• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Náutico perde co L´Illa Grau e di adeus ó ascenso á Superliga 1

Abr 11 Escrito por 
BOIRO> A derrota en Castellón privoulles de facer historia.
Na última xornada os homes de Emilio Palacio debían gañar ó L’Illa Grau de Castellón, primeiro clasificado, e agardar a que se dera o outro dos condicionantes. Que o seu máximo rival o Sant Pere i Sant Pau de Tarragona non vencese na cancha do San Sadurniño. Esta última opción si se deu, pero os boirenses non conseguiron a vitoria no seu enfrontamento, perdendo en Castellón por tres sets a dous. O Náutico realizou un gran partido e case rozou o milagre. Caían no primeiro set por 25 a 22, dominaron o segundo e o terceiro por 20-25 e 16-25 respectivamente. E cando parecía que a vitoria ía caer do seu lado, os locais déronlle a volta ó partido, levándose o cuarto set 25-22 e o tie break por un cómodo 15-5. O ascenso e facer historia no mundo deste deporte deberá a gardar para outro momento, aínda que o bo papel realizado por tódolos xogadores, corpo técnico, directiva e afección deste equipo durante toda a tempada é para estar máis que orgullosos. De seguro novas oportunidades non lles faltarán.
Etiquetado como Barbanza    Boiro    nautico boiro voleibol    l´illa grau    superliga 1    fase ascenso   
Modificado por última vez no Martes, 11 Abril 2017 19:05

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A decima edicion de BoiroMotos traera varias novidades no cartel
    BOIRO| A concentración moteira, hoxe xa un referente no ámbito autonómico, desenvolverase do venres 'o domingo no parque da Cachada. Os afeccionados ás motos terán unha cita dende o venres ó domingo en Boiro, cunha nova edición, e xa van dez, de BoiroMotos. A actividade organizada polo Club Boiro Motos, en colaboración co propio Concello, agarda superar as cifras de anos anteriores, máis dun millar de moteiros chegados dende toda a xeografía galega, e tamén doutras comunidades ou mesmo Portugal. Será unha fin de semana cargada de atractivos, non só para os afeccionados ó mundo das dúas rodas, senón tamén para o resto de públicos, xa que as actividades serán múltiples e variadas. A destacar as exhibicións de stunt previstas para o venres e o sábado pola noite, o salón Boiromotos, onde se poderá atopar todo tipo de productos relacionados co mundo do mortor, así como algunha que outra novidade como é o caso dunha proba de Super Enduro e un concurso de motos oldie. Dende o Concello destacaron a importancia desta concentración, que co paso dos anos é xa un referente, converténdose un polo de atracción de visitantes á localidade. Como de costume o principal polo de atracción será a zona da Cachada onde se realizarán a concentración e tamén as exhibicións. Para máis información os interesados poden consultar a propia web da organización: www.boiromotos.com.
  • A Garda Civil intercepta oitocentos quilos de peixe e marisco ilegal procedente de Ribeira
    RIBEIRA| A Garda Civil informou do rexistro, na AP-9, á altura da peaxe de Padrón, dun turismo con remolque en cuxo interior transportaba uns oitocentos quilos de diversas especies de peixe e marisco, tanto fresco como conxelado, sen ningunha guía ou documento que amparase a súa lícita procedencia. Segundo indicaron fontes do propio Instituto Armado a súa procedencia era dun barco de bandeira francesa atracado no porto de Ribeira. Os feitos foron postos en coñecemento da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, dependente da consellería do Mar, que acordou o comiso da carga e a incautación do remolque, procedendo tamén ó levantamento das oportunas actas de denuncia.
  • O executivo boirense substitúe os sistemas de iluminación no edificio do Concello
    BOIRO> A actuacion incluira ademais as instalacións do mercado e tamén as do parquing municipal. Con esta actuación iniciada hai xa varias semanas o Concello verá reducido o seu consumo eléctrico nun 60%, reducindo tamén a contaminación lumínica. As obras están a levarse a cabo na propia casa consistorial e nas instalacións do mercado e no parquing municipal. Pasarase das 1289 lámpadas convencionais ás 850 de tecnoloxía led. Está incluída no Plan Provincial de Medio Ambiente da Deputación da Coruña cun investimento duns 17 mil euros. O prazo de execución das obras será de dous meses.
  • José Luís Lemos volve ós banquiños do Club Deportivo Boiro
    BOIRO> O que fora o adestrador do histórico ascenso a 2ªB, hai agora dous anos, será o encargado de dirixir ós boirenses nesta nova etapa en Terceira. Despois de varias semanas de negociacións, a directiva do Boiro, confirmou coma adestrador para a vindeira campaña a José Luís Lemos. Un técnico que regresa a Barraña despois de dous anos. El foi unha das pezas claves do histórico ascenso do Club á 2ªB. Categoría que o Boiro perdía a consecuencia do impago da débeda contraída cos seus xogadores e á que ansían poder aspirar novamente este ano. Con el, regresará outro vello coñecido da afección, Rubén García, que exercerá de segundo adestrador. O Club, baixo a súa supervisión está confeccionando a contrarreloxo un plantel de garantías que loite por estar entre os equipos fortes da Terceira. Entre outros aspectos o equipo deberá facer fronte este ano á marcha de xogadores importantes en anos anteriores como é o caso de Pato Guillén, Romay ou Rubén Rivera, entre outros.
  • Ribeira podería optar a un cuarto xulgado na próxima convocatoria
    RIBEIRA> A Consellería de Presidencia investirá cen mil euros na mellora do alumeado e a climatización dos Xulgados de Ribeira. Na visita ás dependencias desenvolvida esta mañá, Alfonso Rueda pronunciouse tamén ó respecto da necesidade dun cuarto xulgado para a vila que dependerá do grao de traballo no momento en que se coñeza o número de novas sedes xudiciais correspondentes a Galicia.
  • Boiro Novo pide que se dote de rede de abastecemento á parroquia de Bealo
    BOIRO> Boiro Novo solicita a mellora da rede de abastecemento de auga en varios núcleos de poboación con deficiencias no subministro. Demandan ademais que se dote deste servizo á parroquia de Bealo.
HomeBARBANZA - NOIAO Náutico perde co L´Illa Grau e di adeus ó ascenso á Superliga 1 Top of Page

Síguenos en facebook