• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A confraría da Pobra demanda máis vixilancia e o aumento de calado no porto

Abr 10 Escrito por 
POBRA> A confraría da Pobra demanda unha serie de melloras nas instalacións portuarias. Unhas encamiñadas a dotar o peirao de máis seguridade contra os roubos e as outras para facilitar o traballo dos profesionais.
Á xa maltreita economía dos mariscadores, lastrada pola caída da produción e a baixada dos prezos, vense sumar agora un novo problema. Os roubos bos portos aumentaron considerablemente nos últimos meses polo que dende as confrarías solicitan un incremento das medidas de vixilancia. Na confraría da Pobra xa teñen tomado algunha medida como a instalación de novas fechaduras nos pantaláns. Sen embargo, di o patrón maior, a maioría dos roubos cométense por mar polo que sería preciso a instalación de cámaras ou a contratación de vixilancia. Estas non son as únicas demandas formuladas dende A Pobra en relación ás necesidades do porto. Demandan dende hai tempo a dotación de auga e luz nos pantaláns e a mellora e reordenación dos mesmos. Tamén teñen solicitado un dragado na zona de descarga dos bateeiros para aumentar o calado.

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAA confraría da Pobra demanda máis vixilancia e o aumento de calado no porto Top of Page

Síguenos en facebook