09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O informe do secretario municipal esclarecerá a polémica sobre o nomeamento de fillos adoptivos

Abr 10 Escrito por 
POBRA> O goberno da Pobra presentará nos próximos días o informe do secretario municipal en relación á validez do nomeamento dos fillos adoptivos do concello. Mentres tanto piden ó PP a máxima prudencia ante as valoracións realizadas a pasada semana nas que o voceiro popular consideraba aprobada a distinción de Anxo Rei Ballesteros.
O voceiro do Partido Popular na Pobra afirmaba que non son necesarios os dous terzos da corporación para outorgar a distinción de fillo adoptivo. Algo que poñen en dúbida os membros do goberno en base ó regulamento municipal. Apelando á máxima prudencia o alcalde anunciou que comparecerá este martes en rolda de prensa para dar conta das conclusións do informe do secretario municipal, o único que ten competencia para determinar a validez ou non do acordo plenario. De ser precisos os dous terzos, a legalidade dos outros títulos de fillos adoptivos que ostentan Gerardo Fernández Albor e Segundo Durán, estaría en dúbida.
Etiquetado como Pobra do Caramiñal    Barbanza    fillos adoptivos   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Boiro Novo lamenta a perda de subvencións para a rehabilitación de espazos públicos
    BOIRO> Dende a formación sinalan que, ó contrario que Rianxo, o equipo de goberno deixou pasar a convocatoria beneficiarse das subvencións para a rehabilitación das escolas unitarias de Praia Xardín e destinalas a vivendas sociais. Por outra banda Boiro Novo tamén se referiu a dous acordos plenarios aprobados por unanimidade hai dous anos que buscaban a rehabilitación integral da rúa Principal e que a día de hoxe seguen no esquecemento pola incapacidade do equipo de goberno de xestionalos.
  • Rianxo destinará as vivendas dos mestres a situacións de emerxencia social
    RIANXO> O concello de Rianxo rehabilitará o primeiro bloque das antigas vivendas dos mestres para o seu uso social. Destinaranse a persoas en situación de emerxencia ou en risco de exclusión que poderán habitalas de xeito puntual, á espera doutro recurso para garantir o seu benestar.
  • O RC Deportivo asina un convenio coas escolas de fútbol de Boiro
    BOIRO> A escola de fútbol municipal de Boiro vén de asinar un acordo de colaboración co Deportivo da Coruña. No marco deste acordo, desenvolveranse accións formativas, competicións, campus e mesmo saídas para asistir ós partidos do primeiro equipo.
  • Ribeira acollerá este sábado o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo
    RIBEIRA> Na proba tomarán parte os mellores taekwondistas galegos que agardan poder obter praza para o Nacional. O pavillón municipal da Fieiteira converterase este sábado pola mañá no centro de tódalas miradas para os afeccionados ó taekwondo coa disputa do Campionato Galego Absoluto. A cita está organizada polo club anfitrión, o Natural Sport e a Federación Galega de Taekwondo, e conta coa colaboración do propio Concello. No campionato tomarán parte un total de 25 clubs, ó redor de cento vinte loitadores, que competirán en distintos pesos e categorías. Del sairán ademais os representantes galegos que acudirán ó nacional. O club anfitrión participará neste torneo con varios loitadores, agardando facer un bo papel e repetir os éxitos acadados en anos anteriores, aínda que nesta ocasión non van de favoritos. Dende o executivo local destacaron a importancia que ten para a localidade o feito de poder acoller este tipo de probas, animando ós veciños a acudir ese día ó pavillón municipal. Aproveitarase este campionato para dedicalo tamén ó rexeitamento da violencia de xénero.
  • O PP pide explicacións sobre os usos da antiga escola do Camiño Ancho
    POBRA> Os populares denuncian que está a ser empregada coma vivenda social sen aprobarse aínda un regulamento municipal sobre os seus usos. Despois de presentar a correspondente denuncia na Policía Local, na que se constata a veracidade dos feitos. O PP decidiu presentar no Concello un escrito no que lle solicita ó goberno municipal a autorización outorgada a esa persoa para o uso desa dependencia municipal ou se as instalacións cumpren cos requisitos legais para o seu uso coma vivenda. Dende o Concello quixeron aclarar esta situación. O alcalde confirmou de que non é a primeira vez que se dá, e en anteriores ocasións xa se acolleu a outros veciños sen recursos ou que estaban pasando por dificultades.
  • Galicia disporá dun catro por cento máis de posibilidades de pesca no 2018
    GALICIA> As cotas pesqueiras para o 2018 permitirán á flota galega pescar un catro por cento máis. Así o destacou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen representou ás comunidades autónomas no debate da comisión europea de Pesca.
HomeBARBANZA - NOIAO informe do secretario municipal esclarecerá a polémica sobre o nomeamento de fillos adoptivos Top of Page

Síguenos en facebook