09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Portos mellorará o pavimento da rampla de varada de Aguiño

Abr 04 Escrito por 
RIBEIRA> Portos de Galicia investirá cincuenta mil euros na mellora do firme da rampla de varada en Aguiño. Esta actuación, que estará finalizada antes do verán, mellorará as condicións de traballo dos profesionais do mar que levaban tempo denunciando o seu deterioro.
O presidente de Portos de Galicia desprazouse ata o porto de Aguiño para anunciar a reparación da rampla de varada, actuación longamente demandada pola confraría da localidade. Esta non é a única mellora que o departamento autonómico acometerá proximamente no porto aguiñense. José Juan Durán anunciou que se dará resposta a unha serie de demandas formuladas polo patrón maior entre as que destaca a mellora da rede de alumeado ou a colocación de defensas nos puntos de atraque. O presidente de Portos lembrou que nos últimos anos se teñen acometido diversas actuacións no porto de Aguiño, especialmente no que respecta á consolidación das rampas de varada.
Etiquetado como Aguiño    Ribeira    Portos de Galicia   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Portos de Galicia dirixe o futuro da náutica galega
    GALICIA> Portos de Galicia aproveitou o seu paso polo salón náutico da Rochelle, en París, para definir a estratexia que seguirá o ente nos vindeiros anos no eido da náutica de recreo. Segundo explicou o seu presidente, José Juan Durán, que os portos acollan embarcacións de grandes esloras e captar os tránsitos de catamaráns, son algúns dos obxectivos. No Salón Náutico Internacional de París, Portos de Galicia asomouse ás últimas novidades que se están a dar no sector. A tendencia apunta a un crecemento das vendas de barcos de grandes esloras. Un nicho de mercado no que está interesado o ente autonómico. Outra das liñas de traballo na que se esforza o ente é na captación dos tránsitos de catamaráns. Un mercado cara o que Portos de Galicia está a dirixir a náutica dos vindeiros anos. O Salón Náutico Internacional de París rematará o vindeiro 10 de decembro.
  • Medio Ambiente avanza en Ribeira o contido do PRUX das Illas Atlánticas
    RIBEIRA> O concello de Ribeira acolleu unha nova xuntanza sobre o Plan de Xestión e Usos do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A directora xeral de Patrimonio avanzou ós axentes implicados as principais liñas desta proposta que busca compatibilizar as actividades económicas coa conservación do parque.
  • Amicos participa no programa Erasmus +
    RIBEIRA> Na experiencia, que busca a integración das persoas con algún tipo de diversidade funcional nas aulas, participan tamén colectivos de discapacidade de distintos paises europeos. A Asociación Amicos participa con outros colectivos de atención a persoas con discapacidade de Reino Unido, Turquía, Romanía, Portugal e Grecia nun proxecto denominado “O Cambio Comeza con nós” que persegue mellorar a inclusión das persoas con diversidade funcional nas aulas. No acto de presentación do programa participaron o Xefe Territorial da consellería de Educación, Indalecio Cabana, o aldalde de Ribeira, Manuel Ruiz, ou a propia presidenta de Amicos, Esther Vidal. Todos eles valoraron a importancia do proxecto e o feito de acadar unha integración real nas aulas. O proxecto, que constará de varias fases e encontros internacionais, desenvolverase ó longo dos dous próximos anos, na busca de solucións en común implementadas xa con éxito noutros países do noso entorno.
  • Convocada unha folga no servizo de medicina interna e HADO no Hospital do Barbanza
    RIBEIRA> A CIG vén de convocar unha folga nos servizos de garda da área de medicina interna e hospitalización a domicilio do hospital do Barbanza. Reclaman a presenza de dous facultativos por quenda, en lugar de un, para garantir a calidade asistencial.
  • O concello de Rianxo solicitará a Portos a cesión dos terreos anexos ó auditorio
    RIANXO> O concello de Rianxo solicitará a Portos de Galicia a cesión dos terreos anexos ó auditorio municipal. Trátase dunha superficie de tres mil metros cadrados que se pretende urbanizar para a creación dun espazo de lecer e área de estacionamento.
  • Unha usuaria de AMICOS gana o Concurso de Debuxo de Nadal de Ribeira
    RIBEIRA> Rosa Sanlés Sanmartín foi a gañadora do premio do concurso de debuxo escolar de Nadal organizado polo concello de Ribeira. A obra desta usuaria de AMICOS converterase en imaxe de toda a cartelería navideña editada polo concello.
HomeBARBANZA - NOIAPortos mellorará o pavimento da rampla de varada de Aguiño Top of Page

Síguenos en facebook