• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Boiro e Multivera pelexarán en Barraña por saír dos postos de descenso

Mar 31 Escrito por 
BOIRO> O Club Deportivo Boiro recibe este domingo en Barraña ó Mutilvera. Os dous equipos chegan a esta xornada en idéntica situación. O Boiro ocupa a última das prazas de descenso directo. Son décimo sétimos con 33 puntos. E os navarros en postos de promoción de descenso. Son décimo sextos cun punto máis, 34. O factor cancha no choque pode ser determinante.
Duelo apaixonante o que se vivirá en Barraña este próximo domingo. Boiro-Mutilvera. No campo enfróntase dous rivais en apuros. O equipo local ocupa a última das prazas de descenso directo. Son décimo sétimos con 33 puntos, mentres que os navarros en postos de promoción de descenso. Son décimo sextos cun punto máis, 34. Despois dunha semana convulsa, na que o adestrador presentou a súa renuncia e posteriormente volveu facerse cargo do Club, e na que se tomou tamén a decisión de apartar do grupo a Herbert e Manu Rodríguez, os boirenses agardan poder enderezalo rumbo e acadar un trunfo que lles permita saír dos postos de descenso directo. Nos últimos cinco partidos, só unha vitoria, o resto dous empates e dúas derrotas. Ante si un rival que chega cos mesmos apuros. A súa situación non é moito mellor. Ocupan a praza de promoción de descenso cun punto máis que os boirenses, 34, polo que o choque preséntase igualado. Dase a circunstancia tamén que nesta xornada os seis últimos clasificados enfróntanse entre si, polo que unha vitoria do Boiro sería vital de cara a acadar a ansiada permanencia e deixar a outros equipos por debaixo del na clasificación. O inicio do encontro está fixado para as seis da tarde. Polo que respecta ó resto de choques dos equipos galegos destacar o encontro que medirá á Cultural Leonesa co Celta B, ou o que é o mesmo primeiro contra segundo, ou o que enfrontará á Ponferradina co Pontevedra. O Coruxo xogará co Racing de Santander, o Somozas recibirá ó Palencia e o Racing de Ferrol medirase ó Tudelano.
Etiquetado como Boiro    Barbanza    Deportes    Fútbol   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIABoiro e Multivera pelexarán en Barraña por saír dos postos de descenso Top of Page

Síguenos en facebook