09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A Deputación retoma a mellora da estrada de Cespón a Vidres

Mar 28 Escrito por 
BOIROa A Deputación da Coruña acometerá a mellora da estrada de Cespón a Vidres en Boiro. Investiranse preto de oitocentos mil euros, dos cales cento cincuenta mil irán destinados á expropiación de terreos.
O proxecto de ensanchamento e mellora do trazado desta vía, moi transitada pola súa conexión co centro arqueolóxico de Neixón, iniciárase xa hai anos, durante o anterior mandato bipartito da Deputación. Segundo o BNG, a actuación quedou paralizada co cambio de goberno provincial a pesar do avanzado da tramitación para acometer a obra. As obras que contan cun prazo de exución de dez meses consistirán na ampliación da calzada ata cinco metros e a redución dalgunhas curvas moi pronunciadas que suponen un risco para a seguridade. Ademais desta actuación, o BNG de Boiro solicita tamén outras melloras en seguridade viaria na parroquia como a dotación de beirarrúas entre San Roque e Agüeiros. A deputada provincial comprometeuse a trasladar as demandas dos compañeiros de Boiro ó goberno da Deputación para conseguir a partida necesaria para esta actuación.
Etiquetado como Boiro    Barbanza    Bng    Deputación A Coruña   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O BNG anuncia no Hospital do Salnés que presentará unha emeda de devolución á Lei de Saúde
    VILAGARCÍA > O BNG presentará no Parlamento de Galicia unha emeda de devolución á Lei de Saúde, aprobada hai uns días no Consello da Xunta. Nunha xuntanza con persoal do Hospital do Salnés, a voceira nacional do Bloque denunciou que coa nova lei o goberno galego pretende converte-lo centro nun “gran ambulatorio” sen as prestacións propias dun hospital. O BNG cualifica a nova Lei de Saúde de “atentado á sanidade pública”. Durante unha xuntanza coa Xunta de Persoal do Hospital do Salnés, os nacionalistas anunciaron que van presentar no Parlamento galego unha emenda de devolución á norma, aprobada hai uns días polo Consello da Xunta. Segundo indican, no texto evidénciase que o obxectivo do Partido Popular non é outro que o desmantelamento e o deterioro do sistema sanitario, para favorecer dese xeito a sanidade privada. A voceira nacional do Bloque lamentou que o PP se opuxera a aumenta-lo cadro de persoal do hospital e tamén o número de celadores. Ante esta situación e coa nova lei pendente de inicia-lo seu trámite parlamentario, a Xunta de Persoal do centro reivindica o dereito a que a comarca conte coa mellor das sanidades. A vindeira semana celebrarase unha nova xuntanza para determina-las novas liñas de actuación da plataforma en defensa da sanidade pública.
  • Ribeira acollerá este sábado o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo
    RIBEIRA> Na proba tomarán parte os mellores taekwondistas galegos que agardan poder obter praza para o Nacional. O pavillón municipal da Fieiteira converterase este sábado pola mañá no centro de tódalas miradas para os afeccionados ó taekwondo coa disputa do Campionato Galego Absoluto. A cita está organizada polo club anfitrión, o Natural Sport e a Federación Galega de Taekwondo, e conta coa colaboración do propio Concello. No campionato tomarán parte un total de 25 clubs, ó redor de cento vinte loitadores, que competirán en distintos pesos e categorías. Del sairán ademais os representantes galegos que acudirán ó nacional. O club anfitrión participará neste torneo con varios loitadores, agardando facer un bo papel e repetir os éxitos acadados en anos anteriores, aínda que nesta ocasión non van de favoritos. Dende o executivo local destacaron a importancia que ten para a localidade o feito de poder acoller este tipo de probas, animando ós veciños a acudir ese día ó pavillón municipal. Aproveitarase este campionato para dedicalo tamén ó rexeitamento da violencia de xénero.
  • O PP pide explicacións sobre os usos da antiga escola do Camiño Ancho
    POBRA> Os populares denuncian que está a ser empregada coma vivenda social sen aprobarse aínda un regulamento municipal sobre os seus usos. Despois de presentar a correspondente denuncia na Policía Local, na que se constata a veracidade dos feitos. O PP decidiu presentar no Concello un escrito no que lle solicita ó goberno municipal a autorización outorgada a esa persoa para o uso desa dependencia municipal ou se as instalacións cumpren cos requisitos legais para o seu uso coma vivenda. Dende o Concello quixeron aclarar esta situación. O alcalde confirmou de que non é a primeira vez que se dá, e en anteriores ocasións xa se acolleu a outros veciños sen recursos ou que estaban pasando por dificultades.
  • Galicia disporá dun catro por cento máis de posibilidades de pesca no 2018
    GALICIA> As cotas pesqueiras para o 2018 permitirán á flota galega pescar un catro por cento máis. Así o destacou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen representou ás comunidades autónomas no debate da comisión europea de Pesca.
  • A Pobra acollerá este sábado un espectáculo de homenaxe a Valle e a García Martí
    POBRA> A actividade, organizada pola Asociación Cultural Eiradela, mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional . ‘Un mar de historias de Valle-Inclán a García Martí’. Este é o novo espectáculo que nos ofrece a asociación Cultural Eiradela, que será presentado ó público este próximo sábado ás oito da tarde no teatro Elma. A proposta xurde ademais para homenaxear a dous dos escritores máis ilustres. O espectáculo mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional, así como fotografía, xa que se proxectarán imaxes antigas, moitas delas dos propios fondos do museo Valle-Inclán. O espectáculo dará comezo ás oito da noite. A entrada será de balde ata completar aforo.
  • O GALP Ría de Arousa promove a reciclaxe entre os máis pequenos
    RIBEIRA> O Barbanza volverá acoller este ano numerosas actividades de sensibilización medioambientel promovidas polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa. Os escolares serán os protagonistas destas xornadas que tratarán sobre a reciclaxe e a limpeza de praias.
HomeBARBANZA - NOIAA Deputación retoma a mellora da estrada de Cespón a Vidres Top of Page

Síguenos en facebook