09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Noia prepárase para o San Marcos

Abr 11 Escrito por 
NOIA> O executivo noiés presentaba esta mañá a programación da feira cabalar.
Da man da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, entidade organizadora, a feira de San Marcos de Noia chega este ano cun esquema similar ó desenvolvido en anos anteriores. A maioría das actividades organizáronse ó redor de dúas datas. A primeira delas o domingo 23 de abril, as cinco e media da tarde no Paseo Marítimo cunha exhibición de doma a cargo da Escola de Equitación ‘El Centauro’ de Valladolid. Aínda así o prato forte da feira terá lugar o propio día de san marcos, o martes 25 de abril. Ese día desenvolveranse os concursos morfolóxicos con importantes premios en metálico para cada categoría así como diversas exhibicións de doma e andadura. Dende o Concello pretenden darlle continuidade a unha vella tradición no municipio, que co paso dos anos está a volver a adquirir un gran protagonismo, sendo unha das feiras de cabalos máis importantes das que se celebran en Galicia na que chegan a participar preto dos cen exemplares. Á par da feira cabalar, desenvolverase tamén a feira de maquinaria agrícola e tamén un mercado tradicional na Praza do Curro para recuperar ese ambiente de antano.
Etiquetado como Barbanza    Noia    Programación    Feira Cabalar   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O GALP Ría de Arousa promove a reciclaxe entre os máis pequenos
    RIBEIRA> O Barbanza volverá acoller este ano numerosas actividades de sensibilización medioambientel promovidas polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa. Os escolares serán os protagonistas destas xornadas que tratarán sobre a reciclaxe e a limpeza de praias.
  • Cinco colexios e unha asociación cultural colaboran no festival de Cáritas de Ribeira
  • Manuel ruíz recibe o broche dos bos e xenerosos
    RIBEIRA> A Asociación O Ferrado de Asados entregou o broche dos bos e xenerosos ó alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz. A entrega tivo lugar no acto de clausura da exposición ‘Primeira Década das Letras’ na biblioteca municipal.
  • A asociación Ondiñas Mainas reproduce Rianxo nun belén de ganchillo
    RIANXO> Este sábado inaugurábase en Rianxo o belén organizado pola asociación Ondiñas Mainas. Non se trata dun nacemento ó uso senón que está elaborado integramente con figuras de ganchillo e representa os personaxes e lugares máis senlleiros da vila.
  • O executivo sonense busca solucións ós problemas de desabastecemento de auga
    PORTO DO SON> O alcalde considera que é unha das máximas prioridades de cara ó vindeiro ano. A pesar das chuvias caídas estes días, son moitos os concellos que seguen a padecer os problemas derivados da seca. Un exemplo témolo en Porto do Son. Neste Concello o executivo estuda a realización á máxima urxencia posible de dous proxectos de cara a mellorar o actual servizo de abastecemento, e evitar que a situación se converta en crítica para o ano que vén. As dúas solucións serían custosas e precisaríase a implicación doutras Administracións. Por unha banda traer a auga dende os depósitos que o concello veciño de Ribeira posúe en Moldes. A outra solución viría da captación de auga do río Tambre. Unha actuación esta última de carácter comarcal e que serviría ademais para mellorar o servizo noutros concellos da zona como son Noia, Lousame ou Outes. Este pasado verán o Concello viuse obrigado a ter que tomar medidas extraordinarias ante a escaseza de auga, como cortar a auga das duchas nas praias ou reducir o rego nas zonas axardinadas e os baldeos de rúas. Aínda así a situación non se limitou unica e exclusivamente ós meses de verán e mesmo houbo que abastecer de auga con camións cisterna a varias vivendas da parroquia de San Pedro de Muro. Dende o BNG criticaron a mala xestión que está a realizar o equipo de goberno desta situación e da necesidade de recuperar a auga do río Sieira, da que actualmente se aproveita o Concello de Ribeira. A voceira desta formación política, Ánxela Franco, considera que a medida podería dar solución precisamente ós veciños da parroquia de San Pedro de Muro.
  • A campaña marisqueira de Noia bate récords de facturación ás portas do Nadal
    NOIA> A campaña marisqueira de Noia preséntase como unha das melloras dos últimos anos. Polo momento, a facturación xa supera ó total do exercicio anterior. Todo iso, a pesar do peche pola toxina que se prolongou case un mes e á espera de contabilizar os beneficios que deixará a campaña de Nadal.
HomeBARBANZA - NOIANoia prepárase para o San Marcos Top of Page

Síguenos en facebook