• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O BNG denuncia a pasividade do goberno ante o deterioro do Pazo de Goiáns

Abr 11 Escrito por 
BOIRO> O BNG critica o gasto de cinco mil euros anunciado polo goberno de Boiro para a elaboración dun estudo sobre os usos do Pazo de Goiáns. Lembran os nacionalistas que xa existe un informe para a conversión deste espazo nun gran centro cultural.
O anuncio do goberno boirense de encargar a unha empresa un estudo sobre os posibles usos do Pazo de Goiáns puxo ó BNG en pé de guerra. Lembran os nacionalistas que xa existe un informe ó respecto, elaborado hai preto de sete anos, durante o gobernó bipartito. A intención do, por aquel entonces executivo, era converter o pazo nun espazo cultural e centro museístico. Con este fin xa foran aprobadas cinco actuacións que tiñan por obxectivo frear o seu deterior e pomelo en valor. Un ambicioso plan do que o actual executivo non executou nin un só proxecto. A perda desta subvención, xunto con outra partida da Deputación para o acondicionamento de zonas axardinadas, pon de maniesto o total abandono do pazo. Situación que os nacionalistas xa puxeron en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio.
Etiquetado como Boiro    Barbanza    Pazo Goiáns   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAO BNG denuncia a pasividade do goberno ante o deterioro do Pazo de Goiáns Top of Page

Síguenos en facebook