• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A Semana Santa de Porto do Son estreará un paso infantil

Abr 04 Escrito por 
PORTO DO SON> A capela da Atalaia acolleu a presentación dos actos da Semana Santa de Porto do Son. Ademais das citas habituais, o programa inclúe diversas novidades como un paso infantil ou a incorporación de mulleres costaleiras na procesión das Dores.
A Semana Santa sonense arranca este venres cunha misa na honra dos cofrades falecidos e a posterior procesión da Virxe das Dores. Esta cita incluirá como principal novidade a presenza de mulleres como porteadoras da imaxe. O domingo de Ramos conmemorarase a entrada triunfal de Xesús en Xerusalén e a bendición de palmas a partir das dez e media da mañá na praza de España. O martes día 11 terá lugar a procesión do Vía Crucis ás dez da noite. O Ecce Homo sairá o Xoves Santo. Rematada a procesión terá lugar a Hora Santa na igrexa parroquial ás once da noite.O venres santo a praza de España acollerá a escenificación do Santo Encontro a partir das once da mañá. Pola tarde terá lugar a cerimonia do Desencravo e traslado do corpo de Xesús cara o sepulcro coa procesión do Santo Enterro. Xa á noite, a partir das once, sairá a Virxe da Soedade. Os actos máis solemnes darán paso ó xúbilo do Domingo de Resurrección coa procesión de Xesús Glorioso que partirá ás dez e media da mañá da capela da Atalaia ata a praza de España. Este amplo programa de celebracións é posible grazas ó traballo da Cofradía da paixón do Noso Señor e de numerosos colaboradores tal e como quixo agradecer o alcalde de Porto do Son. Luís Oujo tivo un emotivo recordo para o anterior párroco Don José, que ata a súa morte, foi o mellor valedor da Semana Santa. Durante a presentación dos actos douse a coñecer tamén o libro da Semana Santa. Nesta edición recolle unha reseña sobre a figura de Roque Yáñez, escrita polo cronista Manuel Mariño. Este sonense, nacido en 1735, colaborou economicamente na construción de varios retablos e imaxes que hoxe acolle a capela.
Etiquetado como Porto do Son    MurosNoia    Semana Santa   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Noia acollerá do 3 ó 7 de xullo unha nova edición do Campus José Ángel Antelo
    NOIA> A actividade, organizada polo Club Baloncesto Noia en colaboración co Concello, está dirixidas a rapaces dos seis ós dezaseis anos. O próximo luns arrancará unha nova edición, e xa van doce do Campus de Baloncesto José Ángel Antelo. A actividade estará dirixida a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os seis e os dezaseis anos, que se inicien na práctica deste deporte ou desexen perfeccionar os seus coñecementos. José Ángel Antelo, xogador local, que lle dá nome ó Campus, participou tamén na presentación, anunciando que será parte importante da actividade. Dende o concello noiés, que colabora tamén na organización do campus, destacaron a importancia desta actividade, como o feito de poder contar cunha figura destacada no mundo do baloncesto a nivel nacional.
  • Máis dun cento de exemplares participarán no XVII Concurso Nacional Canino de Porto do Son
    PORTO DO SON> Os mellores cans de toda Galicia daranse cita este domingo en Porto do Son, onde se celebra a décimo sétima edición do Concurso Nacional Canino. A xornada previo terá lugar un monográfico sobre o dogo alemán con máis de cincuenta participantes.
  • O PSOE de Lousame pide que os inmobles con usos agropecuarios non paguen o IBI
    LOUSAME> O PSOE de Lousame está a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas para conseguir a redución completa do IBI para aquelas propiedades destinadas a usos agropecuarios. Instan ó goberno municipal a establecer a máxima bonificación para este tipo de infraestruturas nun concello eminentemente rural.
  • Noia converterase en Agosto na sede internacional da Arpa
    NOIA> Noia acollerá entre o dous e o catro de agosto o Festival Internacional de Arpa. Nesta cuarta edición destaca a alta participación de artistas locais que compartirán escenario coas máis grandes figuras internacionais nesta disciplina.
  • Oposición ó peche do CEIP Emilio de Navasqüés de Outes
    OUTES> A comunidade educativa anuncia que non parará ata conseguir a anulación da medida por parte de Educación. Con berros coma este....a comunidade educativa do CEIP Emilio de Navasqüés de Outes oponse á decisión da consellería de Educación de pechar o centro para o vindeiro curso escolar. Unha decisión que ninguén agardaba e que mesmo os colleu por sorpresa, na véspera do inicio das vacacións. Visiblemente emocionada a directora do colexio, Mercedes Cereijo, relatáballe ó resto de profesores, pais, familiares e veciños en xeral, que esta mañá acudiron en masa ó colexio atendendo a chamada realizada pola ANPA, como foi o anuncio desa drástica decisión da Xefatura Territorial, abrindo as portas á fusión co outro colexio do Concello, o CEIP da Serra de Outes. Dende a ANPA non entenden as razóns que levan a Consellería a tomar esta decisión sen previo aviso, máxime cando hai prevista unha matricula duns 72 nenos para o curso que vén. Tampouco entenden que dende o Concello se mire para outro lado e non se respalden as súas reivindicacións. A súa idea é seguir mobilizándose ata conseguir que se anule esta medida que consideran inxusta. Ademais dos escritos remitidos á Consellería demandando un cambio de postura na súa decisión, unha das primeiras accións a realizar foi a recollida de sinaturas de xeito presencial e tamén a través da plataforma change.org.
  • A Garda Civil intervén preto dos mil litros de Coca-Cola en Noia
    NOIA> A Patrulla Fiscal da Garda Civil de Noia procedeu á realización de varias inspeccións administrativas en distintos establecementos de Porto do Son e Noia. Netes locais interviron máis de 2.600 botellas de vidro e máis de 1.300 botes de Coca Cola por carecer da correspondente información ó consumidor en lingua oficial, sendo a súa posible orixe danesa ou francesa. Durante as inspeccións os axentes tamén se fixeron con 192 paquetes de tabaco de contrabando. Todo o material incautado foi precintado nos propios establecementos quedando a disposición da propia autoridade sancionadora.
HomeBARBANZA - NOIAA Semana Santa de Porto do Son estreará un paso infantil Top of Page

Síguenos en facebook