• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Pouca ameixa na apertura da campaña marisqueira en Ribeira

Abr 03 Escrito por 
RIBEIRA> Os mariscadores de Ribeira volvían esta luns ás súas concesións. A pesar de traballar nun banco de Coroso, que levaba máis de medio ano pechados, constataron a escaseza de ameixa. Haberá que agardar ós próximos días para ver como segue a desenvolverse a campaña.
Pouca ameixa na reapertura da campaña marisqueira en Ribeira. Os mariscadores faenaron nun banco na zona de Coroso que levaba pechada máis de medio ano. Semella que este tempo non foi dabondo para rexenerar porque na primeira xornada apenas chegaron a coller os topes, de quince quilos por tripulante. A pesar deste mal arranque, algúns profesionais teñen mellores perspectivas de futuro. Na primeira parada, o quilo roldou os nove euros. A clave da campaña estará na evolución dos prezos condicionados pola proximidade dos festivos, que soen incrementar as cotizacións, pero tamén pola apertura das concesións na illa de Arousa, onde os prezos quedaban un euro por debaixo que na rula ribeirense. A maior presenza de produto no mercado pode ter o efecto contrario.
Etiquetado como Ribeira    Barbanza    Marítima Pesca Marisqueo    Ameixa   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O proxecto de remodelación do mirador da Pedra da Rá opta a outro premio
    RIBEIRA> A obra de remodelación do mirador da Pedra da Rá en Ribeira volve a optar a un novo galardón, despois de facerse cos Premios FAD de Arquitectura e COAG do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Esta vez opta ós VII Premios de Arquitectura Ascensores Enor. A obra deseñada por Carlos Seoane atópase entre as 21 obras finalistas a este certame cuxo fallo darase a coñecer no mes de novembro. Xunto ó miradoiro de Pedra da Rá, optan ó galardón o Museo das Coleccións Reais de Madrid, a Escola de Arquitectura do Antigo Hospital Militar de Granada ou o Auditorio de Lugo, entre outras.
  • Rianxo en Común critica o retraso na presentación dos orzamentos municipais
    RIANXO> Dende a formación acusan ó executivo de estar a incumprir a legalidade que obriga a telos presentados antes do 31 de decembro do ano anterior.
  • Os cativos de Ribeira descobren a súa vocación na Semana dos Oficios
    RIBEIRA> A escola infantil municipal ‘Cativos’ de Ribeira celebra a Semana dos Oficios. Os pequenos reciben a visita dalgúns pais de alumnos que lles desvelan os segredos das súas respectivas profesións.
  • O PP da Pobra demanda unha nova ampliación do polígono da Tomada
    POBRA> O PP da Pobra levará ó pleno deste xoves unha moción solicitando que se inicien os trámites para a ampliación do polígono industrial da Tomada. Na actualidade, xa están ocupadas o noventa por cento das parcelas que habilitaron na segunda fase.
  • Deteñen a un mariñeiro polaco por causar destrozos na residencia de Ribeira
    RIBEIRA> Susto na residencia do maior de Ribeira que esta fin de semana foi vítima dun acto vandálico.
  • Comezan as obras do novo vial no Hospital da Barbanza
    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do inicio das obras de rectificación do vial situado a carón da área de Urxencias do Hospital da Barbanza. A actuación, cun orzamento de máis de 45 mil euros, permitirá unha vez concluída poder iniciar as obras de ampliación do complexo hospitalario, ó incorporarse nela a zona cuberta pola que actualmente entraban as ambulancias. As obras Terán un prazo de execución dun mes e a seu custe será asumido polas propias arcas municipais.
HomeBARBANZA - NOIAPouca ameixa na apertura da campaña marisqueira en Ribeira Top of Page

Síguenos en facebook