• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Inmerecida derrota do Boiro en Santander

Abr 10 Escrito por 
BOIRO> O Club Deportivo Boiro cae ante o Racing de Santander por tres goles a dous. Aínda así os boirenses ofreceron unha boa imaxe poñendo en serios apuros ó colíder da categoría, que conseguiría o gol do trunfo a piques de cumprirse o tempo regulamentario.
Plantoulle cara o Boiro este domingo no Sardinero ó Racing de Santander, caendo finalmente derrotado por un axustado tres a dous. Os cántabros, que comparten liderato co Celta B, sairon de inicio a polo partido, aínda que sen crear moito perigo na área visitante. Os de Fredi ben posicionados en defensa intentaban contragolpear con perigo. A piques de rematar a primeira metade chegaba o PRIMEIRO tanto local. Abdón Prats cun medido testarazo aproveitaba un centro dende a banda de Jara. O tanto botaba por terra o traballo do Boiro. Co 1-0 chegábase ó descanso. Á volta de vestiarios o Boiro aproveitaría un erro en cadea na zaga racinguista para conseguir o tanto do empate. Cano de disparo cruzado batía ó guardameta local, facendo enmudecer ós afeccionados locais que xa pensaban noutra goleada. O gol do empate alporizou a un Racing que seguía buscando a vitoria, arremetendo sen piedade a portería defendida por Pato. Neste tempo foron varias as ocasións desperdiciadas polos locais nas botas de Aquino. E foi este mesmo xogador o que poñería de novo por diante ós cántabros, aproveitando unha acción de picardía de Héber Pena. Aínda así, con apenas diferenza, nunha gran xogada por parte visitante chegaría o golazo de Juanmpa, que de soberbio disparo introducía o balón pola escadra da portería defendida por Iván Crespo. Ver para crer. O Boiro poñía de novo as táboas no marcador a falla de escasos minutos para o remate do partido. Co tempo xa practicamente cumprido chegaba un novo tanto local. Peña poñía o tres a dous definitivo ó converter un pase atrás de jara. Foi un novo xarro de auga fría para un Boiro que continúa unha semana máis nos postos de descenso. Posto dezasete con tan só 34 puntos. En canto ó resto de resultados de equipos galegos nesta categoría destacar a abultada vitoria do Celta B ante o Somozas, 6 a 0; os trunfos do Racing de Ferrol e Coruxo, por dous a un ante a ponferradina e o Palencia, respectivamente; e o empate do Pontevedra en pasarón ante a Cultural Leonesa.
Etiquetado como Boiro    Barbanza    Deportes    Fútbol   
Modificado por última vez no Luns, 10 Abril 2017 18:04

