• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Muros-Noia explota a súa paisaxe virxe como elemento turístico diferenciador

Abr 05 Escrito por 
PORTO DO SON> As rías galegas tal como eran. Este é o lema que resume a campaña de promoción turística do destino Muros Noia. Dentro do plan estratéxico para dinamizar turísticamente esta ría destaca o deseño dunhas guías de servizos e actividades que xa están listas para os visitantes que se acheguen ata a zona esta Semana Santa.
O principal atractivo da ría de Muros Noia e que conserva o seu aspecto orixinal. O moderado crecemento urbanístico respectou o encanto tradicional das vilas encaixadas nesta ría que pode presumir de ser aínda unha xoia por descubrir. Precisamente esa é a baza coa que xoga a asociación turística que, tralo seu paso por FITUR, vén de poñer en marcha un ambicioso plan para dar a coñecer este xeodestino. O primeiro paso foi a edición de material informativo e unha guía cos servizos e actividades dispoñibles en tódolos concellos da comarca, dende rutas de sendeirismo ata itinerarios culturais. As publicación xa están a ser distribuídas co obxectivo de que estean a disposición dos visitantes durante a Semana Santa. A máis longo prazo, a intención da entidade é tamén contar con informadores turísticos físicos en tódolos eventos de relevancia. E finalmente, o deseño dun plan estratéxico con accións conxuntas coordinadas entre os cinco concellos. O acto de presentación desta campaña rematou coa proxección dun vídeo que recolle o potencial de cada un dos concellos. Potencial que, coa unión de tódolos concellos e dos axentes turísticos públicos e privados , pode consolidar esta ría como un dos destinos máis completos de Galicia.
Etiquetado como Porto do Son    MurosNoia    Turismo   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A Illa lanza un vídeo promocional para amosar os "tesouros" do seu municipio
    A ILLA> A Illa de Arousa non só ofrece turismo de sol e praia. Este fermoso enclave de O Salnés quere potenciar os seus paisaxes, a súa gastronomía, e moitos aspectos máis, que a converten nun estupendo destino para visitar en calquera época do ano.
  • Noia acollerá do 3 ó 7 de xullo unha nova edición do Campus José Ángel Antelo
    NOIA> A actividade, organizada polo Club Baloncesto Noia en colaboración co Concello, está dirixidas a rapaces dos seis ós dezaseis anos. O próximo luns arrancará unha nova edición, e xa van doce do Campus de Baloncesto José Ángel Antelo. A actividade estará dirixida a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os seis e os dezaseis anos, que se inicien na práctica deste deporte ou desexen perfeccionar os seus coñecementos. José Ángel Antelo, xogador local, que lle dá nome ó Campus, participou tamén na presentación, anunciando que será parte importante da actividade. Dende o concello noiés, que colabora tamén na organización do campus, destacaron a importancia desta actividade, como o feito de poder contar cunha figura destacada no mundo do baloncesto a nivel nacional.
  • Máis dun cento de exemplares participarán no XVII Concurso Nacional Canino de Porto do Son
    PORTO DO SON> Os mellores cans de toda Galicia daranse cita este domingo en Porto do Son, onde se celebra a décimo sétima edición do Concurso Nacional Canino. A xornada previo terá lugar un monográfico sobre o dogo alemán con máis de cincuenta participantes.
  • O PSOE de Lousame pide que os inmobles con usos agropecuarios non paguen o IBI
    LOUSAME> O PSOE de Lousame está a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas para conseguir a redución completa do IBI para aquelas propiedades destinadas a usos agropecuarios. Instan ó goberno municipal a establecer a máxima bonificación para este tipo de infraestruturas nun concello eminentemente rural.
  • Noia converterase en Agosto na sede internacional da Arpa
    NOIA> Noia acollerá entre o dous e o catro de agosto o Festival Internacional de Arpa. Nesta cuarta edición destaca a alta participación de artistas locais que compartirán escenario coas máis grandes figuras internacionais nesta disciplina.
  • Oposición ó peche do CEIP Emilio de Navasqüés de Outes
    OUTES> A comunidade educativa anuncia que non parará ata conseguir a anulación da medida por parte de Educación. Con berros coma este....a comunidade educativa do CEIP Emilio de Navasqüés de Outes oponse á decisión da consellería de Educación de pechar o centro para o vindeiro curso escolar. Unha decisión que ninguén agardaba e que mesmo os colleu por sorpresa, na véspera do inicio das vacacións. Visiblemente emocionada a directora do colexio, Mercedes Cereijo, relatáballe ó resto de profesores, pais, familiares e veciños en xeral, que esta mañá acudiron en masa ó colexio atendendo a chamada realizada pola ANPA, como foi o anuncio desa drástica decisión da Xefatura Territorial, abrindo as portas á fusión co outro colexio do Concello, o CEIP da Serra de Outes. Dende a ANPA non entenden as razóns que levan a Consellería a tomar esta decisión sen previo aviso, máxime cando hai prevista unha matricula duns 72 nenos para o curso que vén. Tampouco entenden que dende o Concello se mire para outro lado e non se respalden as súas reivindicacións. A súa idea é seguir mobilizándose ata conseguir que se anule esta medida que consideran inxusta. Ademais dos escritos remitidos á Consellería demandando un cambio de postura na súa decisión, unha das primeiras accións a realizar foi a recollida de sinaturas de xeito presencial e tamén a través da plataforma change.org.
HomeBARBANZA - NOIAMuros-Noia explota a súa paisaxe virxe como elemento turístico diferenciador Top of Page

Síguenos en facebook