o incendio por máis de dúas horas, impedindo que os danos foran a máis. A Garda Civil investiga agora as posibles causas do incendio, e non se descarta que o lume puidera ser intencionado. O cámping afectado polo lume pertence a unha asociación privada de campistas.
Etiquetado como Barbanza    Boiro    sucesos    incendio    explosion    bombona    camping    lapas    Mañóns    Bombeiros   
Modificado por última vez no Mércores, 29 Marzo 2017 12:57

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAUn espectacular incendio destrúe case por completo un cámping en Boiro Top of Page

Síguenos en facebook