09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Víctor Senra imponse na 33 edición do Rally de Noia

Abr 03 Escrito por 
NOIA> O piloto de Dumbría foi o claro dominador da proba disputada esta pasada fin de semana. Por detrás del quedaron, por esta orde, Alberto Meira e Iago Caamaño.
O piloto Víctor Senra adxudicouse con total claridade a 33 edición do Rally Ría de Noia. Unha proba marcada fundamentalmente polas malas condicións metereolóxicas existentes, o que aumentou a perigosidade e tamén a espectacularidade dalgún tramo. A chuvia caída durante a noite do venres ó sábado provocou que o asfalto estivera mollado, dándolle maior vistosidade á carreira. Esa circunstancia provocou ademais numerosas saídas de vía, aínda que ningunha de consideración. A carreira, valedeira para o Campionato Galego de Asfalto, era a terceira proba puntuable do ano despois da Coruña e Lalín. e acabou con tres pilotos que actualmente lideran o Campionato enriba do podio. O vencedor foi Víctor Senra, a priori o favorito para o trunfo, con pleno de vitorias nas tres carreiras disputadas ata o de agora no Galego. Foi o dominador da proba de principio a fin, con cinco vitorias dos oito treitos en competición. Por detrás del en segundo lugar quedou Alberto Meira e en terceira posición Iago Caamaño. En canto ós vencedores no resto de categorías destacar a vitoria de Daniel Berdomás na Copa Volante FGA, e a de Alberto Nimo que se facía coa Copa Top Ten Pirelli. Como é habitual o rally congregou a numeroso público, principalmente durante a xornada do sábado á tarde, que se achegou ata as diferentes estradas secundarias polas que se desenvolvía a carreira para non perderse nada do espectáculo. A organización, a cargo da Escudaría Berberecho, como vén sendo costume, volveu a estar de dez, e non se produciron incidentes de consideración, cunha especial atención nas medidas de seguridade tanto para pilotos como para afeccionados.
Etiquetado como MurosNoia    Noia    motor    rally de noia    victor senra    alberto meira    iago caamano    Escudería Berberecho    campionato galego de asfalto   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Noia inicia a consolidación de estruturas na Chaínza
    NOIA> Iniciadas as obras de consolidación da antiga fábrica da Chaínza, en Noia. Mentres se desenvolven os traballos iniciais, o executivo traballa xa na busca de financiamento para a reforma integral deste inmoble que se destinará a diversos usos culturais e turísicos.
  • Noia acolle unha gala benéfica de patinaxe en favor de Manos Unidas
    NOIA> O pavillón municipal de Noia acollerá este domingo unha Gala Benéfica de Patinaxe. Tódolos fondos recadados a través dos donativos destinaranse ó proxecto educativo que desenvolve Manos Unidas en Tánger.
  • Presentada a primeira edición do Trail e da Andaina San Silvestre-Minas de San Finx
    LOUSAME> Os dous eventos deportivos a celebrar o 30 de decembro terán ademais un carácter solidario, xa que todo o recadado irá a parar á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. Lousame acollerá o próximo 30 de decembro dúas probas nas que se mestura deporte, natureza, patrimonio e solidariedade. Será na primeira edición do trail e da andaina San Silvestre Lousame-Minas de San Finx. A andaina terá lugar pola mañá, e o trail desenvolverase pola tarde. En ambos casos, o percorrido será duns 16 quilómetros, con saída no poboado das Minas de San Finx e meta no polideportivo Pilar Barreiro Senra. Dende o Concello fixeron un chamamento á participación nestas dúas probas, que servirán ademais para dar a coñecer a beleza do municipio. Ademais as dúas probas terán un carácter solidario, xa que todo o recadado polas inscricións, 5 euros pola andaina e 12 polo trail, irá destinado integramente á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. As inscricións tanto para a andaina como para o trail poden realizarse a través da web www.emesports.es. O prazo rematará o martes 26 de decembro. Dende a organización agradeceron a implicación dos patrocinadores destas dúas probas, xa que sen a súa colaboración sería impensable poder levalas a cabo.
  • O executivo sonense busca solucións ós problemas de desabastecemento de auga
    PORTO DO SON> O alcalde considera que é unha das máximas prioridades de cara ó vindeiro ano. A pesar das chuvias caídas estes días, son moitos os concellos que seguen a padecer os problemas derivados da seca. Un exemplo témolo en Porto do Son. Neste Concello o executivo estuda a realización á máxima urxencia posible de dous proxectos de cara a mellorar o actual servizo de abastecemento, e evitar que a situación se converta en crítica para o ano que vén. As dúas solucións serían custosas e precisaríase a implicación doutras Administracións. Por unha banda traer a auga dende os depósitos que o concello veciño de Ribeira posúe en Moldes. A outra solución viría da captación de auga do río Tambre. Unha actuación esta última de carácter comarcal e que serviría ademais para mellorar o servizo noutros concellos da zona como son Noia, Lousame ou Outes. Este pasado verán o Concello viuse obrigado a ter que tomar medidas extraordinarias ante a escaseza de auga, como cortar a auga das duchas nas praias ou reducir o rego nas zonas axardinadas e os baldeos de rúas. Aínda así a situación non se limitou unica e exclusivamente ós meses de verán e mesmo houbo que abastecer de auga con camións cisterna a varias vivendas da parroquia de San Pedro de Muro. Dende o BNG criticaron a mala xestión que está a realizar o equipo de goberno desta situación e da necesidade de recuperar a auga do río Sieira, da que actualmente se aproveita o Concello de Ribeira. A voceira desta formación política, Ánxela Franco, considera que a medida podería dar solución precisamente ós veciños da parroquia de San Pedro de Muro.
  • A campaña marisqueira de Noia bate récords de facturación ás portas do Nadal
    NOIA> A campaña marisqueira de Noia preséntase como unha das melloras dos últimos anos. Polo momento, a facturación xa supera ó total do exercicio anterior. Todo iso, a pesar do peche pola toxina que se prolongou case un mes e á espera de contabilizar os beneficios que deixará a campaña de Nadal.
  • Cáritas axudará a máis dun cento de familias a pasar un bo Nadal
    NOIA> Cáritas de Noia atenderá a máis de trescentas persoas durante esta Nadal. A campaña de recadación de fondos e de recollida de alimentos destas datas supón un reforzo da actividade que desenvolven durante todo o ano. Neste 2017 levan repartidas trinta toneladas de alimentos e catro de roupa.
HomeBARBANZA - NOIAVíctor Senra imponse na 33 edición do Rally de Noia Top of Page

Síguenos en facebook