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Boiro foi o epicentro esta fin de semana dos afeccionados ás motos
    BOIRO> Durante toda a fin de semana celebrouse a décima edición da concentración moteira organizada polo club Boiromotos. A actividade conseguiu congregar a máis de mil moteiros que se achegaron ata este municipio dende diferentes puntos da xeografía galega, así como tamén de outras comunidades e mesmo Portugal. Unha cifra que nin os membros máis optimistas da organización facían presaxiar. O programa de actividades foi do máis variado, dirixido a todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores. Dende o venres ata o domingo desenvolvéronse infinidade de accións: cursos de educación para nenos, xogos e concursos para tódolos participantes que se inscribiron na concentración, música, rutas turísticas e unha nova edición do salón da moto. Pero sen dúbida o prato forte desta xuntanza moteira en Boiro foron novamente as distintas exhibicións de stunt a cargo de pilotos profesionais, así como tamén a primeira proba de Super Enduro Boiro.
  • Rianxo celebra por todo o alto a Festa da Xouba
    RIANXO> En total repartíronse máis de mil racións deste prezado peixe, acompañado de cachelos, pementos de Padrón e pan. Coa onte, xa son vinte e cinco as edicións celebradas ata o de agora da festa da xouba. Aínda así a deste ano presentou importantes novidades. Unha delas foi o cambio de emprazamento, dende a alameda, no Campo de Arriba, ata o paseo da Ribeira, onde se instalou a carpa provisional. Por ela foron pasando numerosas persoas que non quixeron deixar escapar a oportunidade de probar este prezado peixe característico da nosa Ría. Dende a propia organización, que este ano foi comandada polo Concello, destacouse o éxito desta cita gastronómica na que chegaron a repartirse máis de mil racións de produto, acompañado de cachelos e pementos de Padrón O bo tempo existente durante toda a xornada, así como os grupos de música tradicional que amenizaron a festa, animaron a moitos veciños a sumarse a esta degustación que non só se realizou na propia carpa. Moita xente optou tamén por degustar a xouba nalgún dos 24 locais que participaron este ano na ruta das tapas da xouba que ofreceron este produto elaborado das máis variadas formas.
  • Novo éxito do deporte barbanzán nos Campionatos de España Absoluto ó Aire Libre
    BARBANZA> A ribeirense Ana Peleteiro proclamouse campioa de España de triple salto mentres que a pobrense Lidia Parada facíase co mesmo título na modalidade de lanzamento de xavelina. Bos resultados os acadados por estas dúas atletas barbanzáns nos campionatos de España en categoría absoluta ó aire libre celebrados esta pasada fin de semana en Barcelona. As dúas partían ademais coma principais favoritas nas súas disciplinas e non defraudaron. Tanto Ana Peleteiro coma Lidia Parada conseguiron revalidar o titulo acadado xa o pasado ano. A ribeirense fíxose coa medalla de ouro cun salto de 13’67, demostrando así o bo momento polo que atravesa. En segunda posición en triple salto quedou Fátima Diame e en terceiro lugar patricia Serrapio. En canto á pobrense Lidia Parada conseguiu o título cunha impresionante marca de 57 metros e 97 centímetros. O seu mellor lanzamento no que vai de ano, converténdose tamén na mellor marca española da tempada. Por detrás dela, moi lonxe do seu lanzamento, quedaron Arantza Moreno, segunda, e Nora Bicet, terceira.
  • O colexio de Bergondo contará cun novo pavillón a finais de ano
    NOIA> Máis de vinte e tres empresas concorreron ó proceso de licitación das obras do pavillón do colexio Felipe de Castro, en Noia. Está instalación dará servizo tamén a outros clubs e entidades da zona fóra do horario lectivo.
  • Satisfacción no executivo rianxeiro tralo anuncio da Xunta de acometer a ampliación da EDAR
    RIANXO> A actuación ascenderá a máis de catorce millóns de euros, xa que ás obras de mellora na depuradora haberá que engadirlle a construción dun novo tanque de tormentas. Tratábase dunha vella demanda, incluída xa no Plan de Saneamento da Ría que debería estar xa rematada no 2015. Aínda así o executivo rianxeiro mostrou a súa satisfacción porque a obra sexa en breve unha realidade. Dende o goberno local confíase en que a actuación veña a solucionar os problemas existentes na actual EDAR, xa que as instalacións son a todas luces insuficientes para poder asumir o tratamento procedente da rede de saneamento. Dende o Concello agardan a que a obra se acometa coa máxima brevidade posible. O orzamento da actuación ascende a máis de catorce millóns de euros. Trala ampliación a nova EDAR terá unha capacidade para unha poboación dun 23 mil habitantes, o dobre da poboación actual.
  • Éxito de público e vendas nas primeiras xornadas da Feira do Libro de Rianxo
    RIANXO> A actividade, impulsada pola Federación de Librarías de Galicia. en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o propio Concello, estará aberta ata o domingo na praza Castelao. A praza Castelao volve a ser o escenario elixido para acoller unha nova edición da Feira do Libro de Rianxo organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia, Concello e Deputación da Coruña. A cita, organizada este ano baixo o lema “A ledicia de ler”, en homenaxe a Carlos Carares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, prolongarase ata o próximo domingo. Ademais das librerías, a feira conta tamén con dúas casetas, unha da Biblioteca Municipal e da outra Deputación onde se desenvolven obradorios de animación á lectura para os máis pequenos. Durante as distintas xornadas desenvólvense numerosas actividades como é o caso de presentacións ou sinaturas de libros por parte de autores como Xosé Luís Axeitos, Natalia Carou ou María Reimóndez, entre outros. A feira tamén da cabida a outras propostas, como a música e a danza, e tamén a actividades para os máis pequenos con sesións de contacontos e espectáculos teatrais. O horario da feria será de once a dúas polas mañás e de cinco e media a nove e media polas tardes. Durante a fin de semana pechará ás dúas e media.
HomeBARBANZA - NOIAInmerecida derrota do Boiro en Santander Top of Page

Síguenos en facebook