09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Un incendio calcina por completo unha vivenda deshabitada no centro de Ribeira

Abr 05 Escrito por 
RIBEIRA> Espectacular incendio o rexistrado a primeira hora desta mañá nun solar deshabitado en Ribeira. A pesar da alarma xerada pola rápida propagación das lapas non houbo que lamentar danos persoais.
Pasadas as sete desta mañá, os bombeiros recibían o aviso dun incendio en pleno centro de Ribeira. O lume iniciouse nunha vivenda abandonada na rúa Canarias. O forte vento fixo que as lapas se estenderan con moita rapidez, chegando mesmo a afectar a unha finca colindante co colexio O Grupo e causando danos en edificios adxacentes. Os bombeiros, varias dotacións de Ribeira e Boiro, apoiados polo Grupo de Apoio e Emerxencias Municipais, tardaron varias horas en controlar por completo o lume. A continuación foi preciso introducir unha pá escavadora para retirar os escombros e constatar que non houbese ningunha persoa no interior. Nun primeiro momento barallouse a posibilidade de que puidese haber algunha persoa no interior da vivenda, que era frecuentada por indixentes. Afortunadamente tan só houbo que lamentar danos materiais.
Etiquetado como Ribeira    Barbanza    Sucesos Incendios   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O paso de 'Ana' deixa un regueiro de incidencias menores no Barbanza
    BOIRO> O temporal tamén deixou esta pasada noite un regueiro de incidencias no Barbanza, aínda que a maioría delas sen consideración. As rachas de vento, que nalgún caso chegaron a superar os cen quilómetros por hora, provocaron a caídas de árbores en numerosos puntos da comarca.
  • Medio Ambiente avanza en Ribeira o contido do PRUX das Illas Atlánticas
    RIBEIRA> O concello de Ribeira acolleu unha nova xuntanza sobre o Plan de Xestión e Usos do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A directora xeral de Patrimonio avanzou ós axentes implicados as principais liñas desta proposta que busca compatibilizar as actividades económicas coa conservación do parque.
  • Juan Antonio Gude e Rocío Alvite vencedores da Carreira Popular 'Mar de Boiro'
    BOIRO> Na proba celebrada este domingo participaron uns setecentos corredores, sumando tódalas categorías. Onte domingo disputouse a décimo terceira edición da carreira popular Mar de Boiro, undécimo memorial Pepe Buceta. A organización da proba, que correu a cargo do Departamento de Deportes boirense, destacou a alta participación, con máis de 700 inscritos, sumando tanto a categoría de adultos como as de escolares e mini. A saída producíase ás once da mañá coa presenza das distintas autoridades locais, entre as que se atopaban o alcalde, Xoán Xosé Dieste, quen destacou a importancia da carreira, que co paso dos anos está a adquirir un maior protagonismo. O bo tempo existente durante toda a mañá axudou ó bo desenvolvemento da mesma, sendo numerosos os afeccionados que seguiron a proba ó longo de todo o seu percorrido, que estivo dividida ademais en varios trazados segundo as idades e categorías. O vencedor da proba na categoría absoluta masculina foi Juan Antonio Gude do Club Montepenarubia que completou o percorrido cun tempo de 32 minutos e 5 segundos. En segundo lugar quedou Amador Pena do Club Atletismo O Pino cun tempo de 32 minutos y 53 segundos. E catro segundos máis tarde entraba o terceiro clasificado, José Lojo do san Miguel de Marín. En canto á categoría feminina absoluta a vencedora foi a esteirana Rocío Alvite do Atletismo Sar-Petroni cun tempo de 38 minutos e 41 segudos. En segundo lugar quedou Elena matalobos da Sociedade deportiva Barbantia Roda cun tempo de 41:42 e o terceiro posto foi para Teresa Carneiro do Club Atletismo Santiago cun tempo de 42:15. Ademais do seu aspecto puramente deportivo, a carreira converteuse nunha gran festa do deporte.
  • O BNG de Boiro demanda melloras no núcleo de Esteiro
    BOIRO> O BNG de Boiro levará a pleno tres mocións encamiñadas a melloras os servizos do lugar de Esteiro. Reclaman a construción do paseo marítimo, a dotación de beirarrúas ata o lugar de Cariño e a eliminación das molestias ocasionadas polo pozo de bombeo.
  • O BNG propón excluír á flota do xeito do reparto de cotas
    RIANXO> O BNG propón excluír ó xeito das restricións da política de cotas. Así o manifestou a voceira nacional, Ana Pontón, na xuntanza mantida cos responsables da confraría de Rianxo.
  • O presidente da Deputación anuncia novas melloras da seguridade viaria en Rianxo
    RIANXO> O presidente da Deputación da Coruña visitou o concello de Rianxo para anunciar dúas obras de seguridade viaria que veñen de ser aprobadas no último pleno da corporación provincial. Trátase dun treito de medio quilómetro no vial entre Rianxo e Bexo e o remate da senda peonil en Burés.
HomeBARBANZA - NOIAUn incendio calcina por completo unha vivenda deshabitada no centro de Ribeira Top of Page

Síguenos en facebook