• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O CRA de Rianxo achega a ciencia ós máis pequenos

Mar 29 Escrito por 
RIANXO> Achegar a ciencia ós máis pequenos. Ese é o obxectivo do Centro Rural Agrupado de Rianxo que acolleu unha xornada divulgativa sobre a oceanógrafa Ánxeles Alvariño.
Máis dun cento de cativos de Rianxo coñeceron un pouco máis de preto a figura de Ánxeles Alvariño. Muller, galega e científica que se converteu nun dos principais nomes da Oceanografía a tódolos niveis. A través dun conto e unha proxección audiovisual, os nenos realizaron un percorrido polos seus numerosos descubrementos. Esta xornada, celebrada no Centro Rural Agrupado de Rianxo, enmárcase no ciclo de actividades organizado polo CRA sobre persoeiros ilustres. Entre os seus principais obxectivos destaca o de divulgar a ciencia entre os nenos, a través de actividades lúdicas. Así, os experimentos realizados no laboratorio espertaron o interese e a curiosidade destes pequenos científicos en potencia. A xornada rematou cunha nova edición do programa ‘Ponlle as pilas ó teu bocata’ promovido pola Consellería do Mar para fomentar hábitos de vida saudables a través do consumo de productos pesqueiros dende a infancia.
Etiquetado como Rianxo    Barbanza    Ciencia    Educación   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAO CRA de Rianxo achega a ciencia ós máis pequenos Top of Page

Síguenos en facebook