• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A Xunta proxecta unha rotonda para mellorar a fluidez do tráfico en Portosín

Abr 17 Escrito por 
PORTO DO SON> O alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, reuniuse esta mañá coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, para abordar diversas actuacións de mellora na estrada AC-550 ó seu paso por este municipio. Na xuntanza acordouse iniciar os trámites para a execución dunha rotonda que mellorará a fluidez no tráfico e aumentará a seguridade de acceso ó porto, na que circulan vehículos pesados e que no verán rexistra atascos por mor da afluencia turística. No encontro tamén se abordou a posibilidade de executar varias sendas en puntos prioritarios desta estrada co obxectivo de permitir que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiás andando ou en bici dun xeito seguro. O concello sonense deberá agora remitiralle á Xunta a identificación dos treitos obxecto da execución destas sendas para que a consellería de Infraestruturas poida encaixar as actuacións máis axeitadas ás necesidades da estrada e dos seus usuarios.
Etiquetado como Barbanza    MurosNoia    Porto do Son    Portosín    Rotonda    Reunión    Ethel Vázquez    conselleria infraestruturas e vivenda    ac550   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A alta mortaldade do berberecho compromete a súa recuperación en Arousa
    POBRA> Malas novas para os mariscadores de Arousa que confiaban na recuperación do berberecho de cara á presente campaña. Sen embargo, nas últimas semanas detectouse unha alta mortaldade da especie que fai pensar novamente na marteilia.
  • Noia sumarase á rede de mercados excelentes
    NOIA> A Directora Xeral de Comercio visitou a praza de abastos de Noia que se vén de sumar á campaña internacional ‘Quere o teu mercado’ que se celebrará ata finais de mes en máis trinta países. O obxectivo é potenciar o comercio de proximidade a través da posta en valor da súa profesionalidade.
  • O goberno de Noia levará a pleno a aprobación da Relación de Postos de Traballo
    NOIA> No ano 2015 quedou sobre a mesa a Relación de Postos de Traballo elaborada polo anterior goberno tripartito. O executivo volverá levalo a pleno a próxima semana co fin de mellorar o documento e regularizar a situación dos traballadores municipais.
  • O proxecto de remodelación do mirador da Pedra da Rá opta a outro premio
    RIBEIRA> A obra de remodelación do mirador da Pedra da Rá en Ribeira volve a optar a un novo galardón, despois de facerse cos Premios FAD de Arquitectura e COAG do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Esta vez opta ós VII Premios de Arquitectura Ascensores Enor. A obra deseñada por Carlos Seoane atópase entre as 21 obras finalistas a este certame cuxo fallo darase a coñecer no mes de novembro. Xunto ó miradoiro de Pedra da Rá, optan ó galardón o Museo das Coleccións Reais de Madrid, a Escola de Arquitectura do Antigo Hospital Militar de Granada ou o Auditorio de Lugo, entre outras.
  • Rianxo en Común critica o retraso na presentación dos orzamentos municipais
    RIANXO> Dende a formación acusan ó executivo de estar a incumprir a legalidade que obriga a telos presentados antes do 31 de decembro do ano anterior.
  • Os cativos de Ribeira descobren a súa vocación na Semana dos Oficios
    RIBEIRA> A escola infantil municipal ‘Cativos’ de Ribeira celebra a Semana dos Oficios. Os pequenos reciben a visita dalgúns pais de alumnos que lles desvelan os segredos das súas respectivas profesións.
HomeBARBANZA - NOIAA Xunta proxecta unha rotonda para mellorar a fluidez do tráfico en Portosín Top of Page

Síguenos en facebook