• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Barbanza estrea a Semana Santa coa Bendición de Ramos

Abr 10 Escrito por 
NOIA> A procesión das Dores e a tradicional Bendición de Ramos marcaron o inicio da Semana Santa. Os concellos do Barbanza celebraron con diversos actos a entrada de Xesús en Xerusalén. En Noia fixérono coa procesión da Borriquiña.
O bo tempo animou a centos de noieses a participar na procesión da Borriquiña, unha das máis multitudinarias da Semana Santa da vila. A mediodía, os feligreses concentrábanse nas inmediacións da igrexa de San Martiño para participar na tradicional bendición de ramos, a cargo do párroco noiés, José Ortoño. A continuación saía a procesión, integrada maioritariamente por nenos.Un deles emulando a entrada de Xesús en Xerusalén, a lomos dunha borriquiña. Esta cita festiva dará paso ós días máis solemnes da semana santa noiesa. O xoves santo ás sete e media sairá a procesión das Carracas e o Venres santo terá lugar a celebración da Paixón e o Desencravo que darán paso á procesión do Santo Enterro.
Etiquetado como Noia    MurosNoia    Semana Santa    Procesions   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIABarbanza estrea a Semana Santa coa Bendición de Ramos Top of Page

Síguenos en facebook