• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Lousame, a Pobra e Rianxo xa dispoñen de novo material para a loita contra a vespa velutina

Mar 30 Escrito por 
LOUSAME>A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, fíxolle entrega os alcaldes destes concellos de tres pértegas que permitirán a eliminación dos niños a gran altura.
A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, entregou ós concellos de Lousame, Pobra do caramiñal e Rianxo diverso material de loita contra a vespa velutina, ó ser os tres municipios colaboradores do Plan de vixilancia e control desta especie invasora.. Neste caso trátase dunha pértega de 27 metros de lonxitude que se empregará para a retirada ou inactivación daqueles niños existentes a gran altura. Segundo explicou a propia Belén do campo a entrega deste material por parte da Xunta súmase ó xa distribuido noutros concellos colaboradores, onde tamén se están entregando trampas e doses de líquido atraente, co obxectivo de capturar as raíñas que saen precisamente nesta época da súa hibernación e impedir así a formación de novos niños. Os tres concellos agradeceron a entrega deste material que será empregado polas respectivas agrupacións de voluntarios de Protección Civil, os cales aproveitaron tamén a ocasión para solicitar a realización de cursos de formación para o manexo deste novo material, así como tamén cursos básicos e de especialización para a eliminación desta especie invasora que está a causar unha gran alarma social.
Etiquetado como Barbanza    Lousame    Rianxo    Pobra do Caramiñal    reparto    material    pertegas    Consellería Medio Rural    Belén do Campo    vespa velutina   
Modificado por última vez no Xoves, 30 Marzo 2017 18:01

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Boiro Novo pide mellorar os problemas de climatización da escola infantil do Saltiño
    BOIRO> Boiro Novo levará ó Parlamento, a través do grupo de En Marea, os problemas de climatización na Escola Infantil do Saltiño. Segundo apuntan dende a súa posta en funcionamento, no curso 2015-2016, as instalacións presentan este problema debido ás altas temperaturas que se rexistran no edificio, especialmente nos días de moito sol, provocando situacións incómodas nos nenos que poden mesmo ocasionar problemas de saúde. Por esta razón pídenlle á Xunta a instalación dun sistema de climatización que dea solución a estes problemas.
  • Calidade e excelencia resumen a xestión da Marina Cabo de Cruz
    BOIRO> O presidente de Portos de Galicia participou no izado das bandeiras azuis e Q de calidade no Náutico de Cabo de Cruz. O porto deportivo recibe estes distintivos por quinto ano consecutivo, en recoñecemento á excelencia na xestión e na calidade ambiental.
  • Ribeira quenta motores para a concentración tunning desta fin de semana
    RIBEIRA> Entre cincuenta e sesenta coches participarán na oitava concentración tunning Riveira. Terá lugar o un e o dous de xullo na explanada de Coroso, onde se entregarán ó redor de oitenta trofeos entre os participantes.
  • O PSOE de Lousame pide que os inmobles con usos agropecuarios non paguen o IBI
    LOUSAME> O PSOE de Lousame está a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas para conseguir a redución completa do IBI para aquelas propiedades destinadas a usos agropecuarios. Instan ó goberno municipal a establecer a máxima bonificación para este tipo de infraestruturas nun concello eminentemente rural.
  • O ciclo 'Chanzas na Rúa' levará a Ribeira a catro dos mellores monologuistas galegos
    RIBEIRA> Este venres arranca en Ribeira o novo ciclo de monólogos Chanzas na Rúa. Catro humoristas levarán ó seu espectáculo a diferentes prazas da vila ó longo de todo o mes.
  • O condutor dunha motocicleta resulta ferido en Frións
    RIBEIRA> No accidente, que tiña lugar na estrada DP-7301 que une Xarás con Carreira, víronse implicados un turismo e unha motocileta. O suceso producíase ó redor das once e media desta mañá, na estrada DP-7301 que une Xarás con Carreira, no lugar de Frións, a escasos metros do Instituto Leliadoura. No accidente víronse implicados unha motocicleta de gran cilindrada e un turismo. Por causas polo de agora descoñecidas, que están a ser investigadas polo grupo de Atestados da Garda Civil de Tráfico, a moto colidiu lateralmente contra o vehículo. Ata o lugar do suceso achegáronse efectivos da Policía Local e do Grupo Municipal de Emerxencias, así como unha ambulancia do 061, que se encargou de trasladar ó condutor da motocicleta ata o hospital, aparantemente en bo estado. A condutora do outro vehículo resultou ilesa. Durante varias horas, mentres se procedeu á realización dos traballos de retirada dos vehículos implicados no choque e tamén a limpeza da vía, a estrada estivo regulada polos axentes da Garda Civil de Tráfico.
HomeBARBANZA - NOIALousame, a Pobra e Rianxo xa dispoñen de novo material para a loita contra a vespa velutina Top of Page

Síguenos en facebook