• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A Xunta inicia os trámites para a redacción do Plan Reitor do Parque Natural de Corrubedo

Abr 10 Escrito por 
RIBEIRA> A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, vén de iniciar os traballos para a redacción do Plan Reitor de Usos e Xestión do Complexo Dunar de Corrubedo e das Lagoas de Carregal e Vixán. O Diario Oficial de Galicia recolle xa o contrato para o servizo de asesoramento e apoio na redacción do dito plan.
Tal e como se recolle no prego de contratación, o prazo que terán as empresas interesadas en facerse cargo da redacción deste Plan, financiado ó 80% con fondos Feder, remata a finais deste mes de abril. O documento virá a regular as directrices en materia de investigación, uso, conservación, protección e mellora do parque natural. No caso de Corrubedo, este parque destaca pola súa extensa duna móbil, que é un dos maiores atractivos deste espazo natural, pero non o único. Ademais o complexo presenta un gran valor natural e paisaxístico e alberga moitos tipos de hábitats nun espazo relativamente reducido. O novo Plan Reitor determinará os programas que fagan compatible a protección dos espazos protexidos co uso público e que se desenvolverán en colaboración con outros departamentos administrativos da Xunta. Tamén se indicarán as medidas necesarias para o mantemento da paisaxe e de conservación de hábitats e especies e os usos públicos e actividades culturais, así como as actividades científicas que se poidan desenvolver.
HomeBARBANZA - NOIAA Xunta inicia os trámites para a redacción do Plan Reitor do Parque Natural de Corrubedo Top of Page

Síguenos en facebook